Laguardia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
euskera > éuscaro
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Laguardia''' (en [[éuscaro]]: ''Guardia'') é un municipio situado no sur da [[provincia de Álava]], a 64 km da capital [[Vitoria]], que pertence á comunidade autónoma do [[País Vasco]]. Está situado na comarca da [[A Rioxa Arabesa|Rioxa Arabesa]].
 
Áchase nun cotarelo e está rodeada por unha muralla que mandou levantar o rei [[Sancho VII de Navarra|Sancho o Forte de Navarra]]. Aínda se conservan cinco portas de acceso á cidade. Os seus nomenomes son: Mercadal, Carnicerías, Páganos, San Juan, e Santa Engracia. As súas rúas e recunchos conservan un gran sabor [[Idade Media|medieval]]. A súa economía está baseada na industria do viño, con elaboración propia e numerosas adegas.
 
== Topónimo ==
Durante a Idade Media recibiu nomes como ''Leguarda, Gardia, Guardia, Guoardia, Lagarde, Lagardia'' e ''Laguoardia'' até que chegou ao actual '''Laguardia'''.
 
Existe certa controversia sobre o nome [[euskeraLingua éuscara|euskéricoéuscaro]] da localidade. A finais do [[século XIX]] estendeuse a crenza de que antes da concesión da carta de vila en [[1164]], a poboación de Laguardia chamábase '''Biasteri'''. Moitos veronviron en Biasteri un topónimo de orixe euskéricaéuscara e utilizouse até datas recentes como nome en [[euskera|éuscaro]] da localidade, mais nos últimos anos do [[século XX]] filólogos e historiadores chegaron á conclusión de que Biasteri fora o nome antigo da veciña localidade de [[Viñaspre]], non de Laguardia e que polo tanto non cabía realizar dita asociación. Na actualidade a [[Euskaltzaindia]] considera que o nome correcto en éuscaro da localidade é '''Guardia'''.
 
==Ligazóns externas==