Abrir o menú principal

Cambios

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
A '''síndrome de Churg-Strauss''', tamén coñecida como '''granulomatose alérxica''', é unha doenza pertencente ao grupo das [[eosinofilia pulmonar|eosinofilias pulmonares]] é un tipo de [[vasculite]] autoinmune que afecta aos pequenos e medianos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], provocando un infiltrado de [[eosinófilo]]s, sobre todo no [[pulmón]]. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, [[corazón]], [[pel]] ou [[riles]]. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de [[poliarterite nodosa]], polas súas semellanzas morfolóxicas.
 
Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes<ref>[{{Cita web |url=http://www.meiga.info/meiga.asp?cap=1&mat0=8&mat1=414&mat=416&id=997 |título=Fernández Bouza, Elena et al. ''Síndrome de Churg-Strauss: ¿enfermedad geriátrica?'' meiga.info (Medicina Interna de Galicia) ] |data-acceso=18 de febreiro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140222145305/http://www.meiga.info/meiga.asp?cap=1&mat0=8&mat1=414&mat=416&id=997 |dataarquivo=22 de febreiro de 2014 |urlmorta=si }}</ref>
 
Foi por primeira vez claramente definida en [[1939]]<ref>Thurlbeck, William M. e Churg, Andrew (1995) ''Pathology of the Lung'' Thieme, p. 425</ref>, e o seu nome procede dos [[medicina|doutores]] [[Jacob Churg]] e [[Lotte Strauss]] que describiron o trastorno en [[1951]].<ref>http://www.harrisonmedicina.com/content.aspx?aID=3743395</ref>
98.430

edicións