Diferenzas entre revisións de «Andrade, Pontedeume»

sen resumo de edición
m (→‎Bibliografía: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san)
O historiador [[César Vaamonde Lores]] demostrou documentalmente que a [[Casa de Andrade]], con anterioridade ao [[Castelo de Andrade|castelo]] que construíu [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo]], en terras de [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]], xa posuía outro castelo que, segundo este historiador, achábase na [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] de San Martiño de Andrade, berce desta liñaxe.
 
[[Afonso X o Sabio]] asina en [[1270]] a [[Carta de Poboamento]] da vila de [[Pontedeume]]. Neste documento non se inclúe no alfoz de Pontedeume o couto de Andrade, a pesar da súa proximidade á vila, por permanecer en posesión da Casa de Andrade.
 
Cando, un século despois, Pontedeume pasa a formar parte dos dominios dos Andrade, o couto de Andrade segue a ter entidade propia. Así, aparece mencionado expresamente na relación de posesións de [[Fernán Pérez de Andrade, O Mozo]], que fai [[Vasco da Ponte]] en [[1515]]. Porén, desde a construción do castelo en Nogueirosa e o [[pazo dos Andrade]] na vila de Pontedeume, a parroquia de Andrade foi perdendo protagonismo.
26.055

edicións