Vía catalá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 1:
[[Ficheiro:Tram 235 de la via catalana per la independència (section 235 of the Catalan Way towards independence).JPG|250px|miniatura|Tramo da vía catalá na rúa Via Augusta de [[Tarragona]].]]
[[Ficheiro:Via Catalana, tram 765.jpg|miniatura|275px|Vía catalana no [[Passeig de Colom]] de [[Barcelona]].]]
A '''vía catalá cara á independencia''' (en {{lang-ca|Via Catalana cap a la Independència}}), máis coñecida como '''vía catalá''', foi unha [[cadea humana]] duns 400 quilómetros feita en [[Cataluña]] a proposta da [[Assemblea Nacional Catalana]] (ANC) para a [[Diada de Cataluña|diada do 11 de setembro]] de [[2013]]. O seu obxectivo era reivindicar a [[independentismo catalán|independencia de Cataluña]].<ref name="wsj">{{cita publicación periódica|apelido=Moffett|nome=Matt|título=Catalan Separatists to Link for Independence Cause|publicación=[[The Wall Street Journal]]|data=5 de setembro de 2013|url=http://online.wsj.com/article/SB10001424127887324324404579041122800860290?mg=reno64-wsj.html?dsk=y|lingua=inglés}}</ref> Contou co apoio das 14 entidades non gobernamentais que colaboran na iniciativa ElClauer.cat.<ref name="wsj"/><ref>{{Cita web|url=http://via.assemblea.cat/ca/qui-som.html|título=Qui som|editor=Via Catalana|data-acceso=12 de xuño de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130927224413/http://via.assemblea.cat/ca/qui-som.html|dataarquivo=27 de setembro de 2013|urlmorta=si}}</ref> A cadea seguiu o trazado da antiga [[Vía Augusta]], dende [[Le Perthus|Pertús]] (Vallespir) ata [[Alcanar]] (Montsià). Segundo [[Carme Forcadell i Lluís|Carme Forcadell]], presidenta da ANC, foi «un símbolo, o símbolo da unidade do pobo catalán para acadar a soberanía nacional».<ref name="arajuny">{{cita publicación periódica |url=http://www.ara.cat/politica/Cadena_humana-ANC-Catalunya_0_940706169.html|título=De la Jonquera a Alcanar: 400 km de 'Via Catalana' cap a l'estat independent|editor=Ara|data=19 de xuño de 2013}}</ref>
 
En total, 1.600.000 manifestantes participaron na vía catalá, 500.000 dos cales fixérono nas rúas da cidade de Barcelona, segundo o Departamento do Interior da [[Generalitat de Cataluña]].<ref>{{Cita publicación periódica|título=La Via Catalana, minut a minut|publicación=Ara|data=11 de setembro de 2013|url=http://www.ara.cat//politica/diada-onze_de_setembre-via_catalana-independencia_12_991220869.html}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|editorial=AP|título=More than 1 million Catalans form human chain to promote their bid to break away from Spain|publicación=The Washington Post|url=http://www.washingtonpost.com/world/europe/catalans-in-favor-of-breaking-away-from-spain-form-huge-human-chain-to-advertise-their-cause/2013/09/11/0ce45f06-1afa-11e3-80ac-96205cacb45a_story.html|dataacceso=13 de setembro de 2013|data=11 de setembro 2013|lingua=inglés}}</ref>