Camilo Barcia Trelles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
A familia estableceuse en [[Ribadeo]]. Foi irmán de [[Augusto Barcia Trelles]]. Estudou nas [[Universidade de Oviedo|universidades de Oviedo]] e Madrid. Gañou a cátedra de Dereito Internacional Público e Privado na Universidade de Murcia (1919). Foi candidato do [[PSOE]] por [[Alacant]] nas eleccións xerais de 1920. En 1920 pasou á [[Universidade de Valladolid]].
 
Coa [[Sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi acusado de ser “[[Masonaría|masón]] e izquierdista” e apartado do cargo en abril de 1937. De 1937 a 1938 traballo «sen soldo» para o Servicio de prensa y propaganda de [[Falange Española|Falange]] sobre temas internacionais. Foi reposto como catedrático e trasladouse á [[Universidade de Santiago de Compostela]] en agosto de 1938, na que permaneceu ata a xubilación en 1958 como catedrático e decano da [[Facultade de Dereito de Santiago de Compostela|Facultade de Dereito]].

Foi membro numerario do Instituto de Dereito Internacional, Profesor de L’Academie de Droit Internacional de la Haya, membro de honra da [[Asociación Francisco de Vitoria]]. Os seus estudos sobre problemas internacionais apareceron en varias publicacións de Madrid, como ''[[El Liberal]]''.
 
== Obras ==