Presocráticos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
{{Presocráticos}}
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Filosofía en progreso}}
 
Os filósofos '''presocráticos''' son, como suxire o nome, os filósofos anteriores a [[Sócrates (filósofo)|Sócrates]].
 
Esa división acontece debido ao ''obxecto'' da [[filosofía]] destes filósofos e da novidade introducida por Sócrates. Temporalmente, os [[Sofistas]] son anteriores a Sócrates, pois xa había sofistas antes de Sócrates, contemporáneos a el e posteriores. Mais o pensamento deles situase nunha categoría propia en certas veces, e relacionados a Sócrates noutras veces. Iso porque o [[pensamento]] de ambos (sofistas e Sócrates) chega a tocarse moitas veces; as súas diferenzas consisten en cuestións de conducta (os sofistas cobraban polo seu ensino, por exemplo) e algunhas posicións (os sofistas eran, no máis das veces, relativistas, por exemplo). Mais ambos representan unha certa ruptura cos presocráticos, que son tamén chamados de filósofos da [[physis]].
Liña 15:
Resumidamente: para Parménides e os seus seguidores ([[escola eleática]]), o [[movemento]] non existe. Súa [[afirmación]] "o que é, é, e non pode non ser, e o que non é, non é, e non pode ser" traduce o seu pensamento de que calquera movemento (e/ou [[mudanza]]) non existe, polo simple feito de que, se hai movemento, hai mudanza, e se hai mudanza, algo que non era pasou a ser (ou ao contrario: algo que era pasou a non ser), o que contradí a "regra" da súa afirmación (se o que é ''é'' e non pode non ser, é imposible que haxa movemento, pois o movemento implica en mudanza, o que, pola regra de Parménides, non soamente está errado senón que é imposible). Xa Heráclito pensaba xustamente o contrario: "Panta rhei" ("todo flúe") é a súa afirmación. Heráclito identifica o ser, a arché, co movemento. Para el, a única cousa que pode ser clasificada de inmutable é o propio movemento, e todas as outras cousas que existen están en permanente movemento, en permanente mudanza, e é imposible que non sexa así. Heráclito exemplifica, dicindo que "non entramos dúas veces no mesmo [[río]]", o que é verdade, pois as augas dun río están sempre mudando, as propias [[célula]]s dos seres [[orgánico]]s están sempre renovándose, e mesmo nos seres [[inorgánico]]s hai mudanzas ([[oxidación]], [[erosión]], etc).
 
Sócrates non se interesou por este debate, por estar máis preocupado co [[ser humano]] que co que é externo ao mesmo ser humano (a ''physis''). Mais [[Platón]] e [[Aristóteles]], sen descoidaren tamén este enfoque dado por Sócrates ao ser humano, procuraron resolver ese problema levantados por dous dos filósofos da ''physis''.
 
O continuador de Parménides foi [[Zenón]], autor dos famosos argumentos contra o movemento. Un deses argumentos é o seguinte: imaxine unha tartaruga posta para correr ao lado de [[Aquiles]], o heroe grego, considerado invencible nas carreiras. Como a tartaruga é menor e máis fráxil, Aquiles dálle 10 metros de vantaxe. Nun primeiro instante, Aquiles percorre eses 10 metros - mais a tartaruga tamén percorre algúns centímetros. Novamente Aquiles está atrás, e precisa cubrir a distancia. Así a todo ao facelo dará tempo para que a tartaruga avance máis. E sempre haberá un espazo entre a tartaruga e Aquiles, acabando nun absurdo que comprobaría a inexistencia daquilo que chamamos movemento. Por tras destes argumentos lúdicos, Zenón profesaba a mesma crenza do seu mestre: a mudanza é unha ilusión.