Diferenzas entre revisións de «Pablo Picasso»

Recuperando 14 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
(Recuperando 14 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
Naceu o [[25 de outubro]] de [[1881]] en Málaga. A súa nai era María Picasso López e o seu pai José Ruiz Blasco, que era mestre da Escola de Belas Artes e conservador do museu local.<ref name="museussingulars">Museus Singulars de Catalunya. Capítol del Museu Picasso. Editorial Diàfora. 1979 ISBN 84-85205-32-4</ref> Tiña dúas irmás, Dolores (1884-1958) e Concepción (1887-1895), ademais dun irmán que se cre que morreu moi pequeno, se ben non se sabe de certo se existiu realmente.
 
Con 8 anos fixo a súa primeira obra. Nesta época, asinaba as súas obras como '''Ruiz Blasco'''. Pasou unha tempada de 1891 a 1895 na [[A Coruña|Coruña]] a onde se trasladou coa súa familia. O seu pai fora contratado como mestre de arte no [[IES Eusebio da Guarda|Eusebio da Guarda]] e Picasso matricúlase na Escola Provincial de Belas Artes, onde tivo como mestre o distingido pintor e militar [[Román Navarro García de Vinuesa]] (185-1928). Na [[rúa Real (A Coruña)|rúa Real]] da Coruña fixo a súa primeira exposición con 13 anos e publicou caricaturas e debuxos nas revistas autoeditadas a man "La Coruña", "Azul y Blanco" ou "Torre de Hércules"<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/10/30/0003_201110H30C8991.htm A Coruña que vivió y pintó Picasso]. [[La Voz de Galicia]] {{es}}.</ref><ref>[http://elpais.com/diario/1983/11/10/cultura/437266802_850215.html En La Coruña conservan los primeros recuerdos escolares y pictóricos de Picasso]. ''[[El País]]'' {{es}}.</ref> Catro anos despois marchan a [[Barcelona]], onde Picasso aproba os exames de ingreso na [[Escola de la Llotja]] saltando os cursos iniciais. Durante o inverno de 1895, realizou o seu primeiro gran lenzo académico, ''A Primeira Comuñón'',<ref name="PicassoArtwork-1895">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1895 |título = Obra, 1895 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés |data-acceso = 23 de maio de 2016 |urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090616181410/http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1895 |dataarquivo = 16 de xuño de 2009 |urlmorta = si }}</ref> en Barcelona, cidade onde residía.<ref name="Picassobio-1896" >{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1896&Quarter=1 |título = Biografia, 1896 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés }}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
En 1897, presentou o lenzo ''[[Ciencia e Caridade]]'' na Exposición Nacional de Belas Artes de [[Madrid]].<ref name="PicassoArtwork-1897">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1897 |título = Obra, 1897 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés |data-acceso = 23 de maio de 2016 |urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090616183802/http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1897 |dataarquivo = 16 de xuño de 2009 |urlmorta = si }}</ref> Durante o verán, pasou as vacacións en Málaga, onde pintou paisaxes e corridas de toros.<ref name="Picassobio-1897">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1897 |título = Biografia, 1897 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés |data-acceso = 23 de maio de 2016 |urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090516092449/http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1897 |dataarquivo = 16 de maio de 2009 |urlmorta = si }}</ref>
[[Ficheiro:15-10-27-Els Quatre Gats-RalfR-WMA 2729.jpg|miniatura|151px|esquerda|Entrada no café [[Els Quatre Gats]].]]
En setembro, marchou a Madrid para comezar estudos na [[Academia de San Fernando]]<ref name="Picassobio-1897"/> pero axiña abandona: a atmosfera intelectual da capital, bastante impermeable co [[modernismo catalán]] que Picasso intentaba introducir, non acababa de convencelo. Foi neste período cando crea a efémera revista ''Arte Joven'', unha das raras coleccións completas que se atopa na [[Biblioteca de Catalunya]].<ref>[{{Cita web |url=http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=42 |título=Fitxa del catàleg de la Biblioteca Nacional de Catalunya] |data-acceso=23 de maio de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100922182540/http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=42 |dataarquivo=22 de setembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Porén, aproveitou as súas adoitas visitas ó [[Museo do Prado]] para coñecer mellor a obra de [[El Greco]], que era louvada por artistas e estudosos de finais do [[século XIX]].<ref name="Fermigier bcnMadrid">Fermigier, 1969:12-13</ref>
 
