Diferenzas entre revisións de «Karate»

Recuperando 6 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
(Recuperando 6 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
A influencia chinesa foi maior nun primeiro estadio de desenvolvemento, cambiando un paradigma primitivo dunha loita simple con agarramento e proxeccións, con máis énfase nos golpes traumáticos, e fíxose sentir nas técnicas dos estilos máis fluídos e pragmáticos da China meridional.<ref name="ref7">{{Cita libro|apelidos=Higaonna|nome=Morio|título=Traditional Karatedo Vol. 1 Fundamental Techniques|ano=1985|isbn =0-87040-595-0|páxina=17|lingua=inglés}}</ref> Despois, en razón do cambio do escenario xeopolítico, comezou o tempo de predominio das disciplinas de combate do Xapón e, nese período, o máis común era simplificar aínda máis os movementos de orixe do ''chuan fa'', facéndoos máis directos e renunciando a aquilo que non fose útil, como movementos acrobáticos ou que eran executados máis por razóns estéticas.<ref name="ref2"/>
 
O repertorio de técnicas do karate reúne principalmente golpes contundentes (''[[atemi waza]]''), como patadas, sopapos, xeonlladas etc., executados todos coas mans desarmadas. Porén, técnicas de proxección, inmobilización e bloqueos (''[[nage waza]]'', ''[[katame waza]]'', ''[[uke waza]]'') tamén poden ser ensinadas, con maior ou menor importancia dependendo de onde se practica e quen é o instrutor.<ref name="ref4">{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.wakefieldmeibukan.com/whatismeibukankarate.htm|título=What is Okinawa Goju Ryu Karate-Do? - Wakefield Traditional Karate Association|dataacceso=23 xaneiro 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130207061341/http://www.wakefieldmeibukan.com/whatismeibukankarate.htm|dataarquivo=07 de febreiro de 2013|urlmorta=si}}</ref>
 
''Grosso modo'', pódese afirmar que a evolución desta arte marcial foi conducida por grandes mestres, que a formaron e asentaron seus principios, rematando no karate moderno. O paradigma tradicional de ensino era da maneira xaponesa, con base nos ''[[kata]]'' (secuencia de técnicas, simulando loita con varias aplicacións prácticas). Mais o modelo que se fixou e rixe ata hoxe baséase en tres piares: ''[[kihon]]'' (técnicas básicas), ''[[kata (karate)|kata]]'' e ''[[kumite]]'' (enfrontamento en si, que pode ser simple simulacro ou darse de forma deportiva e competitiva ou máis próxima á realidade).<ref name="ref6">{{cita web|lingua=inglés|url=http://uechi-ryu.com/content/pdf/bubishi_article_by_stanic_milos.pdf|dataacceso=23 de novembro de 2014|formato=PDF|título=Okinawan Bubishi|autor=Stanić Miloš}}</ref>
Entrementres, o dominio xaponés consolidouse cun duro golpe para o pobo okinawano cando, en [[1609]], o clan samurai de Satsuma, coa aprobación do emperador do Xapón, subxugou a rexión e engandiu ao imperio nipón o Reino de Lequias. Nesta invasión, os samurais encontraron pouca ou ningunha resistencia, porque, dadas as circunstancias, o rei local declarara que a vida era o máis importante tesouro e recomendou que a poboación das illas non protestase ou contestase a agresión estranxeira.
 
Trala invasión, Lequias aínda permanecera na situación de estado máis ou menos autónomo, pero, ao contrario do escenario anterior, baixo o control e a influencia do Xapón, que se tornaba paulatinamente preponderante, pois os samurais impuñan os seus propios pensamentos. Desta época, inclusive, data a introdución do estilo [[Jigen-ryu]], de [[kenjutsu]].<ref>{{Cita web|lingua=castelán|url=http://www.okinawakarate.com.ar/histkar.html|título=Historia Shorin Ryu|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090321024604/http://www.okinawakarate.com.ar/histkar.html|dataarquivo=21 de marzo de 2009|urlmorta=si}}</ref>
 
