Tabaquismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Maria zaos (conversa | contribucións)
m completo referencia lig. morta {{Ligazón morta|data=agosto de 2018 }}
Liña 2:
O '''tabaquismo''' é a adicción ao [[Tabaco (planta)|tabaco]], provocada principalmente por un dos seus compoñentes máis activos: a [[nicotina]]. Esta adicción acaba inducindo ao abuso do seu consumo e produce [[doenza]]s nocivas para a saúde da persoa consumidora.
 
Segundo a [[Organización Mundial da Saúde|OMS]], o tabaco é a primeira causa de invalidez e de morte prematura no mundo.  En [[Europa]] o tabaquismo provoca cada ano 1,2  millóns de mortes e está directamente relacionado coa aparición de 29  doenzas, das cales dez son diferentes tipos de [[cancro]], e de máis do 50 % das doenzas cardiovasculares. [[Fumar]] é directamente responsable de aproximadamente o 90 % das mortes por [[cancro de pulmón]] e aproximadamente o 80 % ou o 90 % dos casos de [[doenza pulmonar obstrutiva crónica]] (DPOC) e [[Enfisema pulmonar|enfisema]].  En [[España]] cada ano morren máis de 50.000  persoas debido ao consumo de tabaco, máis que polos [[accidentes de tráfico]] e o consumo de todas as drogas ilegais xuntas.
 
== O tabaco ==
O tabaco é aditivo debido principalmente ao seu compoñente activo, a nicotina, que actúa sobre o [[sistema nervioso central]].  O fumador sofre unha dependencia física e psicolóxica que xera unha [[síndrome de abstinencia]]. A nicotina xera [[adicción]], pero ten efectos antidepresivos e de alivio sintomático da [[ansiedade]]. Non se utiliza en [[farmacia]], porque na segunda metade do [[século XX]] se descubriron antidepresivos máis eficaces e que non crean adicción. Tampouco se emprega para o alivio sintomático da ansiedade, salvo en casos excepcionais, porque as [[benzodiacepina]]s, que son o tipo de tranquilizantes máis utilizado, tamén crean dependencia, pero considéranse máis eficaces.
 
É factor de risco en doenzas [[Aparello respiratorio|respiratorias]] e [[Aparato circulatorio|cardiovasculares]], e en distintos tipos de cancro, e resulta especialmente prexudicial durante o [[embarazo]]. Ademais, non só prexudica as persoas fumadoras, senón tamén as que respiran o mesmo aire ([[Fumador pasivo|fumadores pasivos]]). O tabaquismo é a principal causa de [[Taxa de mortalidade|mortalidade]] na maioría dos países desenvolvidos a principios do [[século XXI]], aínda que hai outros estudos que indican que estas doenzas atribuídas ao tabaco son provocadas en realidade pola contaminación industrial e química, os aditivos alimentarios e os [[pesticida]]s utilizados na agricultura.  {{Cómpre referencia}} Ademais, o tabaco como tal é o que menos se fuma, pois case todo o que se comercializa está adulterado con substancias químicas que lle achegan dubidosas ou preocupantes propiedades, como a de ser máis aditivo ou mellorar o seu sabor, e outras que se descoñecen, porque tamén teñen fórmulas secretas.{{Cómpre referencia}} As [[industria]]s agregan aditivos que o tabaco puro xamais tivo, aumentando a [[toxicidade]] que de seu xa ten. Con todo, é importante salientar que o tabaco sempre causa dano, por moi puro que sexa (como o comprado a granel), polo que a única opción que reduce o risco de padecer doenzas respiratorias a idades avanzadas é simplemente non fumar.
 
Debido ás consecuencias (repercusión física, psicolóxica e social que xera nos consumidores), xa desde o último Congreso de Psiquiatría que tivo lugar na Habana foi considerado unha doenza máis, pois require tanto tratamento medicinal como rehabilitación psicolóxica e reeducación social. Estas dependencias son as máis difíciles de corrixir, aínda que a dependencia física é a que con maior facilidade desaparece, despois da abstinencia.
 
=== Composición fisicoquímica ===
Actualmente, a forma de consumo máis habitual é a inhalación dos produtos de combustión do tabaco. Recoñecéronse preto de 5.000  compostos químicos nas distintas fases do fume do tabaco (gasosa, sólida ou de partículas). Considéranse ingredientes do tabaco (termo aconsellado pola OMS) todos os compoñentes do produto, mentres que as emisións dos produtos do tabaco son o que realmente capta e absorbe o fumador (que é a principal causa de mortalidade e de doenzas atribuídas ao tabaco). Actualmente, as emisións son o punto principal da regulación, aínda que os ingredientes permisibles tamén están regulados.
 
