Giorgio de Chirico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Biografía==
[[Image:De Chirico's Love Song.jpg|left|thumb|225px|''A Canción do amor'', De Chirico, 1914]]
Seu pai, enxeñeiro de ferrocarrís, era un afeizoado a arte quelle fixo descubrir a [[Grecia antiga]]. Á idade de 12 anos, De Chirico inscribíuse no Instituto politécnico de [[Atenas]], no que seguíu cursos de debuxo e pintura. Despois da morte da súa irmá logo do falecemento do pai, en 1905, marchou con a súa mai e o seu irmán Andrea (coñecido máis tarde con o pseudónimo de [[Alberto Savinio]]) para Italia, para ir posteriormente para [[Munich]]. Asiste entón aos cursos da Academia de Belas Artes, ao tempo que descubre os escritos de [[Friedrich Nietzsche]] e [[Arthur Schopenhauer]] e os cadros de [[Arnold Böcklin]].
De volta a Italia, en 1910, comeza a pintar unha serie de cadros nos que a miudo no seu título figura a palabra enigma, Tales Enigma dunha tarde de outono (1910), “O enigma do oráculo” (1910), “O enigma da hora” (1912). Até 1917, Chirico non cesará de plasmar cadros de aparente simplicidade, pero con forte carga premonitoria, xugando con cromatismos sen matices e con perspectivas con frecuencia aberrantes: horizontes baixos e distantes, elementos arquitectónicos monumentais flanqueados no primeiro plano de de obxectos chocantes (luvas, manequíns de xastre, pegadas de peixes ou conchas, ...), desertización humana dos espazos a pesar de colocar cabezas esculpidas, bustos ou estatuas completas: En palabras de René Passeron “De Chirico crea un universo no que os obxectos se poñen a facer de signos”.