Natureza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 12 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 130:
Unha dos moitos xeitos de clasificar as plantas é por ''floras rexionais'', que, en función dos obxectivos do estudo, poden incluír tamén á flora [[fósil]], os restos de vida vexetal do pasado. Esta diversidade varía moito debido ás diferenzas de climas e da constitución do [[solo|chan]].
 
A flora rexional adóitase dividir en subcategorías como son ''flora nativa'' a que aparece de xeito espontáneo, a ''flora agrícola'' e a ''flora de xardín'', que son as que cultiva o home intencionadamente. Algunhas clases de flora nativa, en realidade foron introducidas fai [[século]]s, por exemplo, por [[emigrantes]] que viaxaron dunha rexión ou continente a outro, e co paso do tempo convertéronse en parte da flora nativa ou natural do novo hábitat. Este é un exemplo máis de como a acción humana pode influír naquilo que se considera "natureza". Sirva como exemplo o [[castiñeiro]] ''Castanea sativa'', árbore [[caducifolia]] moi común nos montes de [[Galicia]] cuxa forte aclimatación ás terras e condicións galegas fai pensar que é unha especie autóctona, cando en realidade foi introducida no tempo dos [[Imperio romano|romanos]].<ref>http://www.rios-galegos.com/arb33.htm#Historia_do_castiñeiro:_ Historia do Castiñeiro</ref><ref>http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080706175018/http://www.galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm |date=06 de xullo de 2008 }} O Castiñeiro</ref>
 
Outra categoría de plantas son as denominadas "malezas". Aínda que o termo perdeu uso entre os [[botánico]]s como un xeito de designar as plantas "inútiles", o seu uso informal, co que se lle chama en xeral a aquelas plantas que estorban e que compre eliminar, ilustra perfectamente a tendencia xeral das persoas, e das sociedades en xeral, de pretender alterar o curso da natureza. Do mesmo xeito, os animais adóitanse clasificar con denominacións como animais ''domésticos'', ''de granxa'', ''salvaxes'', ''pragas'' etc., segundo a relación que teñan co ser humano.
Liña 149:
 
Cada organismo vivo ten unha relación continua con cada un dos outros elementos que constitúen a súa contorna. Dentro do ecosistema, as especies relaciónanse e dependen unhas das outras formando parte da denominada [[cadea trófica]], e intercámbianse [[materia]] e [[enerxía]], entre elas mesmas e coa súa contorna<ref>http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9d.html Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) Introdución á Biosfera: Introdución ao concepto do ecosistema: A organización da vida ''en inglés''</ref>
[[Ficheiro:Chicago Downtown Aerial View.jpg|dereita|miniatura|250px|<center>Vista aérea dun ecosistema humano. A cidade de [[Chicago]]]]Todas as especies teñen límites de tolerancia aos factores que afectan a súa supervivencia, o seu éxito reprodutivo e a súa capacidade de continuar medrando e interactuando de xeito sostible co resto da súa contorna. Estas, á súa vez, poden influír nestes factores, as consecuencias dos cales poden estenderse a outras moitas especies ou ata á totalidade da vida<ref>http://www.physicalgeography.net/fundamentals/9e.htm{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} Fundamentals of Physical Geography (2nd Edition) Introdución á biosfera: Factores abióticos e a distribución das especies "Abiotic Factors and Tolerance Limits" ''en inglés''</ref>. O concepto de ecosistema é, polo tanto, un obxecto de estudo importante, posto que o devandito estudo proporciona a información necesaria para tomar decisións sobre como a vida humana pode interactuar de forma que permita aos ecosistemas variados un crecemento sostido en orde ao futuro, no canto de espolia-los. Para tal estudo tómase unha unidade máis pequena denominada microecosistema. Por exemplo, un ecosistema pode ser unha pedra con toda a vida que aloxa; un macroecosistema podería comprender unha ecorexión enteira, coa súa conca hidrográfica<ref>http://www.fs.fed.us/institute/news_info/Identifying_ecoregion_boundaries.pdf Identificando os límites dunha eurorexión ''en inglés''</ref>
 
Algúns ecosistemas están sometidos actualmente a un estudo máis intensivo. Son os: