Paco Ibáñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m poño modelo Biografía
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
De pai [[valencia]]no e nai [[País Vasco|vasca]], é o menor de catro irmáns. Pasa os seus primeiros anos en [[Barcelona]], a onde regresará na súa vellez. Trala [[guerra civil española|guerra civil]], a súa familia vese obrigada a exiliarse a [[Francia]]. Entre o inverno de 1939 e o inicio da ocupación alemá, residirán en [[París]]. O seu pai é arrestado e internado nun [[Holocausto|campo de traballo]] para republicanos españois. A súa nai regresa entón cos catro fillos a [[Donostia]] para traballar. Máis tarde, estes recordos de infancia no caseríocasarío familiar son recollidos no seu disco ''Oroitzen'' —Recordando—, cantado en [[euskera]]). En 1948, a familia atravesa clandestinamente a fronteira e reúnese co pai en [[Perpiñán]]. Paco aprende del o oficio de [[ebanista]], ó tempo que comeza a estudar [[violín]]. Pronto substitúe o violín pola [[guitarra]]. Instalados definitivamente en París, a principios dos anos 50, descobre primeiro a música de [[Georges Brassens]] e de [[Atahualpa Yupanqui]], referencias fundamentais para a súa formación artística e ideolóxica, e inmediatamente despois a [[Léo Ferré]] e ó movemento [[existencialismo|existencialista]] francés, que se encontraba en pleno auxe.
 
En 1956 a foto dunha muller andaluza vestida de negro inspíralle a súa primeira canción sobre o poema "La más bella niña", de [[Luis de Góngora]]. Cos poemas de Góngora, ós que engade outros de [[Federico García Lorca]] realiza a súa primeira gravación en 1964. Un disco que, desde o mesmo momento da súa aparición, convértese nun clásico utilizado polos profesores de lingua e literatura castelá como material pedagóxico, e polos defensores das liberdades como un símbolo de resistencia cultural.