Capadocia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Hammurabi
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 65:
 
=== Período helenístico ===
No século IV a.C. o conquistador macedonio Alexandre Magno emprendeu a conquista de Asia Menor, despois do famoso episodio do nó gordiano, arrebatando Capadocia das mans persas. Deixou ao seu tenente ''Cabictas'' para controlar a rexión, a cal estivo baixo o dominio macedonio ata a morte de Alexandre no [[-323|323 a.C.]]. Un ano despois, Capadocia recuperou a súa independencia e soberanía baixo o liderado de [[Ariarates I]].
 
=== Período romano ===
Liña 74:
Capadocia entón elixiu un líder local chamado [[Ariobarzanes|Ariobarzanes I]], co apoio de Roma, en [[-93|93 a.C.]]. Porén, Ariobarzanes non puido comezar o seu reinado ata trinta anos despois, cando Roma alisoulle o camiño facendo a un lado a os reis Armenios. Na guerra civil que Roma sostivo antes da ascensión ao poder de [[Xulio César]], Capadocia cambiou de bandos entre [[Cneo Pompeio Magno|Pompeio]] e César.
 
Posteriormente, a dinastía Ariobarzanes terminaría, e a rexión mantería a súa independencia tributaria até o ano [[17]], cando o Emperador [[Tiberio]] reduciría á rexión a ser unha provincia romana. Dúas lexións romanas formaron guarnicións permanentes baixo o Emperador [[Vespasiano]], quen buscaba protexer a súa provincia de Levante. As guarnicións aumentaron e convertéronse en fortalezas baixo [[Traxano]], que ademais construíu vías militares na rexión. No [[século III]], as relacións comerciais entre Capadocia e as rexións de Esmirna e [[Éfeso]] estaban tan desenvolvidas, que foron emitidas [[Moeda da Antiga Roma|moedas]] cos nomes destas cidades.
 
=== Período bizantino ===