Revolución Chinesa de 1949: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
A RAG acepta tanto a locución "e mais" coma "a mais".
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 8:
A banda nacionalista tiña unha vantaxe importante tanto en número de tropas coma en armas, controlaba un territorio moito máis grande con máis poboación e contou co apoio de moitos outros países do mundo. A banda comunista estaban ben establecidos ao norte e noroeste. Durante a guerra os comunistas construíran redes de gobernos locais e estableceran líderes nas diferentes cidades. Pola contra, as tropas nacionalistas máis capacitadas perderan nas primeira batallas contra o exército xaponés, mentres que as comunistas sufriran perdas menos graves. A [[Unión Soviética]], inda que desconfiada, proveu aos comunistas, mentres que os Estados Unidos aos nacionalistas con centenares de millóns de dólares en subministración militar, así como no transporte aéreo de tropas nacionalistas dende o centro da China a Manchuria, unha área de moita importancia estratéxica para Chiang Kai-shek. Kai-shek decidiu enfrontarse contra o [[Exército Popular de Liberación|EPL]] en Manchuria. A forza numérica comunista inicial era de 1,27 millóns de combatentes, incrementándose a 2,68 millóns no ano 1945.<ref>[http://news.sohu.com/20081024/n260231630.shtml 中国缘何未参加驻日占领军 候选部队内战被歼灭]</ref> Por outra banda, as tropas nacionalistas en xullo de 1946 eran 4,3 millóns, das cales 2,2 millóns estaban ben adestradas e preparadas para combater en campo aberto,<ref>中华民国国民政府军政职官人物志 P374</ref> mentres que o resto estaban mal adestrados e equipados.<ref>国民党在台湾 P182</ref><ref>铁血铸盾 P116</ref> A perda da batalla de Liaoshen foi un punto de inflexión militar. Mao, xacando, puxo en marcha a reforma agraria e o repartimento das terras entre os máis pobres, que incrementou o apoio entre a poboación chinesa.
 
O goberno nacionalista tamén tratou de obter apoio popular a través de reformas internas e eliminando as desavinzas. O esforzo fracasou a causa da corrupción e o caos político e económico. A represión política alineou as elites liberais e urbanas que eran escépticas sobre o comunismo, mais afondou máis no receo cara aos nacionalistas. Engorde, unha [[hiperinflación]] de arredor dun 14 % diario,<ref>{{Cita web|url=http://fundamentos-economia-uns.blogspot.com.es/2014/04/9-casos-de-hiperinflacion-para-no-imitar.html|páxina-web=Fundamentos de la Economía|título=Fundamentos de la Economía: 9 casos de hiperinflación para no imitar|data-acceso=12 de novembro de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20161113045709/http://fundamentos-economia-uns.blogspot.com.es/2014/04/9-casos-de-hiperinflacion-para-no-imitar.html|dataarquivo=13 de novembro de 2016|urlmorta=si}}</ref> destruíu a clase media que fora o principal apoio do goberno. A finais de 1948, o apoio nacionalista era baixo. En xaneiro de 1949, Pequín, entón coñecido como Beiping, entrégase ao EPL sen loitar. Entre abril e novembro, as principais cidades chinesas caeron a mans comunistas coa mínima resistencia.
 
== Notas ==