=== Mans de Okinawa ===
De forma distinta do que é o karate contemporáneo, o combate en ''mutō'' realízase con empurróns ao inicio e, despois, séguese con técnicas de derrubamento e luxación. Vencía aquel que derrubase ou sometese ao contrario. Era unha práctica cuxo principal obxectivo era o entretemento, mais que, segundo algúns autores e mestres, sería a semente do karate, que foi entón paulatinamente sendo moldeado e modificado so a influencia do boxeo chinés do Sur.<ref>{{Cita libro|lingua=portugués|título=Karate-do, meu modo de vida|autor=Funakoshi, Gichin|localización=São Paulo|editor=Pensamento-Cultrix|ano=1975|páxina=129}}</ref><ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Ancient Okinawan Martial Arts. Koryu Uchinadi|autor=McCarthy, Patrick; McCarthy, Yuriko|localización=Massachusetts|editor=Tuttle|ano=1999|páxina=1}}</ref><ref>{{Cita libro|lingua=inglés|título=Tales of Okinawa's great masters|autor=Nagamine, Shōshin|localización=Massachusetts|editor=Tuttle|ano=2000|páxina=28|isbn=0804820899}}</ref>
 
Algúns argumentan que o embrión sería unha lei que o Rei Sho Hashi, non moito despois da unificación do reino, promulgou e que prohibiu a posesión de calquera arma por parte da poboación civil, [[katana gari]] ({{lang|ja|刀狩}}), co obxectivo de conter eventuais sentimentos de revolta. Este acontecemento é de feito importante, mais non pode dar total sustentación a esta idea, porque a caste guerreira mantivo os seus privilexios e costumes, ata para poder continuar desempeñando as súas funcións no reino e perante a sociedade en xeral. Nin mesmo a restrición ao uso de armas imposta polos samurais de Satsuma foi ampla ata o punto de coutar as prerrogativas dos guerreiros de Okinawa, exactamente polos mesmos motivos, de que os nobres deberían continuar en súas funcións propias.<ref>{{Cita web|lingua=alemán|url=http://www.familygym.ch/FamilyGym/Karate_Geschichte.html|título=Karate Geschichte|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130524095720/http://www.familygym.ch/FamilyGym/Karate_Geschichte.html|dataarquivo=24 de maio de 2013|urlmorta=si}}</ref>
 
Sábese de certo que, a mediados do [[século XVII]], xa estaba estabelecida unha arte marcial en Okinawa sen armas, coñecida como "te" ou "ti" (en [[Lingua okinawana|uchinaguchi]]), adestrada polos nobres guerreiros, por causa das súas obrigas militares. A existencia desta arte marcial queda demostrada pola existencia, xa naquel período, de tres variantes máis ou menos semellantes mais diferenciadas, [[Naha-te]], [[Tomari-te]] e [[Shuri-te]], que se formaron respectivamente nas tres cidades que lles prestaron os nomes.<ref>{{cita libro|lingua=portugués|título=Ensinamento dos mestres|nome=Ricardo|apelidos=Serravalle Guimarães|editor=Clube de Autores|ano=2006}}</ref>
Destacaron máis os estilos de [[Shuri]], por ser o estilo da capital do reino, e de [[Naha]], por ser cidade portuaria e máis importante sitio mercantil. Non obstante, aínda que tivese menor importancia no escenario da época, por ser principalmente unha cidade de traballadores, pescadores e labradores, [[Tomari]], debido exactamente as súas características, desenvolveu o estilo peculiar e moitas veces erradamente confundido co estilo de Shuri.
 