Dende 1898, asinou as seves obras como "Pablo Ruiz Picasso", máis tarde como "Pablo R. Picasso", e só como "Picasso" dende 1901. Este troco non significaba un rexeitamento da figura paterna, senón que se debía a un desexo de distinción de Picasso como personaxe, un feito iniciado polos seus colegas cataláns, que tomaron por costume chamalo polo apelido materno moito menos corrente que o "Ruiz" paterno.<ref name="Fermigier apellido">Fermigier, 1969:9</ref>
Regresou a Barcelona en xuño de 1898, doente de [[escarlatina]] e trasladouse a [[Horta de Sant Joan]], a vila do seu amigo [[Manuel Pallarés i Grau]], co cal monta o seu primeiro estudo de pintura. Nesta estadía, Picasso comeza un certo retorno á natureza, máis en consonancia co ideario modernista, cousa que constituíu un dos primeiros episodios "primitivistas" da súa carreira.<ref name="Fermigier Horta1">Fermigier, 1969:14-15</ref>
 
Abandonada a idea de Madrid e a copia dos grandes mestres, en febreiro de 1899 estaba de volta en [[Barcelona]],<ref name="Picassobio-1899-01">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1899 |título = Biografia, 1899 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés |data-acceso = 23 de maio de 2016 |urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090616181345/http://picasso.tamu.edu/picasso/BioIndex?Year=1899 |dataarquivo = 16 de xuño de 2009 |urlmorta = si }}</ref> onde era adoito da taberna [[Els Quatre Gats]], símbolo do movemento modernista e onde expuxo debuxos por primeira vez. Aquí entra en contacto con outros artistas com [[Carles Casagemas]], [[Jaume Sabartés]] e [[Ramon Casas]].<ref>[{{Cita web |url=http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=32 |título=Text a una felicitació d'any nou de 1903] |data-acceso=23 de maio de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100922183147/http://www.bnc.es/fons/detall.php?id=32 |dataarquivo=22 de setembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Neste ambiente, Picasso entrou en contacto co pensamento [[anarquista]] implantado en Barcelona. A miseria dos barrios baixos de Barcelona, os soldados doentes e feridos que volvían a España despois da desastrosa [[guerra de Independencia cubana]], crearon un ambiente propicio para a violencia social que sen dúbida marcou, a un nivel individual e moral a sensibilidade de Picasso e que es pode apreciar en certos debuxos realizados entre 1897 e 1901: ''O prisioneiro'', ''Un mitin anarquista''.<ref name="Fermigier bcn anarquista">Fermigier, 1969:17-21</ref><ref name="PicassoArtwork-1901">{{Cita web |url = http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1901 |título = Obra, 1901 |autor = Online Picasso Project |lingua = inglés |data-acceso = 23 de maio de 2016 |urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090425150557/http://picasso.tamu.edu/picasso/WorksIndex?Year=1901 |dataarquivo = 25 de abril de 2009 |urlmorta = si }}</ref> Nesta mesma época, expón tamén por vez primeira na histórica [[Sala Parés]] da rúa Petritxol.
 
Entre os anos [[1901]] e [[1904]] alternou a súa residencia entre as cidades de [[Madrid]], [[Barcelona]] e [[París]], mentres a súa pintura entrou na etapa denominada período azul, fortemente influída polo [[simbolismo]].
 
=== ''Naturaleza muerta'' ===
''Naturaleza muerta'' ("Os Paxaros mortos", [[1912]], óleo sobre lenzo 46x65 cm, Museo Nacional [[Museo Raíña Sofía|Centro de Arte Reina Sofía]]<ref>''[http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/naturalezamuertapajaros.html Naturaleza muerta] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091214132022/http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/naturalezamuertapajaros.html |date=14 de decembro de 2009 }}''</ref>). Emprega neste cadro as características fundamentais do cubismo: formas dislocadas, ángulos, planos superpostos, referencias á realidade... Os protagonistas deste lenzo, os paxaros mortos, son de difícil localización, aparecen plumas en diversos planos, picos e patas mesturados con elementos que acercan á realidade como son os titulares dos xornais e textos illados.
 
=== ''La flauta de Pan'' ===
''La flauta de Pan'' ("A frauta de [[Pan (deus)|Pan]]", [[1923]], óleo sobre lenzo 205x174,5&nbsp;cm, Museo Picasso. [[París]]<ref>''[http://www.net-arte.com/Avanzado/obra/flautapan.jpg La flauta de Pan] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070930041222/http://www.net-arte.com/Avanzado/obra/flautapan.jpg |date=30 de setembro de 2007 }}</ref>). Despois da [[primeira guerra mundial]], o mundo artístico regresa a un concepto máis clásico e real das súas obras. Prodúcese unha volta á figuración na que a figura humana toma novamente relevancia. As figuras e o escenario con grandes bloques de pedra recordan o clasicismo grego, pero coa luz, o ceo e o mar do Mediterráneo. Ademais Picasso segue realizando obras cubistas.
 
