Tolomeo I Sóter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Retiro en uso
Liña 1:
{{en uso}}
{{biografía}}
'''Tolomeo I Sóter''' ("o Salvador") (en {{lang-el|Πτολεμαίος Σωτήρ}}), nado no [[reino de Macedonia]] en ([[-367|367 a.C.]] e finado en [[Alexandría]] en [[-283|283 a.C.]], foi un xeneral [[Antigos macedonios|grego macedonio]] ao servizo de [[Alexandre o Grande|Alexandre Magno]] e un do tres [[diádocos]] que se disputaron o control do seu extenso imperio. Tolomeo converteuse en gobernante de [[Período helenístico de Exipto|Exipto]] entre 323 e 282 a. C. e alí iniciou unha [[Dinastía tolemaica|dinastía]], tamén coñecida como Láxida, que controlou o país nos seguintes tres séculos.<ref>[http://www.reshafim.org.il/ad/egypt/texts/lagides.htm The decree of Ptolemy Lagides]</ref> Exipto converteuse así nun reino [[Período helenístico|helenístico]] e a cidade de [[Alexandría]] nun dos centros da [[Cultura de Grecia|cultura grega]]. Asimilou algúns aspectos da [[Cultura de Exipto|cultura exipcia]] e coroouse como [[faraón]] en 305 a.C., aínda que este título tan só o usaba ante os cidadáns exipcios, mentres que para os estranxeiros se presentaba como ''[[basileus]]'', tal e como se pode comprobar nas moedas que se acuñaron baixo o seu goberno.
 
Tolomeo I era fillo de [[Arsínoe de Macedonia]], mentres que o seu pai puido ser o marido desta, Lagos, ou o rei [[Filipo II de Macedonia]], pai de Alexandre. PtolomeoTolomeo foi un dos xenerais de maior confianza de Alexandre e estaba entre os sete ''[[somatophylakes]]'', escoltas, que o protexían. Era algúns anos máis vello ca Alexandre e foi o seu amigo íntimo dende a infancia.
 
== Traxectoria ==
Liña 33 ⟶ 32:
 
;Política exterior
Inmediatamente houbo de facer fronte, con éxito, a un ataque de Antígono e Demetrio. Ademais acudiu a socorrer os defensores da aliada illa de [[Rodas]], que estaba a ser asediada por Demetrio, e obrigou a este a retirarse. En sinal de agradecemento, os insulares déronlle o título de ''Sóter'' ("salvador"). Con todo, Antígono e o seu fillo triunfaron en Macedonia e Grecia expulsando a Casandro. Isto propiciou que todos os diádocos se unisen contra eles e os derrotasen (morrendo Antígono) finalmente na [[batalla de Ipso]] (301 a.C.). Na posterior (terceiro e último) repartición do Imperio, PtolomeoTolomeo incorporou o sur de [[Siria]] ao seu reino exipcio.
 
Tolomeo decidiu a continuación consolidar e expandir os seus dominios mediante alianzas matrimoniais que garantisen a paz con inimigos potenciais. Así, casou a súa filla [[Arsínoe II]] con [[Lisímaco de Tracia|Lisímaco]] de [[Tracia]] (299/298); a súa fillastra [[Theoxena]] con [[Agatocles]] de [[Siracusa]] (299/298); a súa filla Antígona con [[Pirro]] de [[reino de Epiro|Epiro]] (297); e a súa filla [[Ptolemais (filla de Tolomeo I)|Ptolemais]] con [[Demetrio Poliorcetes]] (296). Isto completábase coa extinción da rebelión en [[Chipre]] en 298 e o control das cidades de [[Tiro]] e [[Sidón]] (na costa [[Fenicios|fenicia]]) ao redor de 294.