Cefalexina: Diferenzas entre revisións

composto químico
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A '''cefalexina''' é un antibiótico beta-lactámico, pertencente á primeira xeración de cefalosporinas<ref>{{cite book|l..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2018 ás 03:44

A cefalexina é un antibiótico beta-lactámico, pertencente á primeira xeración de cefalosporinas[1]. É activo fronte a bacterias grampositivas, coma Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae e algunhas especies de Streptococcus. Non ten actividade fronte a Enterococcus. Presenta unha leve actividade fronte a Enterobacteriáceas.

Dosificación

A dose habitual é de 500 ou 1.000 miligramos cada 6 u 8 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado glomerular menor de 50). Sitúase na categoría B da FDA durante o embarazo[2].

Referencias

  1. Josep Mensa Pueyo. (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en español). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "cefalexina" da FDA" (PDF). Consultado o 11 September 2018.