Tiburóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 313:
A Comisión Europea propón aplicar, como quedou dito, a política de ''aletas adheridas''. É dicir, que se aplique a prohibición total de cercenar as aletas a bordo e obligar a que cada extremidade vaia co seu corpo. Os ecoloxistas sosteñen que só así se poderá erradicar o ''finning'' e, con iso, unha das maiores ameazas, xunto á pesca accidental, para as poboacións de tiburóns. Os palangreiros de superficie, pola súa parte, din que esa solución suporía unhas perdas anuais por barco de 32.967 euros, o que comprometería a supervivencia da frota. Partindo da base de que tería un 10 % menos de capacidade na bodega, o sector cifra en 14.238.603 euros as perdas totais para a frota. Porén, a organización ecoloxista ''[[Oceana]]'' replica sinalando que os palangreiros de superficie españois e portugueses recibiron máis de 117 millóns de euros en subvencións da UE entre 1994 e 2007, co que estarían mitigadas esas posíbeis perdas. O sector propón que se obriguen a desembarcar no mesmo porto os corpos e as aletas, así como que se eliminen os permisos especiais para a frota de fresco. Mentres, os que conxelan o tiburón terían que utilizar un mecanismo de trazabilidade que asegure a correlación entre os corpos e as aletas desembarcadas. Tamén piden que se implante en todas as organizacións rexionais de pesca (ORP) un programa de documento estatístico para o comercio das aletas de tiburón.
 
O documento da UE aínda está en tramitación. A norma debe aprobarse por codecisión. A mediados de setembro deste ano 2012 debateuse o regulamento na [[Parlamento Europeo|Eurocámara]], apoiándose seguir mantendo os permisos especiais á frota. Porén, non se aceptaron as medidas de maior control.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_201210G8P25992&idSeccion=9D4593480A80B1980007D8BB6469393A El debate en Europa sobre las medidas para evitar la sobreexplotación de los tiburones]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} Diario ''La Voz de Galicia'', 8/10/2012. Consultada o 11/11/2012.</ref>
 
==== O Parlamento Europeo decide ====