=== ''Instruments de musique sur une table'' ===
 
=== ''Buste et palette'' ===
''Buste et palette'' ("Busto e paleta"), [[1925]], óleo sobre lenzo 54x65,5&nbsp;cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía<ref>''[http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/bustopaleta.html Buste et palette] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091214110144/http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/bustopaleta.html |date=14 de decembro de 2009 }}''</ref>). Á vez que xorde o movemento surrealista –do que Picasso se distancia a pesar da insistencia en incluílo- el realiza obras de difícil encadramento. Neste caso, un bodegón de sinxela composición, no que ademais dos elementos protagonistas realza o fondo –enreixado e fiestra- cun debuxo de liña certamente agresiva.
 
=== ''La nageuse'' ===
''La nageuse'' ("A nadadora"), [[1934]], carboncillo sobre lenzo 182x216 cm., Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía<ref>''[http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/nadadora.html La nageuse] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091214140620/http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/nadadora.html |date=14 de decembro de 2009 }}''</ref>). Xa comezan a verse as novas formas expresivas que Picasso adoptará no "Guernica", e o seu deseño basearase nestes traballos anteriores. Este é unha mestura de cubismo, figuras retorcidas, luces ... un estilo fundamentalmente expresivo, ideal para transmitir ideas e emocións.
 
=== ''Guernica'' ===
 
=== ''Femme assise dans un fauteuil gris'' ===
''Femme assise dans un fauteuil gris'' ("Muller sentada nunha cadeira de brazos gris", [[1939]], óleo sobre lenzo 130x97 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía<ref>[{{Cita web |url=http://www.spanisharts.com/reinasofia/picasso/sillongris_lt.jpg] |título={title} |data-acceso=10 de marzo de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100102170758/http://spanisharts.com/reinasofia/picasso/sillongris_lt.jpg |dataarquivo=02 de xaneiro de 2010 |urlmorta=si }}</ref>). Picasso utiliza este tema como modelo para realizar numerosos retratos femininos. Neste obsérvase as influencias dos traballos realizados para o "Guernica", a deformación excesiva da cara con formas redondeadas e a conformación do corpo en masas de cor rectangulares. A influencia da [[guerra civil española]] é evidente nestes traballos, onde a expresividade dos rostros é dramática.
 
=== ''Naturaleza muerta'' ===
''Naturaleza muerta'', ("Natureza morta", [[1944]]<ref>[{{Cita web |url=http://www.spanisharts.com/reinasofia/picasso/naturaleza_lt.jpg] |título={title} |data-acceso=10 de marzo de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100102171414/http://spanisharts.com/reinasofia/picasso/naturaleza_lt.jpg |dataarquivo=02 de xaneiro de 2010 |urlmorta=si }}</ref>), óleo sobre lenzo 81x100 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía). Á vez que comeza a realizar [[litografía]]s con evidente entusiasmo, Picasso realiza obras de tema clásico, fundamentalmente bodegóns. Nestas obras volve a aparecer a cor, con tonalidades máis básicas contrastadas. As luces dividen drasticamente o cadro en dúas partes, a superior iluminada e a inferior de sombra.
 
=== ''As Meninas'' ===
 
=== ''El pintor y la modelo'' ===
''El pintor y la modelo'' ("O pintor e a modelo", [[1963]], óleo sobre lenzo 130x195 cm, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía<ref>''[http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/pintormodelo.html El pintor y la modelo] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091214012633/http://www.museoreinasofia.es/coleccion/obras/pintormodelo.html |date=14 de decembro de 2009 }}''</ref>). As obras máis coloristas as realiza Picasso a partir do [[1960]] en Nòtre-Dame-de-Vie onde se traslada a vivir. Neste cadro con caras caricaturescas demostra a súa habilidade de transmitir o sentimento dos protagonistas que están na imaxe. Posiblemente sexa a interpretación dunha época da súa vida privada, con personaxes -pintor, modelo- e as súas situacións persoais do seu contorno.
 
== Notas ==
 
=== Museos e exposicións ===
* [https://web.archive.org/web/20070527035010/http://www.picassotradicionyvanguardia.com/intro.php Exposición "Picasso. Tradición y vanguardia" Museo do Prado e Reina Sofía, Madrid 2006] Inclúe catálogo completo da exposición
* [http://www.museopicassomalaga.org Museo Picasso Málaga]
* [http://www.fundacionpicasso.es Fundación Picasso, Museo Casa Natal]
149.625

edicións