Diferenzas entre revisións de «Laúde»

Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m (→‎O laúde no mundo moderno: Música renacentista)
(Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
O laúde gozou dun renacemento co espertar do interese na música histórica ao redor de [[1930]] e ao longo do [[século XX]], e ese rexurdir foi impulsado polo movemento a prol da música antiga, [[Música renacentista|renacentista]] e [[Música barroca|barroca]]. [[Julian Bream]] fíxose famoso polos seus concertos de laúde e [[violín]], así como [[Hans Neemann]], [[Walter Gerwig]], [[Suzanne Bloch]] e [[Diana Poulton]].
 
Os laúdes actuais son réplicas ou case copias daqueles [http://www.cs.dartmouth.edu/lsa/associated/index.html#Lautenweltadressbuch instrumentos históricos]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} que sobreviviron e atópanse nos museos ou en coleccións privadas, pero aínda é posible atopar artesáns dedicados á construción de novos laúdes. Realízanse por encargo, ou poden adquirirse de segunda man nun mercado moi limitado. Como resultado diso, os laúdes son, en xeral, máis caros cós instrumentos modernos producidos en masa, como a [[guitarra]], aínda que non tan caros coma un [[violín]].
 
A diferenza do que ocorría noutras épocas, hoxe existen moitos tipos de laúde: [[Medievo|medievais]], [[Renacemento|renacentistas]], o [[arquilaúde]] para obras [[Barroco|barrocas]], [[tiorba]]s para partes de [[baixo continuo]] en conxuntos barrocos, e outros.
199.288

edicións