Stieg Larsson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 13:
Stieg Larsson comezou a escribir novelas policiacas coma un ''hobby''<ref name=Vidaeobra/> en 2001<ref name ="serielarsson">[http://www.serielarsson.com/autor.php Páxina sobre a triloxía Millenium]</ref> (escribía polas noites compaxinando así o seu pasatempo co seu traballo). Nun primeiro momento considerou, xunto co periodista Kenneth A. (da axencia de noticias TT), a posibilidade de escribir unha historia sobre os personaxes de [[Hernández e Fernández]], d'''As aventuras de Tintín''. Máis tarde tentou plasmar como se manexaría na sociedade actual a famosa ''Pipi Calzaslargas'', creada pola escritora sueca ''Astrid Lindgren'': así xurdiu un dos protagonistas da súa trioloxía, a investigadora ''Lisbeth Salander''<ref name ="serielarsson"/>. Coma contrapunto, creou outro personaxe máis equilibrado, o periodista Mikael Blomkvist (cuxo nome lembra ao doutro personaxe de Lindgren, o neno detective ''Kalle Blomkvist''). A partir de aí creou o resto de personaxes da serie, denominada ''Millenium'' en referencia ao nome da revista na que traballa Blomkvist.
 
Cando rematou o segundo volume da serie, e tendo xa deseñada a trama do terceiro, pasoulle un manuscrito a un amigo editor. Faleceu en 2004, dun ataque ao corazón, días despois de entregarlle ao seu editor o terceiro volume da serie e pouco antes de que se publicara o primeiro<ref>[http://www.elpais.com/articulo/cultura/Nueva/entrega/enigma/Larsson/elpepicul/20081115elpepicul_1/Tes Artigo de "El País"]</ref>. Non chegou por tanto a ver publicada a súa obra, e a súa repentina morte truncou o seu plan de continuar a serie: tal e como afirma o seu círculo máis próximo o escritor estaba a traballar no próximo volume, que era en realidade o quinto da saga (xa que o cuarto destruíuno por non quedar plenamente satisfeito con el) <ref>[http://www.lavanguardia.es/lv24h/20090618/53724972459.html Artigo sobre o autor en "LaVanguardia.es"]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>.
 
Á marxe do seu interese literario, a triloxía está considerada coma unha obra de "relevancia social", tanto pola construción simbólica que fai dos personaxes femininos como por tratar unha das maiores lacras da sociedade actual, coma é a violencia de xénero <ref>[{{Cita web |url=http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20090622144930 |título=Artigo referente á obra, "DiarioSigloXXI"] |data-acceso=21 de xullo de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090706072522/http://www.diariosigloxxi.com/texto-ep/mostrar/20090622144930 |dataarquivo=06 de xullo de 2009 |urlmorta=si }}</ref>.
 
En 2009, estreouse unha adaptación cinematográfica da primeira novela da serie, dirixida por [[Niels Arden Oplev]] cos actores suecos [[Michael Nyqvist]] e [[Noomi Rapace]] nos papeis protagonistas. A película estreouse o 27 de febreiro en Suecia e Dinamarca, e o 29 de maio en España<ref>[http://akas.imdb.com/title/tt1132620/releaseinfo Datas de emisión da película baseada en ''"Os homes que odiaban ás mulleres"'']</ref>.