Cefuroxima: Diferenzas entre revisións

composto químico
Contido eliminado Contido engadido
Silverfox (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A '''cefuroxima''' é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. Exist..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 8 de setembro de 2018 ás 20:04

A cefuroxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas. Existe una forma farmacéutica denominada cefuroxima-axetilo apta para administración oral. Esta forma é inactiva, pero na mucosa intestinal é hidrolizada e convertida en cefuroxima. Foi comercializada baixo o nome de Zinnat.

Espectro de acción

Cefuroxima é activa fronte a diversos microorganismos grampositivos (Staphylococcus spp., Streptococcus beta-hemolíticos, Streptococcus pneumoniae). Tamén mostra actividade fronte a diversas enterobacteriáceas e outras especies, coma Moraxella catarrhalis.

Dosificación

Por vía intravenosa, a dose convencional é de 750 miligramos cada 8 horas. A formulación oral (cefuroxima-axetilo) emprégase a razón de 500 miligramos cada 8 ou 12 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal grave. Pode empregarse durante o lactancio e probablemente durante o embarazo (categoría B da FDA).

Referencias

Guía de terapéutica antimicrobiana (2015). Josep Mensa Pueyo. ISBN 978-84-88825-15-5.