== Tabaco e saúde ==
Fumar pode ser o causante de varias doenzas, como o [[cancro de pulmón]], a [[bronquite]] e o enfisema pulmonar. O tabaquismo recoñécese desde hai varios anos como un problema de saúde pública, debido aos danos á saúde asociados ao seu consumo (por exemplo, causan máis de medio millón de mortes ao ano no continente americano). Ademais, fumar é a causa máis frecuente de mortes que poden evitarse. Segundo os últimos informes, centos de miles de persoas morren anualmente de forma prematura debido ao tabaco. Estudos recentes indican que a exposición ao fume dos cigarros fumados por outra xente e outros produtos do tabaco produce ao ano a morte de miles de persoas que non fuman. A pesar destas estatísticas e de numerosos avisos sobre os perigos de fumar, millóns de adultos e adolescentes seguen fumando. De todos os xeitos, estanse facendo progresos: cada día son máis as persoas que deixan de fumar.
 
No ano [[2004]], a OMS estimaba en 4,9  millóns o número de mortes anuais relacionadas co consumo de tabaco. A pesar de existir unha probada relación entre tabaco e saúde, isto non impide que sexa un dos produtos de consumo legal que pode matar o consumidor asiduo.
 
Fumar un só cigarro dá lugar a unha elevación do ritmo cardíaco, da frecuencia respiratoria e da tensión arterial.<ref>{{Cita web|apelidos1=Dr. Jorge Lagunas Maitland|título=TABAQUISMO|url=http://www.uantof.cl/semda/Tabaco.pdf|data=12 marzo de 2009|dataacceso=1 de setembro de 2015}}</ref> O fume produce unha reacción irritante nas vías respiratorias. A produción de [[moco]] e a dificultade de eliminalo é a causa da [[tose]]. Debido á inflamación continua prodúcese bronquite crónica. Tamén produce unha diminución da capacidade pulmonar, achegándolle á persoa fumadora maior cansazo e diminución de resistencia en relación a un exercicio corporal.
 
O fume do tabaco componse dunha corrente primaria ou principal, que é a que inhala directamente o fumador, e unha corrente secundaria, xerada mediante a combustión espontánea do cigarro. Identificáronse máis de 4.000 &nbsp;substancias nocivas no fume do cigarro, das cales polo menos 60 &nbsp;son probables [[carcinóxeno]]s humanos, como os 4-aminobifenois, o [[benceno]] e o [[níquel]]. Outras substancias tóxicas son [[monóxido de carbono]], [[dióxido de carbono]], [[nitrosamina]]s e [[amoníaco]], e outras están como partículas en suspensión ([[alcatrán]]s e [[nicotina]]).<ref>[http://www.netdoctor.co.uk/health_advice/facts/smokehealth.htm Smoking - health risks]</ref>
 
=== Epidemioloxía ===
[[Ficheiro:Cancer smoking lung cancer correlation from NIH es.jpg|miniatura|Gráfica que amosa a relación entre o consumo de tabaco e o cancro de pulmón.]]
Segundo a [[Organización Mundial da Saúde|OMS]] existen no mundo máis de 1.250 &nbsp;millóns de fumadores (2010), o que representa aproximadamente un terzo da poboación maior de 15 &nbsp;anos. Por sexos, o 47 % dos homes e o 11 % das mulleres neste rango de idade consomen unha media de 14 &nbsp;cigarros por día, o que supón un total de 5.827 &nbsp;millóns de cigarros ao ano. O 74 % de todos os cigarros consómese en países de baixo e medio nivel de ingresos, segundo o [[Banco Mundial]] (hai que ter en conta que a maior parte da poboación mundial vive en países de baixo e medio nivel de ingresos). Tanto para homes como para mulleres, o segmento de idade en que fuma maior proporción é o abranguido entre 30 e 49 &nbsp;anos.
 
As maiores prevalencias mundiais atópanse en [[Vietnam]], [[Chile]], parte de [[África]] e a [[República Dominicana]] en homes (73 %, 68 % e 66 %, respectivamente), entanto que [[Dinamarca]] e [[Noruega]] preséntana na poboación feminina (37 % e 36 %, respectivamente).{{Cómpre referencia}} Polo seu elevado volume poboacional, [[Chile|China]], [[India]] e a [[Rusia]] son as que agrupan a maior parte de fumadores do mundo.
Liña 31:
Na [[Unión Europea]] existe unha redución progresiva do consumo. Mantense a maior prevalencia en homes que en mulleres, excepto en [[Suecia]], onde o consumo é algo maior en mulleres (22 % homes e 24 % mulleres). A maior proporción de fumadores está nos países mediterráneos.{{Cómpre referencia}} A prevalencia en [[España]] en todas as idades ([[2003]]) é do 36 % da poboación.
 
En [[México]] estímase que morren diariamente entre 123 e 165 &nbsp;persoas debido ao consumo de tabaco, o que converte esta adicción nun grave problema de [[saúde pública]].
 
