Vilalba: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 41:
Vilalba é a vila principal da súa comarca e a cuarta na provincia, xusto despois de [[Viveiro]]. O concello posúe unha densidade de poboación de 38,64 hab./km², e unha superficie de 379 km², o que o converte no segundo maior dos concellos [[Galicia|galegos]] en canto a superficie despois da [[A Fonsagrada|Fonsagrada]].
 
O concello de Vilalba atópase na metade norte da provincia de Lugo; limita polo norte cos concellos de [[Abadín]], [[Muras]] e [[Xermade]], polo sur, con [[Cospeito]], [[Begonte]] e [[Guitiriz]], polo leste, con [[Abadín]] e [[Cospeito]] e polo oeste, con [[Xermade]] e [[Guitiriz]]. A poboación de Vilalba distribúese nas 29 parroquias do concello, ademais do núcleo urbano da vila<ref>[{{Cita web |url=http://www.vilalba.org/web/index.php/item/164 |título=Xeografía do Concello de Vilalba] |data-acceso=17 de febreiro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080507205144/http://www.vilalba.org/web/index.php/item/164 |dataarquivo=07 de maio de 2008 |urlmorta=si }}</ref>.
 
Vilalba (do [[latín]] ''Villam Albam'', 'vila branca'), posúe un rico patrimonio [[arqueoloxía|arqueolóxico]] e cultural. O concello conserva un bo número de mostras de [[Castro (poboado)|castros]] [[galaicos]], entre os que destacan os [[Castro (poboado)|castros]] de [[Castro de Gondaísque|Gondaísque]] e [[Castro de Belesar, Vilalba|Belesar]]. Dentro do seu patrimonio cultural destaca a [[Torre do Castelo dos Andrade|Torre da homenaxe]] do desaparecido castelo de Vilalba, vencellada historicamente á [[Casa de Andrade|casa dos Andrade]], e convertida no [[século XX]] en parador de turismo.
Liña 47:
Con respecto á industria, o concello caracterízase pola súa escasa industrialización, sendo as escasas industrias existentes derivadas do sector primario, é dicir a agroalimentaria, representada por unha empresa multinacional de produtos [[lácteos]], e algunhas pequenas industrias de [[embutido]]s, [[xamón]]s e de elaboración do [[Queixo San Simón da Costa|queixo D.O. de San Simón]].
 
A gastronomía é un dos meirandes atractivos da vila na que hai que destacar o [[queixo de San Simón da Costa]]<ref>[http://www.sansimondacosta.com/ Queixo de San Simon da Costa]</ref>, o roscón de améndoas e os célebres [[capón]]s de Vilalba<ref>[{{Cita web |url=http://vilalba.org/capon/Inicio.php |título=Capóns de Vilalba] |data-acceso=17 de febreiro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080207052535/http://vilalba.org/capon/Inicio.php |dataarquivo=07 de febreiro de 2008 |urlmorta=si }}</ref> que se comercializan nunha feira anual, que ten lugar o [[21 de decembro]].
 
== Poboación ==