Liga ACB: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 353:
 
=== Resultados ===
A [[Liga Española de Baloncesto (1957-1983)|Liga Nacional]] foi a primeira denominación do campionato de primeira división de baloncesto. Das vinte e sete edicións da mesma, o [[Real Madrid Baloncesto|Real Madrid]] saíu vencedor en vinte e dúas ocasións, sendo unicamente superado en cinco ocasións, das cales catro foi subcampión. Os outros vencedores foron o [[FútbolFutbol Club Barcelona (baloncesto)|Club de Fútbol Barcelona]] de baloncesto con tres títulos e o [[Club Joventut de Badalona]] con dous campionatos. Desde que a competición pasou a ser organizada pola [[Asociación de Clubs de Baloncesto]] baixo a denominación de Liga ACB, un total de sete equipos resultaron vencedores. Alén do Real Madrid, o Barcelona e o Joventut, conseguiron vencer o [[Saski Baskonia]], o [[Bàsquet Manresa]], o [[Club Baloncesto Málaga]] e o [[Valencia Basket]]. A mellor xeira de títulos logrouna o Real Madrid, quen conseguiu proclamarse campión en dez temporadas consecutivas entre 1967 e 1977.
 
O xogador croata [[Velimir Perasović]] foi máximo anotador da liga en catro tempadas consecutivas co [[Baloncesto Fuenlabrada]], alén dunha vez anteriormente co [[Club Baloncesto Breogán]]. Desde a temporada 1990−91 entrégase o premio ao mellor xogador da final sendo [[Juan Carlos Navarro]], con tres, o máis galardoado. Un ano despois empezou a entregarse o premio ao mellor xogador da liga regular recaendo en tres ocasiones no estadounidense [[Darryl Middleton]], por diante das dúas ocasións logradas por [[Arvydas Sabonis]], [[Tanoka Beard]] e [[Luis Scola]].