=== Tabaco e embarazo ===
Liña 99:
| 20-40 mcg
|}
Existen numerosas investigacións que demostran os efectos tan nocivos do tabaquismo nas mulleres embarazadas. As fumadoras adoitan dar a luz a nenos de baixo peso (entre 150 e 250 &nbsp;gramos menos que as mulleres non fumadoras). Ademais, tanto a [[nicotina]] como o [[monóxido de carbono]] pasan ao corpo do feto. Demostrouse que a concentración de carboxihemoglobina é dúas veces maior no sangue do feto que no da nai. Se a nai fuma durante o derradeiros seis meses de embarazo, aumentan os riscos de morte para o bebé. As mulleres que fuman tamén corren máis risco de sufrir desprendemento prematuro de [[placenta]]. A mortalidade dos infantes é un 30 % maior nas mulleres fumadoras que nas que non fuman, e teñen tamén o dobre de [[aborto]]s.<ref>{{Cita web|url=http://dimebeneficios.com/riesgos-fumar-embarazo/|título=Los riesgos de fumar durante el embarazo|data-arquivo=4 de xuño de 2015|dataacceso=4 de xuño de 2015|lingua=castelán}}</ref>
 
=== Tabaco e cancro ===
Liña 115:
Os fumadores de tabaco a granel mostran un maior risco de cancros de boca, farinxe e larinxe, e tamén de pulmón (de forma importante ou discreta) que os fumadores de cigarros convencionais.<ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/1623483|título=Hand-rolled cigarette smoking and risk of cancer of the mouth, pharynx, and larynx.|autor=De Stefani E, Oreggia F, Rivero S, Fierro L.|editor=Cancer. 1992 Aug 1;70(3):679-82.}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/15167214|título=Smoking, alcohol drinking and cancer risk for various sites of the larynx and hypopharynx. A case-control study in France.|autor=Menvielle G, Luce D, Goldberg P, Bugel I, Leclerc A.|editor=Eur J Cancer Prev. 2004 Jun;13(3):165-72.}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/20298398|título=Relationships between hand-rolled cigarettes and primary lung cancer: a Norwegian|autor=Rolke HB, Bakke PS, Gallefoss F.|editor=Clin Respir J. 2009 Jul;3(3):152-60.}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/3858589|título=Lung cancer and use of cigarettes: a French case-control study.|autor=Benhamou S, Benhamou E, Tirmarche M, Flamant R.|editor=J Natl Cancer Inst. 1985 Jun;74(6):1169-75.}}</ref> Pero un estudo dá unha prevalencia similar para o cancro de boca.<ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/2732011|título=Risk factors for oral cancer in Brazil: a case-control study.|autor=Franco EL, Kowalski LP, Oliveira BV, Curado MP, Pereira RN, Silva ME, Fava AS, Torloni H.|editor=Int J Cancer. 1989 Jun 15;43(6):992-1000.}}</ref> No caso do cancro de pulmón cambiaría a proporción do tipo [[Histoloxía|histolóxico]], cunha maior prevalencia de [[adenocarcinoma]]s<ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/10549064|título=[Do patients with squamous cell carcinoma or adenocarcinoma of the lung have different smoking histories?].|autor=Kubina M, Hédelin G, Charloux A, Purohit A, Pauli G, Quoix E.|editor=Rev Mal Respir. 1999 Sep;16(4):539-49.}}</ref> e cancro de pulmón de [[célula]]s pequenas.<ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/7812697|título=Smoking of hand-rolled cigarettes as a risk factor for small cell lung cancer in men: a case-control study from Uruguay.|autor=De Stéfani E, Fierro L, Larrinaga MT, Balbi JC, Ronco A, Mendilaharsu M.|editor=Lung Cancer. 1994 Sep;11(3-4):191-9.}}</ref>
 
Nun estudo no que se analizaban as marcas máis consumidas en España demostrouse que os contidos de nicotina, alcatrán e monóxido de carbono do tabaco a granel son moi superiores aos permitidos para os cigarros convencionais, nalgúns casos ata dun 85 % máis.<ref>{{Cita webpublicación periódica|url=http://wwwscielo.elsevierisciii.es/sites/default/files/elsevier/eop/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0213-9111%2811%2900308-6.pdf91112012000300014|título=Tabaco de liar: una prioridad de salud pública y consumo|revista=Gaceta Sanitaria|issn=0213-9111|volume=23|número=3|lingua=es|dataacceso=31 de maio de 2012|autornome1=Tania|apelidos1=Castaño, T.,Calduch|nome2= Céline|apelidos2= Hebert, C.,Jiménez|nome3=María Teresa|apelidos3=Campo, M.T.,San Segundo|nome4=Miguel|apelidos4= Ysa, M. Valle|nome5=Agustín|apelidos5=Pons, A.Carlos-Roca|editorano=Elsevier España, S.L.2012|datalingua=2011}}{{Ligazón mortaes|datanúmero-autores=agosto de 2018 5|último-amp=si}}</ref> O tabaco a granel tamén tería un maior efecto oxidativo en estudos [[in vitro]] sobre cultivos de [[monocito]]s.<ref>{{Cita web|url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/21295155|título=Mononuclear leukocyte DNA damage and oxidative stress: the association with smoking of hand-rolled and filter-cigarettes.|autor=Kocyigit A, Selek S, Celik H, Dikilitas M.|editor=Mutat Res. 2011 Apr 3;721(2):136-41. Epub 2011 Feb 2.}}</ref>
 
