Thasos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axuste de ligazón interna.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Ligazón interna.
Liña 62:
Á parte da súa situación estratéxica, Thasos, fundouse polas súas minas de ouro, prata e cobre, explotadas anteriormente polos [[fenicios]] e sitas entre as poboacións de Eniras e Esiras, na costa sudoriental fronte á illa de [[Samotracia]], minas que non foron localizadas e cuxa concesión tiñan [[Tucídides]], o historiador, e a súa familia. Alí posuíu minas [[Pisístrato]], das que procedía gran parte da súa fortuna. As minas do continente deberon ser máis produtivas que as insulares. As minas do continente foron explotadas nun primeiro momento polos tracios.
 
A riqueza en prata contribuíu ao desenvolvemento dunha grande actividade de acuñación monetaria. Thasos parece ser unha das primeiras cidades do norte, de Grecia, en acuñar [[Moeda da Antiga Grecia|moeda]].
 
Famosas eran as canteiras de mármore branco. Illa boscosa da que se obtiña madeira e resina. Contrasta co resto das illas do Exeo pola abundancia de augas correntes.