Judo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 9 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 45:
Kano comezou unha busca para elaborar un principio unificador das técnicas que aprendera. Así, formulou o concepto da máxima eficiencia co menor gasto de enerxía, porque só aquelas técnicas que preservasen ao máximo o loitador e que realmente funcionasen, deberían ser parte das ensinanzas da súa futura escola; para el unha persoa non debería esgotarse para se librar dunha agresión, ao contrario, debería empregar o máximo da enerxía allea en favor seu.<ref>{{Cita web|lingua=castelán|título=Judo. La fuerza humana con la máxima eficiencia disponible|editor=Conade|url=http://www.conade.gob.mx/Documentos/Publicaciones/Judo.pdf|dataacceso=23 de xaneiro de 2014}}</ref>
 
O ''dojō'' de Jigoro Kano, que foi aberto en [[1882]], recibiría o nome de Kodokan, no Templo Eishoji.<ref>{{Cita web|url=http://www.judobrasil.net/historia2.htm|título=História do Judô|lingua=portugués|dataacceso=19 de xaneiro de 2014|editor=Judô Brasil|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160304190535/http://www.judobrasil.net/historia2.htm|dataarquivo=04 de marzo de 2016|urlmorta=si}}</ref> Porén, Kano non cría que o seu estilo de jujutsu estivese completo e acabado.<ref>{{Cita web|url=http://www.kodokan.org/e_basic/history.html|título=History of Kodokan Judo|lingua=inglés|editor=Kodokan|dataacceso=21 de xaneiro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130724072601/http://www.kodokan.org/e_basic/history.html|dataarquivo=24 de xullo de 2013|urlmorta=si}}</ref> A base ficaba asentada nos dous estilos que máis practicou, pero recibiría influencia doutros estilos e doutras formas de loita, coma o [[sumo]], o [[aikido]] e mailo [[karate]].
 
Tras a inauguración do instituto Kodokan, o mestre continuou a practicar judo cos seus mellores alumnos, coa intención de mellorar as súas propias habilidades e en consecuencia facer que a arte marcial medrase en calidade. O mestre Kano estudaba e adestraba con toda a súa dedicación, emporiso, el cría que a práctica dun deporte coma o judo debería ser a única actividade dunha persoa, para contribuír á súa formación.
 
Ao resultado das súas investigacións e adestramento nas artes marciais, chamouno ''jūdō'', substituíndo a partícula "jutsu", que significa "arte" ou "profesión", pola partícula "do", que significa "camiño".<ref>{{Cita web|lingua=hebraico e inglés|url=http://www.kanjijapanese.com/he/%D7%9E%D7%99%D7%9C%D7%95%D7%9F-%D7%99%D7%A4%D7%A0%D7%99%D7%AA-%D7%90%D7%A0%D7%92%D7%9C%D7%99%D7%AA/%E8%A1%93|título={{lang|he|יפנית-אנגלית תרגום:: 術 :: מילון}}|dataacceso=22 de xaneiro de 2014}}</ref><ref>{{Cita web|lingua=hebraico e inglés|url=http://www.kanjijapanese.com/he/%D7%9E%D7%99%D7%9C%D7%95%D7%9F-%D7%99%D7%A4%D7%A0%D7%99%D7%AA-%D7%90%D7%A0%D7%92%D7%9C%D7%99%D7%AA/%E9%81%93|título=יפנית-אנגלית תרגום:: 道 :: מילון|dataacceso=22 de xaneiro de 2014}}</ref> Acontece, porén, que o termo "judo" non é creación de Kano, porque esta denominación, dadas ás técnicas de combate sen armas, xa era utilizada orixinalmente polo estilo [[Jikishin-ryu]] e co significado moi próximo ao pretendido, que era o de facer da arte marcial un instrumento de evolución persoal. Antes, as artes marciais eran vistas só como instrumento de loita, de guerra, pero non era ese soamente o seu obxectivo, pois para el deberían ser un modo de evolución persoal e físico.<ref>{{Cita libro|lingua=italiano|título=Close combat. Combattimento corpo a corpo|nome=Maurizio|apelidos=Maltese|editor=Mediterranee|localización=Roma|ano=2001}}</ref><ref>{{cita web|url=http://www.pereirajudoclub.com/|título=Jigoro Kano|dataacceso=23 de novembro de 2014|lingua=inglés|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141218041236/http://pereirajudoclub.com/|dataarquivo=18 de decembro de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
O repertorio de técnicas quedou asentado en tres grandes conxuntos: técnicas de proxección ou lanzamento (''nage waza''), técnicas de chan (''katame waza'' e ''ne waza'') e técnicas de pancadas (''atemi waza''). As técnicas de lanzamento viñeron do estilo ''Kitō-ryū'', que tamén contribuíu coas nocións de tempo e uso de enerxía. Do ''Tenjin Shinyō-ryū'' viñeron as técnicas de control en chan e de puñazos e patadas, de onde veñen aínda a idea da práctica repetida dos ''kata'' e as loitas con seguridade (''randori'').<ref name="THOKJ">{{Cita web|url=http://judoinfo.com/jhist.htm|título=The History of Kodokan Judo|lingua=inglés|dataacceso=21 de xaneiro de 2014}}</ref>
 