=== Tabaco e patoloxía vascular ===
Liña 134:
 
== Dependencia física da nicotina ==
[[Ficheiro:Rational_scale_to_assess_the_harm_of_drugs_(mean_physical_harm_and_mean_dependence)-es.svg|miniatura|300x300px|Comparación dos efectos negativos do tabaco coas outras 20 &nbsp;drogas máis usuais (canto máis á dereita estea a droga, máis dano producirá no organismo, e cando máis arriba, máis dependencia xerará).]]
Non existe hoxe en día unha opinión unánime acerca da importancia da dependencia física á nicotina como maior ou único compoñente da [[adicción]]. Allen Carr, creador dun coñecido método para deixar de fumar, afirmaba que aínda que a [[ansiedade]] provocada pola retirada da nicotina é fisicamente real, é máis leve do que aparenta. Por tanto, esta ansiedade, aínda que existente, podería estar multiplicada na mente do fumador por factores sociais, situacións de tensión ou os seus propios temores, o que, de ser certo, agregaría un compoñente psicolóxico moi importante á adicción física.
 
Establécense dous graos de dependencia: dependencia moderada-intensa (consumo de máis de 20 cigarros ao día; o primeiro cigarro na primeira media hora despois de levantarse) e dependencia leve (consumo de menos de 20 &nbsp;cigarros ao día; o primeiro cigarro despois de media hora de levantarse).
== Tabaquismo e cigarros electrónicos ==
[[Ficheiro:Cigarrillo_electronico_funcionando.jpg|miniatura|Niveis de produción de vapor nun cigarro electrónico]]
Cada se xeneraliza máis o uso do cigarro electrónico como alternativa ao cigarro tradicional.{{Cómpre referencia}} A pesar de que esta metodoloxía non implica directamente a consumición de tabaco, na procura da exhaustividade paga a pena mencionar a súa existencia. O cigarro electrónico é un dispositivo electrónico equipado cun vaporizador e un líquido que se vaporiza por el. Non hai cifras oficiais sobre o número de usuarios do cigarro electrónico, pero a modo de exemplo en [[Inglaterra]], onde o fenómeno está máis estendido, a finais de [[2012]] a cifra de fumadores de cigarros electrónicos era duns seiscentos mil e ascendeu a un millón en [[2013]]. &nbsp;Malia non haber un fluído líquido de nicotina, xeralmente o líquido vaporizado no cigarro electrónico contén esta substancia, cunha porcentaxe seleccionada polo consumidor. Por esta razón, tamén os usuarios dos cigarros electrónicos, cando inhalan este líquido que contén nicotina, están suxeitos aos efectos da adicción.
 
O cigarro electrónico non está baseado no fenómeno da combustión e, por tanto, non achega a inhalación de todos os canceríxenos que se emiten na combustión do tabaco e do papel. O mundo científico adoptou un enfoque cauteloso ata o de agora, sobre os efectos dos cigarros electrónicos. Con todo, hai estudos tranquilizadores: recentemente os cardiólogos europeos declararon que o cigarro electrónico non causa dano no corazón. &nbsp;Existe tamén un estudo conducido pola [[Universidade de Catania]] que non exclúe que o cigarro electrónico poida ser de axuda para quen queira deixar de fumar. En comparación con outros métodos, de feito, permite manter os xestos dos cigarros tradicionais, ademais de evitar os síntomas de abstinencia.
 
== Lexislación internacional ==
Liña 159:
Son aspersoas que non fuman pero que están en contacto constante cos fumadores e inhalan o fume do cigarro. A exposición pasiva a fume alleo causa graves trastornos cardiovasculares e respiratorios, principalmente [[cardiopatía isquémica]] e [[cancro de pulmón]]. Nas mulleres embarazadas provoca baixo peso do bebé e causa morte súbita nos lactantes.<ref name="OMStabaco"><span class="citation web">Organización Mundial da Saúde (xullo de 2015). </span></ref>
 
A OMS declara que "O fume alleo mata" e que "Non hai un nivel seguro de exposición ao fume de tabaco". &nbsp;
 
== Notas ==