Mundial de Fútbol de 2010: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 125:
Trala elección do país como sede, comezaron os preparativos para a organización do evento. Os principais investimentos, cubertas principalmente polo superávit impositivo, corresponden á infraestrutura tanto deportiva como de transporte e a redución das cifras de criminalidade. Así, máis de 8.400 millóns de [[rand surafricano|rand]] (aproximadamente 1.100 millóns de [[USD|dólares]]) foron destinados orixinalmente á remodelación e construción dos estadios, cuxas obras se iniciarían durante [[xaneiro]] de [[2007]] trala demolición de antigos recintos. A cifra, con todo, era equivalente a 3,5 veces o orzado durante a presentación da candidatura.<ref>{{Cita web |url=http://www.news24.com/News24/Sport/Soccer/0,,2-9-840_2006517,00.html |título=SA faces R8.4bn stadium bill |data-acceso=09 de xuño de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20061022131341/http://www.news24.com/News24/Sport/Soccer/0,,2-9-840_2006517,00.html |dataarquivo=22 de outubro de 2006 |urlmorta=si }}</ref> Adicionalmente, o goberno anunciou que a policía nacional contaría para [[2010]] con 10.000 efectivos máis que nesa data.
 
Co paso dos meses, o desenvolvemento dos preparativos foi posto en cuestión e comezaron a xurdir rumores sobre un posible traslado da sede do torneo debido aos atrasos existentes.<ref>[http://football.guardian.co.uk/worldcup2006/story/0,,1818166,00.html Doubt over South Africa 2010]</ref> [[Franz Beckenbauer]], presidente do Comité Organizador da [[Copa Mundial de Fútbol de 2006]] manifestou publicamente a súa preocupación polo estado de avance das obras.<ref>[http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/football/africa/5362504.stm Beckenbauer issues 2010 warning]</ref> Con todo, a FIFA ratificou que a sede non sería cambiada e que só se avaliaría aquilo ante un desastre natural de gran magnitude. Con todo, o [[29 de xuño]] de [[2008]] o presidente da [[FIFA]] dixo ter un "Plan B" listo no caso de que o país africano tivese problemas na organización, aínda que ratificou a Suráfrica como sede para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.<ref>[http://www.goal.com/es-a/Articolo.aspx?ContenutoId=756742 A FIFA ten un "Plan B" para Suráfrica 2010]</ref> Días despois, especuláronse os nomes de posibles organizadores no caso de que Suráfrica non puidese ser anfitrioa do mundial do 2010, [[Australia]], [[España]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] soaron bastante forte, debido a que o [[Estadio Nelson Mandela Bay]] de [[Porto Elizabeth]] non estaría a tempo para a Copa FIFA Confederacións [[2009]].<ref>[http://www.as.com/futbol/articulo/futbol-australia-pode-relevar-sudafrica/dasftb/20080709dasdaiftb_69/Tes Australia pode relevar a Suráfrica]</ref> O [[17 de xullo]] apareceu en distintos medios de comunicación que Brasil podía adiantar a súa sede en 2014 e realizar o mundial en 2010 e Suráfrica pasaría a organizar o mundial no 2014.<ref>[http://www.iol.co.za/index.php?set_ide=6&click_ide=19&art_ide=vn20061026104007469C369389 SA will host 2010 World Cup, says Blatter]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
En calquera caso, o Mundial finalmente celebrarase en Suráfrica como estaba previsto, tal e como asegurou Joseph Blatter o [[15 de decembro]] de [[2008]]. Non só confirmou que o campionato se celebraría alí e que se descartou de maneira oficial calquera alternativa, senón que expresou publicamente a satisfacción que lle produce que se celebre este torneo por primeira vez en África.<ref>[http://www.marca.com/edicion/marca/futbol/camino_al_mundial/2010/es/desarrollo/1192264.html Suráfrica será a sede do Mundial, non hai plan B]</ref>