Abrir o menú principal

Cambios

→‎Clima: arranxos
París ten o típico [[clima oceánico]] do oeste europeo, influído pola [[Corrente do Atlántico Norte]]. O clima durante todo o ano é suave e moderadamente húmido.<ref>{{cita web |url=http://www.paris.com/tourism/climate |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130308094732/http://www.paris.com/tourism/climate |dataarquivo=8 de marzo de 2013 |título=Climate |editor=Paris.com |dataacceso=29 de xuño de 2013 |urlmorta=si |lingua=en}}</ref> Os días de [[verán]] son xeralmente cálidos e agradables cunha temperatura media entre 15 e 25°C, e boa cantidade de sol.<ref name=Lawrence/>{{rp|309}} Porén, cada ano hai uns poucos días nos que a temperatura elévase por riba dos 32°C. Ás veces ocorre que hai períodos máis longos de intensa calor, como sucedeu na [[Vaga de calor europea de 2003|vaga de calor de 2003]] cando as temperaturas superaron os 30°C durante semanas, alcanzando os 40°C nalgúns días e refrescando poucas veces pola noite. A [[primavera]] e o [[outono]] teñen días suaves e noites frescas, aínda que as condicións son cambiantes e inestables; o tempo quente ou frío ocorre sorprendentemente en ambas estacións.<ref>{{cita web |url=http://en.parisinfo.com/practical-paris/useful-info/climate |título=Climate in Paris |editor=Paris Convention and Visitors Bureau |páxina-web=ParisInfo |dataacceso=29 de xuño de 2013 |urlmorta=si |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141205162747/http://en.parisinfo.com/practical-paris/useful-info/climate |dataarquivo=5 de decembro de 2014 |lingua=en}}</ref> No [[inverno]], os días son fríos e a luz solar escasa, as noites son frías mais xeralmente con temperaturas por riba da conxelación, ao redor de 3°C.<ref>{{cita web |autor=Courtney Traub |data=31 de xaneiro de 2018 |url=https://www.tripsavvy.com/visiting-paris-in-the-winter-1618789 |título=Visiting Paris in the Winter: A Complete Guide |páxina-web=tripsavvy |dataacceso=27 de febreiro de 2018 |lingua=en}}</ref> Non obstante, as xeadas nocturnas son moi comúns, pero a temperatura descende por baixo de -5°C só uns días ao ano. A neve cae todos os anos, pero raramente permanece no chan. Ás veces hai nevaradas lixeiras con ou sen acumulación.<ref>{{cita web |autor=Kelby Carr |data=30 de novembro de 2017 |url=https://www.tripsavvy.com/weather-in-france-1517972#step4 |título=Weather in France - Climate and Temperatures of French Cities |páxina-web=tripsavvy |dataacceso=27 de febreiro de 2018 |lingua=en}}</ref>
 
París ten unaunha precipitación anual media de 641 mm, e experimenta lixeiras choivas distribuídas ao longo de todo o ano. Porén, a cidade é coñecida polos abruptos e intermitentes chaparrónsballóns que sofre. A maior temperatura rexistrada foi de 40,4°C o 28 de xullo de [[1947]], e a máis baixa foi de -23,9°C o 10 de decembro de [[1879]].<ref name="clima">{{cita web |url=http://www.paris.fr/portail/accueil/Portal.lut?page_id=4946&document_type_id=5&document_id=3076&portlet_id=10579 |título=Géographie de la capitale – Le climat |editor=Institut National de la Statistique et des Études Économiques |vía=Paris.fr |dataacceso=24 de maio de 2006 |lingua=fr |urlmorta=si |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061003225432/http://www.paris.fr/portail/accueil/Portal.lut?page_id=4946&document_type_id=5&document_id=3076&portlet_id=10579 |dataarquivo=3 de outubro de 2006}}</ref>
 
== Demografía ==
13.132

edicións