Salvador Dalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 111:
Aceptou a decoración dun escaparate dos almacenes Bonwit-Tellerle na Quinta Avenida de Nova York. Fixo unha polémica composición dedicada ó día e á noite: nun lado un [[manequín]] con perruca vermella nunha bañeira de [[Astracán (pel)|astracán]] e no outro, unha figura deitada nunha cama con [[baldaquino]] negro sobre cuxa [[almofada]] ardían [[carbón]]s. Pero realizáronse modificacións sen permiso do autor, e Dalí en protesta acabou lanzando a bañeira contra o vidro do escaparate. Foi detido e debeu pagar os danos. O xulgado absolveuno, pois el argumentou que defendía a súa obra, e esta protesta foi entendida como unha defensa dos [[dereitos de autor]].<ref>[http://www.legaltoday.com/index.php/actualidad/noticias/2009-ano-dali-visionario-de-la-defensa-de-la-propiedad-intelectual Dalí, visionario da defensa da propiedade intelectual].</ref>
 
Neses anos, Dalí deseñou ilustracións para edicións traducidas ó [[lingua inglesa|inglés]] de clásicos coma o ''[[Quixote]]'', a autobiografía de [[Benvenuto Cellini]] e os ''Ensaios'' de [[Michel de Montaigne]]. Tamén proporcionou decorados para o filme ''[[Spellbound]]'' de [[Alfred Hitchcock]], e emprendeu con [[Walt Disney]] a realización dunha curtametraxe de [[Cine de animación|debuxos animados]], ''[[Destino (curtametraxe)|Destino]]'', que quedou inconclusa e foi montada en [[2003]], moito despois do pasamento de ambos.<ref>[{{Cita web |url=http://www.animationartconservation.com/destiny_of_dali_destino.html |título=www.animationartconservation.com] |data-acceso=13 de maio de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20091230010548/http://www.animationartconservation.com/destiny_of_dali_destino.html |dataarquivo=30 de decembro de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
Esta foi unha das épocas máis frutíferas da súa vida, pero tamén discutida por certos críticos, que vían que Dalí esvaía a fronteira entre [[arte]] e [[bens de consumo]] ó acantoar a pintura para centrarse máis no [[deseño]] e os artigos comerciais.