Xoana de Arco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 240:
Xa o día 12, os ingleses sufrirían unha gran derrota, para Suffolk foi un día desgraciado, xa que os franceses conseguiron subir as murallas da cidade e dirixir un ataque definitivo sobre esta. Xoana, recibiu unha pedrada na cabeza, coa fortuna que o seu casco protexeuna da morte. Ela e o casco caeron ao chan, pero rapidamente, Xoana, que estivera no centro da batalla en todo momento co estandarte alzado, levantouse enseguida e proporcionou a adrenalina suficiente ás tropas como para acabar vencendo e, ata, facendo prisioneiro a Suffolk ao final do día. En 1898, o escultor francés, [[Alfred-Désiré Lanson]], erixiu unha estatua a Xoana na que esta se levaba a man á cabeza, para recordar o golpe. Esta estatua pódese atopar na Place du Martroi, Jargeau. William de la Pole, o Conde de Suffolk, estaría tres anos prisioneiro. Sairía en 1431, pero o 28 de xaneiro de 1450, morrería asasinado. John de la Pole, o seu irmán, sucederíao.
 
Cono rapidez, o exército do Delfín aproveitou o rexuvenecemento de ánimo das tropas e en dous días plantáronse en Meung, o seguinte obxectivo, onde fixeron un [[Batalla de Meung-sur-Loire|ataque nocturno]],<ref>{{Cita libro |apelidos=Bordonove |nome=Georges |título=Jeanne d'Arc et la Guerre de Cent ans |url=http://books.google.es/books?id=ncNnAAAAMAAJ&q=Jean+de+Dunois,+Jean+Poton+de+Xantrailles+i+%C3%89tienne+de+Vignolles+meung-sur-loire&dq=Jean+de+Dunois,+Jean+Poton+de+Xantrailles+i+%C3%89tienne+de+Vignolles+meung-sur-loire&hl=ca&sa=X&ei=5TLAUYPOD4Sf7Aa1soHACA&ved=0CDMQ6AEwAA |lingua=inglés |editor=Pygmalion/Gérard Watelet |data=1994 |páxinas=91 |isbn=2857044364}}</ref> despois de preparalo coidadosamente o día 13 en Orleáns. O día 14 produciuse un ataque e, sen rematar este nin ter feito capitular a cidade, pasouse en bombardear o día 15 a [[Batalla de Beaugency (1429)|fortaleza de Beaugency]],<ref>{{Cita libro |apelidos=Nicolle |nome=David |título=Orléans 1429: France Turns the Tide |url=http://books.google.es/books?id=2Yep6gtbt58C&pg=PA33&dq=Beaugency+battle+Meung+1429&hl=ca&sa=X&ei=K-TCUcKXA4aI7AaS4YDYBw&ved=0CDkQ6AEwAQ#v=onepage&q=Beaugency%20battle%20Meung%201429&f=false |lingua=inglés |editor=Osprey Publishing |data=2001 |páxina=33 |isbn=1841762326 |dataacceso=09 de novembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141031205303/http://books.google.es/books?id=2Yep6gtbt58C&pg=PA33&dq=Beaugency+battle+Meung+1429&hl=ca&sa=X&ei=K-TCUcKXA4aI7AaS4YDYBw&ved=0CDkQ6AEwAQ#v=onepage&q=Beaugency%20battle%20Meung%201429&f=false |dataarquivo=31 de outubro de 2014 |urlmorta=si }}</ref> sempre dende unha das illas do interior do Loira, dende onde estaban protexidos. Beaugency, foi defendida por unha gornición inglesa o mando de William Gough. Ao ver vir a derrota, os ingleses pactaron a rendición e marcharon libres a mañá do [[17 de xuño]].
 
Con todo, o día 13 de xuño, saíra unha expedición de preto de tres mil agricultores, desde Janville, ao norte de Orleáns, pasado [[Patay]], encomendada por Bedford e dirixida por sir [[John Fastolf]]. A el uníuselle John Talbot, que viña de Meung o día 16 con reforzos. Os dous decidiron ir atacar aos franceses a Beaugency, co descoñecemento que xa fora tomada pola mañá cedo. Deste xeito, baixando do norte, os ingleses topáronse co exército de Xoana, que viña de liberar Beaugency. Entón, formaron filas e dispuxéronse a loitar; coa desgraza polos comandantes ingleses de que as súas tropas non quixeron entrar en combate, seguramente olfacteando a derrota, e fuxiron a Meung. Así os Armanyac esa mesma noite volveron a Meung tamén, onde os ingleses tiñan unha defensa máis óptima estabelecida, dado que estaban nunha fortaleza. Pero malia os bombardeos, non puideron evitar a derrota, e coa lección aprendida, o [[18 de xuño]] marcharon cedo cara ao norte, coa intención de volver a Janville, por un antigo camiño romano, probablemente para esperar reforzos desde París, o que querían evitar os franceses.