Manaus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 12:
 
=== Orixe do nome: de poboado e vila a cidade ===
O nome "Manaus" é orixinado da tribo ''Manaos'', hoxe extinta, que habitaba a rexión cando a chegada dos colonizadores portugueses, que a fundaron en [[1669]] co [[Fortaleza (arquitectura militar)|forte]] de São José do Rio Negro.<ref name="História de Manaus">{{Cita web |url=http://www.manaus.am.gov.br/culturaeturismo/nossa-cidade/nossa-historia2 | editorial= Prefeitura de Manaus |título = Breve histórico da cidade |data-acceso=20 de novembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100510122411/http://www.manaus.am.gov.br/culturaeturismo/nossa-cidade/nossa-historia2 |dataarquivo=10 de maio de 2010 |urlmorta=si }}</ref>
 
Foi elevada a [[vila]] en [[1832]] co nome de ''Manaus'', que significa ''"Mai dos deuses"'', en homenaxe á nación indíxena dos [[Manaós]],<ref name="Manaus Amazonas">{{Cita web |url=http://www.guiadoturista.net/amazonas/manaus.html| título=Manaus Amazonas| páxina-web= Guia do Turista}}</ref> sendo legalmente transformada en [[cidade]] o día [[24 de outubro]] de [[1848]] co nome de ''Cidade da Barra do Rio Negro''.<ref name="Manaus Amazonas"/> O [[4 de setembro]] de [[1856]] volveu ter o seu nome actual.<ref name="História de Manaus" />
Liña 19:
 
=== Histórico ===
O [[3 de xuño]] de [[1542]] o [[Río Negro, río Amazonas|Río Negro]] foi descuberto por [[Francisco de Orellana]], que lle puxo o nome. A zona na que se atopaba o forte de São José da Barra do Rio Negro foi habitada primeiramente polas tribos Manaós, barés, banibas e passés, as cales axudaron na construción do forte e pasaron a vivir en pallozas humildes nas proximidades do forte.<ref name="Manaus Amazonas" /> A tribo dos ''manáos'' (na grafía antiga, actualmente{{Cando}} máis coñecida como Manaós)<ref name="História dos Manaós">{{Cita web |url = http://www.nacaomestica.org/ajuricaba.htm|publicación = Nação Mestiça| título = Biografia do Tuxaua Ajuricaba|data = novembro de 2011|data-acceso = 28 de xaneiro de 2011|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20111120031439/http://www.nacaomestica.org/ajuricaba.htm|dataarquivo = 20 de novembro de 2011|urlmorta = si}}</ref>, considerada orgullosa polos portugueses, negábase a ser dominada e servir de man de obra escrava e entraba en enfrontamento cos habitantes do forte.<ref name="História dos Manaós"/> Estas loitas só terminaron cando os militares portugueses comezaron a conectar cos manaós a través de vodas coas fillas dos Tuxauas, dando comezo así á intensa [[mestizaxe]] na rexión e dando orixe aos [[caboclo]]s. Un dos líderes dos Manaós foi o indíxena [[Ajuricaba (indíxena)|Ajuricaba]], que se opuxo á colonización dos portugueses e que, porén, apoiaba aos holandeses: Ajuricaba foi aprisionado e enviado a [[Belém, Pará|Belém]], pero morreu en circunstancias misteriosas no percorrido da viaxe. Reza a lenda, que se lanzou ao río que tanto amaba, o río Negro, morrendo afogado xunto a outro líder indíxena.<ref name="História dos Manaós"/>
 
Debido á colonización portuguesa, foi efectuado un traballo de esquecemento ou intento de borrar os trazos e obras históricas dos pobos indíxenas. Pódese notar pola destrución do cemiterio indíxena, onde hoxe se atopa a Praza Don Pedro e o Palacio Río Branco.<ref name="Praça Don Pedro">{{Cita web | url = http://portalamazonia.globo.com/pscript/amazoniadeaaz/artigoAZ.php? idAz=493 | páxina-web = Portal Amazonia | título = Centro Histórico de Manaus | data = setembro de 2010 | data-acceso = 20 de novembro de 2011 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090820201528/http://portalamazonia.globo.com/pscript/amazoniadeaaz/artigoAZ.php | dataarquivo = 20 de agosto de 2009 | urlmorta = si }}</ref> Cando o gobernador [[Eduardo Ribeiro]] remodelou a praza e mandou nivelar as rúas que a cercaban, foron achados gran número de ''igazaba'', pero actualmente non existe ningún marco indicando a súa existencia.<ref name="História dos Manaós" />
 
