Pazo de Fillaboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 8:
Hai uns dous mil anos os [[Imperio romano|romanos]] trouxeron a cultura da vide ao Condado, plantando tamén videiras na Fillaboa.
 
A historia do pazo comeza durante a [[Guerra de Restauración portuguesa]] no [[século XVII]] (1640); daquela [[Salvaterra de Miño|Salvaterra]] pasa a pertencer a Coroa de Portugal, así que o [[Marqués de Tavara]], gobernador de Galicia, levanta un [[Fortaleza (arquitectura militar)|forte]] (hoxe desaparecido) no lugar no que se atopa a casa, para controlar o camiño cara [[Tui]] (camiño no que se atopa a [[ponte de Fillaboa]])<ref>[{{Cita web |url=http://www.concellodesalvaterra.org/informacion.php?pr=0&id=905&pr1=011100&apt=202010 |título=Información do pazo na Web do Concello de Salvaterra - parroquia de Arantei {{gl}}] |data-acceso=13 de novembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141125123242/http://www.concellodesalvaterra.org/informacion.php?pr=0&id=905&pr1=011100&apt=202010 |dataarquivo=25 de novembro de 2014 |urlmorta=si }}</ref>. Rematados os acontecemento bélicos que motivaran a súa existencia, A Fillaboa coñeceu días máis tranquilos transformándose o forte en quinta de descanso.
 
No [[século XVIII]] realízanse numerosas reformas, sendo o dono do pazo (Granxa de Fillaboa) o [[Condado de Salvaterra|Conde de Salvaterra]] (liñaxe da [[Casa de Alba]]) e [[Marquesado de Sobroso|Marqués de Sobroso]]. No século XIX, tras varias xeracións, a quinta da Fillaboa mailo [[Castelo de Sobroso]], pasan a casa á [[Ducado de Híjar|duquesa de Híjar]], viúva, que vende ambas as dúas propiedades no ano [[1884]] ao vigués [[Manuel Bárcena Franco]], I [[conde de Torrecedeira]]. Bárcena comezou a cultivar viñedos e a producir o ''Viño do Condado Fillaboa'', que logo exportou a países coma Cuba, Arxentina e Francia xa polo ano [[1900]]. Tamén reformou a casa ao estilo colonial. A casa vendeuse en [[1955]] ao tamén vigués [[Alejandro Barreras Barret]], enxeñeiro naval. Nesta época o pazo sufriu un incendio do que se salvaron a capela, o pombal e as adegas; tralo lume Barreras modificou moito o edificio para transformalo nunha casa de campo cos gusto da época.