Nove dragóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 16:
'''''Nove dragóns''''' (en {{lang-zh|九龍圖卷}}) é un rolo manuscrito pintado polo artista [[China|chinés]] [[Chen Rong (pintor)|Chen Rong]] no ano [[1244]]. É unha representación das aparicións dos [[Dragón chinés|dragóns]] que acompañan as nubes, os neboeiros, os remuíños, o lume e as montañas rochosas, unha pintura que reflicte as forzas dinámicas da natureza segundo o [[taoísmo]]. Os dragóns descritos son asociados cos nove fillos do Rei Dragón, xa que o número nove é considerado benéfico na astroloxía e crenzas populares chinesas.<ref>{{cita web | url =http://beyond-calligraphy.com/2012/03/06/nine-sons-of-the-dragon-king/| título=Nine Sons of The Dragon King |editor =''Beyond Calligraphy''|autor=Ponte Ryūrui | dataacceso = 17 de outubro de 2013}}</ref>
 
A pintura contén múltiple inscricións e selos, e comeza polo lado dereito e remata polo esquerdo. O lado esquerdo presenta varios colofóns, incluíndo os de Zhang Sicheng e Dong Sixue, un oficial da [[dinastía Song]]. Dúas das inscricións da pintura foron feitas pola propia man do artista.<ref name="DSPP" >{{cita web | url =http://scrolls.uchicago.edu/scroll/nine-dragons| título =Nine Dragons| editor = Digital Scrolling Paintings Project| dataacceso =17 de outubro de 2013| urlarquivo =https://web.archive.org/web/20131017193550/http://scrolls.uchicago.edu/scroll/nine-dragons| dataarquivo =17 de outubro de 2013| urlmorta =si}}</ref> A datación da obra está baseada nunha delas. Segundo a inscrición do final da pintura, o traballo foi inspirado por dous outras pinturas, ''Nove cabalos'' de Cao Ba, e ''Nove cervos'', atribuído a [[Huichong]].<ref name="DSPP" /> Un inscrición máis tardía do [[Emperador Qianlong]] di que ademais de eloxiar a pintura de Chen Rong, Qianlong ordenou a un pintor da corte que fixera unha copia da mesma.<ref name="DSPP"/>
 
{{Panorama|Chen Rong - Nine Dragons.jpg|5000px|Nove dragóns.}}