== Problemas sociais e desenvolvemento urbano ==
Liña 57:
En outubro de 2011, durante a cerimonia de apertura da Ponte sobre o [[Río Negro, río Amazonas|río Negro]], que abarca 3595 metros e tivo un custo de 1,1 mil millóns de dólares, por mor do 342 aniversario da capital do Amazonas, a [[Dilma Rousseff|Presidenta]] anunciou o agasallo de aniversario prometido: a prolongación da Zona Franca de Manaus durante 50 anos máis e a extensión dos beneficios a toda a rexión metropolitana. Rousseff fixo fincapé en que a extensión dos incentivos para o Polo Industrial de Manaus, xunto coa Ponte, xerará emprego e permitirá a preservación do medio ambiente.<ref name="Inauguração da Ponte Rio Negro">{{Cita web| url=http://g1.globo.com/amazonas/noticia/2011/10/dilma-inaugura-ponte-e-estende-zfm-municipios-da-regiao-metropolitana.html|título=(...)Dilma estende ZFM aos municípios da Região metropolitana| páxina-web= G1.Globo.com |dataacceso=16 de novembro de 2011}}</ref>
 
Para o goberno do [[Estado do Amazonas, Brasil|Amazonas]] a ponte vai máis alá da arquitectura monumental, levando o desenvolvemento ás rexións do [[río Purus]] e o [[Solimões]], alén dos municipios adxacentes. Un exemplo é a produción oleira en Iranduba e o incremento do turismo en Novo Airão e outros municipios da RMM. Preténdese duplicar a estrada Iranduba-Manacacupu (AM-070), permitindo aos produtores rurais que se conecten a través da rede viaria á capital sen a necesidade de "intermediarios" comerciais.<ref name="Amazonas inaugura Ponte Rio Negro">{{Cita web |url=http://www.amazonas.am.gov.br/2011/10/governo-do-amazonas-inaugura-ponte-rio-negro-em-solenidade-com-mais-de-100-mil-pessoas/ |título= Governo do Amazonas inaugura Ponte Rio Negro |publicación=Governo do Amazonas |data-acceso=20 de novembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130731191919/http://www.amazonas.am.gov.br/2011/10/governo-do-amazonas-inaugura-ponte-rio-negro-em-solenidade-com-mais-de-100-mil-pessoas/ |dataarquivo=31 de xullo de 2013 |urlmorta=si }}</ref>
 
A ponte, bautizada como Ponte Rio Negro, é a maior ponte de tirantes do Brasil, xa que a sección suspendida por cables mide 400 metros; é ademais a segunda maior ponte fluvial no mundo, superada só pola ponte sobre o río Orinoco, en Venezuela. Na súa construción empregáronse ​​aceiro e cemento en cantidade suficiente para erguer tres estadios do [[Estadio do Maracanã|Maracanã]]. Debido á acidez das augas do Río Negro, engadíronse materiais silíceos anticorrosivos ao cemento empregado nas estacas e no taboleiro.<ref name="Ponte Río Negro">{{Cita web |url=http://www.amazonas.am.gov.br/2011/10/governo-do-amazonas-conclui-ponte-rio-negro-um-marco-para-a-integracao-da-regiao-metropolitana-de-manaus/ |título=Governo-do-amazonas-conclui-ponte-rio-negro-um-marco-para-a-integracao-da-regiao-metropolitana-de-manaus|publicación=Governo do Amazonas|data-acceso=20 de novembro de 2011|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20111228224709/http://www.amazonas.am.gov.br/2011/10/governo-do-amazonas-conclui-ponte-rio-negro-um-marco-para-a-integracao-da-regiao-metropolitana-de-manaus/|dataarquivo=28 de decembro de 2011|urlmorta=si}}</ref>
 
A súa anchura total é de 20,70 metros no treito convencional e 22,60 metros na parte con tirantes. A vía terá catro pistas de tráfico, dúas en cada sentido, ademais da franxa de paseo para peóns a cada lado. O mastro central soporta dous vans de 200 metros a cada lado. A estrutura, en forma de diamante, está dividida en tres partes: un cono de punta-cabeza por baixo do taboleiro, un cono por enriba do taboleiro e o principio do mastro. O formato aerodinámico foi adoptado para diminuír a fricción co vento.<ref name="Ponte Río Negro"/>