Elvira de Toro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
 
Os seus abondosos bens do infantado distribuíanse principalmente entre os reinos de [[Reino de León|León]] e [[Reino de Galiza|Galiza]], con algúns outros no de [[Reino de Castela|Castela]].{{harvnp|Martin|2008|p=}}
 
O [[10 de decembro]] de [[1068]], nunha doazón de Elvira á [[diocese de Santiago de Compostela]] de varias vilas en Lemos, Triacastela, Valcárcere e outros lugares, a infanta aparece como «raíña» (''Geluira regina'');<ref>{{Cita libro | título=Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela | url=https://archive.org/stream/historiadelasant02lpez#page/248/mode/2up | apelidos={{Versaleta|López Ferreiro}} |nome=Antonio | ligazónautor=Antonio López Ferreiro | ano=1899 |volume=2 | páxina=248 [Apéndices] |ref=harv}}</ref> un erro do compilador do ''[[Tombos da Catedral de Santiago de Compostela|Tombo A]]'' segundo [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]].{{Sfn|{{Versaleta|López Ferreiro}}|1899|p=549}}
 
O [[25 de abril]] de [[1087]] concedeu un diploma á igrexa compostelá e ó seu [[bispo]] [[Diego Páez]], onde lle doa a metade do mosteiro de Piloño e outras moitas herdades, outorgando ademais un privilexio polo cal no mosteiro non poida entrar o [[meiriño]] real nin en caso de homicidio, roubo ou parricidio; só o ministro do prelado compostelán.<ref>{{Cita libro | título=Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela | url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/24/mode/2up | apelidos={{Versaleta|López Ferreiro}} |nome=Antonio | ligazónautor=Antonio López Ferreiro | ano=1900 |volume=3 | páxinas=12, 14-15; 25 [Apéndices] |ref=harv}}</ref>
 
Nunha das súas últimas aparicións, o [[14 de marzo]] de 1099, testemuña nunha doazón do seu irmán Afonso VI ó [[mosteiro de San Pedro de Eslonza]].<ref>{{Cita libro | título=Cartulario del Monasterio de Eslonza | url=https://archive.org/stream/cartulariodelmo00ballgoog#page/n19/mode/2up | apelidos={{Versaleta|Vignau Ballester}} |nome=Vicente | ano=1885 |volume=Primera parte | páxina=10}}</ref>
 
A infanta outorgou testamento estando doente na súa vila de [[Tábara]] o [[11 de novembro]] de 1099, catro días antes de falecer. A súa irmá Urraca e os [[bispo]]s de [[Diocese de Tui|Tui]], [[Diocese de León|León]] e [[Diocese de Oviedo|Oviedo]] confirmaron o testamento. Entre as disposicións testamentarias, á súa irmá Urraca deixoulle a súa herdade de San Pelaio, Santo Isidoro e [[Covarrubias]]. Á súa sobriña-neta [[Sancha Raimúndez]], filla do [[conde de Galiza]] [[Raimundo de Borgoña]] e da súa esposa [[Urraca I]], legoulle Tábara, [[Wamba, Valladolid|Wamba]] e outras herdades. Tamén fixo doazóns a varios mosteiros e igrexas. Aínda que antigos xenealoxistas afirmaban que a infanta Elvira casara, uns decendo que foi co conde [[García Ordóñez]], e outros cun tal Sancho Fernández de quen tivera un fillo chamado Fernando Iohannes (Ibáñez), a infanta non menciona marido ou fillos ningúns no seu testamento. O rei Afonso VI, un par de meses despois da morte da súa irmá, confirmou o [[16 de xaneiro]] de [[1100]] á [[Catedral de Santiago de Compostela]] a doazón que fixera Elvira a dita igrexa do mosteiro de Piloño.{{harvnp|Martin|2008|p=}}