Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: +control autoridades using AWB
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 4:
 
== Etimoloxía ==
A orixe da palabra ''loucura'' é incerta e sobre ela existen varias posibles hipóteses. Unha delas é a que di que provén da palabra [[Latín|latina]] ''locus'', que significa lugar, pero tamén de ''luce'', [[luz]], ''per contrarium sensum''. Tamén do latín ''loquo'', que quere dicir "conversar"<ref name= atienza>ATIENZA, B. ''[http://books.google.es/books?id=_GVOWYJ2eV4C&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false El loco en el espejo. Locura y melancolía en la España de Lope de Vega]''. Rodopi, 2009. {{es}}</ref>. Á súa vez, a palabra ''tolo'' pode provir do [[celta]] ''*tullon'', furado, pero tamén é posible que do latín ''tollere'', quitar <ref>CONCEPCIÓN SUÁREZ, X. ''[http://www.xuliocs.com/index.php?pagina=http://www.xuliocs.com/etimologlexic.htm Páxina cultural de Lena/Tsena] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20140911002909/http://www.xuliocs.com/index.php?pagina=http%3A%2F%2Fwww.xuliocs.com%2Fetimologlexic.htm |date=11 de setembro de 2014 }}''. {{es}}</ref>.
 
== Definición e límites ==
Liña 29:
Nas culturas [[Grecia antiga|grega]] e [[Roma Antiga|romana]] o concepto de loucura estivo emparentado cos de responsabilidade e culpabilidade en relación ca ''polis''. No [[Antigüidade clásica|mundo clásico]] distinguíase entre loucura mala e boa. A loucura mala era un escándalo que había que deter, nela o tolo era aquel que perdeu a razón, volvéndose outra persoa. Esta loucura tomaba dúas formas: a da ''insania'', na cal o individuo mantiña o cumprimento dos seus deberes sociais, e a do ''furor'', que esixía a súa cura<ref name= gil>GIL, D. ''[http://books.google.es/books?id=4-U3mt2J8LsC&printsec=frontcover&nun=100#v=onepage&q&f=false Escritos sobre locura y cultura]''. Ediciones Trilce, 2007. {{es}}</ref>.
 
En tempos de [[Hipócrates]] as perturbacións mentais non se consideraban doenzas, aínda que a [[mitoloxía grega]] abonda en exemplos de loucura. Na tradición [[Homero|homérica]] o home enfermaba mentalmente porque os [[deus]]es lle quitaban o espírito, de aí que en [[Grecia antiga|Grecia]] os tolos fosen tratados por [[sacerdote]]s por medio de cerimonias relixiosas. [[Platón]] defendía que existen dúas clases de insania: a loucura e a ignorancia; e dúas clases de loucura ou manía: unha era resultado da enfermidade e a outra a loucura celestial, que consideraba un don dos deuses e na que vía cualidades proféticas. Así, o delirio dos profetas é producido por [[Apolo]], o dos ''iniciados'' por [[Dioniso]], o dos poetas polas [[musa]]s e o dos amantes por [[Afrodita]] e [[Eros]]<ref name= capponi>CAPPONI, R. ''[http://adisamef.com/fondo%20documental/libros_digitales_salud_mental/26_psicopatologia_y_semiologia_psiquiatrica_ricardo_capponi.pdf Psicopatología y semiología psiquiátrica] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20120907020216/http://www.adisamef.com/fondo%20documental/libros_digitales_salud_mental/26_psicopatologia_y_semiologia_psiquiatrica_ricardo_capponi.pdf |date=07 de setembro de 2012 }}''. [http://adisamef.com Asociación para la Docencia e Investigación en Salud Mental de Eivissa y Formentera] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20130329015744/http://www.adisamef.com/ |date=29 de marzo de 2013 }}. {{es}}</ref>.
 
=== Idade Media: a loucura como intervención do diaño ===