Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Durante os seus primeiros dez anos de secretario, Antonio Pérez exerceu unha grande influencia sobre Filipe II, o cal normalmente seguía os seus consellos, recoñecendo a súa intelixencia, coñecemento dos asuntos do Estado e instinto infalíbel. Esta confianza real serviulle para conseguir máis poder e, como a maioría dos seus contemporáneos, enriquecerse no cargo.
 
Xa desde a época de Carlos I existían dúas faccións na Corte española, a parte ''liberal'' liderada polo [[príncipe de Éboli]] e seu secretario Francisco de Eraso, e a parte ''conservadora'' liderada polo [[Casa de Alba|duque de Alba]] e o [[inquisidor xeneral]] [[Fernando de Valdés y Salas]]. Tras a morte do príncipe de Éboli en [[1573]], Antonio Pérez pasou a liderar a facción liberal e comenzou a súa asociación coa [[Ana de Mendoza de la Cerda|princesa de Éboli]] (Ana de Mendoza), da cal Antonio aproveitou os contactos dela coa aristocracia, beneficiándose economicamente ambos os dous desta asociación. Antonio Pérez reveloulle á princesa de Éboli secretos de Estado e xuntos traficaron con información gobernamental.
[[Ficheiro:La princesa de Éboli.jpg|miniatura|230px|Ana de Mendoza, [[Ana de Mendoza de la Cerda|princesa de Éboli]].]]
 
=====O conflito con Aragón =====
27.792

edicións