Na liñaxe do estilo [[Shuri-te]], caracterizado polas posturas naturais e por movementos de desprazamento e de golpes en liña recta, seguíronse a ''sensei'' Higa, máis ou menos nunha secuencia de instrutor e alumno, os mestres [[Peichin Takahara]], [[Kanga Sakukawa]] e [[Sokon Matsumura]]. Mestre Sakukawa, por suxestión de Peichin Takahara, foi aprender co chinés [[Kushanku]], mestre de ''[[wushu]]'' e, despois, directamente naquel país.<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.bushinkai.org.uk/page20.htm|título=Bushinkai - Karate History|dataacceso=29 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140226112236/http://www.bushinkai.org.uk/page20.htm|dataarquivo=26 de febreiro de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
Mentres tanto, en Tomari, o estilo da urbe adquiría unha característica máis acrobática. Os principais representantes da rexión foron os mestres [[Karyu Uku]] e [[Kishin Teryua]], que deixarían a súa arte a [[Kosaku Matsumora]]. En [[Naha]], o ''Ti'' evolucionaba nunha dirección diversa, con movemento de extrema contracción, golpes de curto alcance e perfeccionamento do corpo para recibir golpes e técnicas de respiración (''[[ibuki]]'').<ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.shuriway.co.uk/ryukyuhist.html|título=History of Okinawan Karate-Do|dataacceso=30 de marzo de 2014}}</ref>
Os esforzos do mestre Itosu non tiveron os efectos anhelados, mais continuaron polas mans dos seus alumnos, que crearon outros estilos, máis novos e máis adecuados para divulgar a modalidade.
 
A nova xeración uniu forzas. O Mestre [[Kenwa Mabuni]] sistematizou os estilos [[Naha-te]] e [[Shuri-te]] nunha única vertente, a cal chamou [[Shito-ryu]] e pretende preservar as ''kata'' nas súas formas tradicionais. Mestre [[Choshin Chibana]], á súa vez, compilou o seu coñecemento nunha escola chamada [[Kobayashi-ryu]], que pretende preservar as exactas formas por el aprendidas dos famosos mestres Matsumura e Itosu.<ref>{{cita web|lingua=portugués|url=http://www.karatezine.com.br/2014/01/shito-ryu-fundadores-e-historia-do.html#.VHyDRckph3s|dataacceso=30 de novembro de 2014|título=Shito Ryu fundadores e história do karate|data=12 de xaneiro de 2014}}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
Non obstante, quen tivo máis éxito na divulgación do karate no Xapón foi mestre [[Gichin Funakoshi]], que aproveitou o interese despertado principalmente despois da vitoria do mestre Choki Motobu sobre o loitador ruso. Mais con isto non se pode esquecer que foron de fundamental importancia os esforzos conxugados doutros grandes mestres, coma Mabuni, Miyagi, Motobu etc., porque crearon as condicións necesarias para o éxito da tarefa.
Nalgún momento, so influencia da cultura xaponesa, algúns pasaron a atribuír graos, nun sistema de tres niveis: inicial, intermedio e final. Eventualmente, algúns mestres tamén adoptaron o sistema de [[Menkyo]], máis ou menos parecido ao sistema de tres niveis, mais posuía un carácter máis formal.<ref>{{cita web|formato=PDF|url=http://www.minrec.org/wilson/pdfs/History%20of%20Belts%20and%20Ranks.pdf|dataacceso=1 de decembro de 2014|título=The History of Karate Belts and Ranks}}</ref>
 
Cando volveu da súa viaxe a [[Toquio]] e tralo contacto máis próximo con Jigoro Kano, o mestre Gichin Funakoshi levou á súa terra o modelo de rangos en uso no instituto Kodokan, o sistema [[Dan-i|Dankyuisei]], con cintos colorados, para indicar o grao de coñecemento do alumno. Este sistema foi adaptado do xogo de taboleiro [[Go]] polo mestre Kano. E Funakoshi adaptouno para o seu [[dojo]].<ref>{{cita web|formato=PDF|url=http://www.oskfpr.com/Documents/Una%20breve%20historia%20del%20Sistemas%20de%20Rango%20utilizados%20en%20la%20actualidad%20el%20Karate.pdf|título=Una breve historia del Sistemas de Rango utilizados en la actualidad en Karate|autor=Eric M. Garcia|dataacceso=1 de decembro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160309105458/http://oskfpr.com/documents/una%20breve%20historia%20del%20sistemas%20de%20rango%20utilizados%20en%20la%20actualidad%20el%20karate.pdf|dataarquivo=09 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref>
 
== Deporte ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.allmartialart.com WASKO - World all styles Kickboxing organization (WASKO)]
* [httphttps://wwwweb.archive.org/web/20180322091124/http://freefighting.org/ WFFO - World free fighting organization (WFFO)]
* [http://www.closedefenceart.org WCDA - World Close Defence Assocation (WCDA)]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}
 
{{Control de autoridades}}
114.639

edicións