Lingua: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Apartado novo: Conflicto lingüístico
Gallaecio (conversa | contribucións)
Novos apartados: "Lingua minoritaria" e "Lingua minorizada"
Liña 23:
 
A lingua constitúe nesta sociedade un elemento de distinción de clase, un “status simbol”, un indicador simbólico da posición social. Deste xeito os falantes da lingua dominante non teñen ningún problema para desenvolver a súa vida sen necesidade de recorrer á lingua dominada, mentres que os falantes da lingua dominada ven restrinxido o seu desenvolvemento social. Desde a perspectiva dos individuos que queren ascender socialmente a resposta a esta situación é a asimilación, ou sexa a perda da propia identidade cultural e lingüística.
 
==Lingua minoritaria==
 
'''Lingua minoritaria''' é aquela lingua que conta cun número reducido de falantes. Non confundir con [[Lingua#Lingua minorizada|lingua minorizada]].
 
==Lingua minorizada==
 
'''Lingua minorizada''' é aquela lingua á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos (medios de comunicación, administración de Xustiza, vida comercial, publicidade, ensino, burocracia, liturxia, etc.) e privados.
 
===Graos de vitalidade===
 
A vitalidade das linguas minorizadas presenta distintos graos:
 
* ''Linguas en proceso de normalización''. Son as que estás a recuperar ámbitos sociais de uso. É o caso do [[Lingua francesa|francés]] no [[Quebec]].
* ''Linguas en proceso de substitución''. Son as que perden progresivamente ámbitos de uso e falantes. Por esta situación pasan a maior parte das linguas de [[Nova Guinea]] ou o [[occitano]] en [[Francia]].
* ''Linguas extinguidas''. Son as que non teñen uso e que non contan con falantes con competencia lingüística nelas. Neste caso están o [[Lingua dálmata|dálmata]] ou o [[hitita]].
* Pódese contemplar outro tipo de linguas minorizadas. Son as que están vivindo simultáneamente procesos de ''normalización e substitución'', isto é, gañan ámbitos de uso nunca antes desenvolvidos, mais perden falantes e debilítase o seu uso en contextos que lles foron exclusivos. Tal é o caso do [[Lingua galega|galego]].
 
===Tipos de linguas minorizadas===
 
Se temos en conta o estatus atopamos tres tipos de linguas minorizadas ou non normalizadas:
 
* As linguas de pequenos estados independentes, por exemplo, o [[Lingua gaélica escocesa|gaélico]] en [[Irlanda do Norte]].
* As linguas de pequenas nacións que se integran nun estado que ten outra lingua coma oficial. É o caso do [[Lingua galesa|galés]], o [[corso]], o [[sardo]], o [[Lingua galega|galego]], o [[bretón]], etc.
* As linguas de pequenas nacións que teñen o seu territorio fragmentado en varios estados, coma o [[Lingua éuscara|éuscara]], o [[occitano]], o [[Lingua catalá|catalán]], etc. Pódese incluir aquí o das comunidades lingüísticas fronterizas coma [[Alsacia]] ou [[Lorena]] (de [[Lingua alemá|fala alemá]] en [[Francia]]) ou do [[val de Aosta]] (de [[Lingua francesa|fala francesa]] no [[Italia|estado italiano]]).
 
==Véxase tamén==
 
*[[Linguas do mundo]]
===Artigos relacionados===
*[[Linguas en perigo de extinción]]
 
*[[Interferencia lingüística]]
* [[Linguas do mundo]] | [[Linguas en perigo de extinción]]
* [[Interferencia lingüística]]
 
[[Category:linguas do mundo]]
[[Category:lingüística]]