Como o mestre era profesional da educación, utilizou ese coñecemento para estruturar as clases e o proceso de aprendizaxe do judo, e tamén para transformar unha arte marcial, enfocada só á guerra e a seguridade, nunha disciplina moral, un deporte e mais un instrumento educativo. Tamén cambiou a ética combativa: a demostración pública das habilidades de loita pasou a ser vergoñenta, pois todo coñecemento só é útil se axudar a comunidade e axudar un compañeiro nos seus estudos, e xamais debería ser usado de forma egoísta ou por mera xactancia.<ref>{{Cita web|lingua=castelán|url=http://www.sinchijudokan.com/03historia/JUDO%20TRADICIONAL%20Y%20JUDO%20DEPORTIVO.pdf|nome=Nestor|apelidos=Figueroa|título=Judo Tradicional Y Judo Deportivo|dataacceso=22 de xaneiro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140201215704/http://www.sinchijudokan.com/03historia/JUDO%20TRADICIONAL%20Y%20JUDO%20DEPORTIVO.pdf|dataarquivo=01 de febreiro de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
Xunto co instituto, medraron o recoñecemento e a influencia do judo. De feito, o instituto Kodokan non foi aberto co fin específico de ser un centro de formación e perfeccionamento só de judo, senón, antes de todo, era un lugar de formación xeral e de recreación.<ref>{{Cita libro|título=Introducción al judo|lingua=castelán|nome=Miguel|apelidos=Villamón|localización=Barcelona|editor=Hispanoeuropea|páxina=139|ano=2011}}</ref>
Liña 61:
En maio de [[1922]], realizouse unha gran exhibición de artes marciais, na que estiveron algúns representantes do [[karate]] de [[Okinawa]], que xa ouviran falar desa arte marcial e mesmo xa tiveran correspondencia co mestre [[Gichin Funakoshi]], convidándoo para ensinar, mais foi soamente nese evento cando Jigoro Kano o coñeceu. Funakoshi tiña como obxectivo divulgar a arte marcial de [[Okinawa]] no resto do país.<ref>{{Cita libro|lingua=italiano|título=I maestri del budo. M. Ueshiba, G. Funakoshi, J. Kano|nome=John|apelidos=Stevens|localización=Roma|editor=Mediteranee|ano=1997}}</ref>
 
As técnicas mostradas nesa ocasión, movementos de ataque e desvío moi veloces e fluídos, provocaron boa impresión no mestre Kano, polo que convidou o mestre de [[karate]] para que fose dar algunhas clases no Kodokan. Desa experiencia de influencia mutua foron incorporadas no judo técnicas do karate nalgúns ''kata'', mais o ''kata'' máis afectado foi o ''Kime-no-kata'', ou forma de resolución, no que están compilados moitos golpes de autodefensa e de loita real, con enfoque en chimpar ao opoñente.<ref>{{Cita web|url=http://www.esperance-karate.net/index.php/historique/gichin-funakoshi|lingua=francés|título=L'histoire de Gichin Funakoshi|dataacceso=8 de marzo de 2014}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.karatemiguelangel.com/karate/historia.htm|lingua=castelán|título=Historia Karate Shotokan|dataacceso=8 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131013071201/http://karatemiguelangel.com/karate/historia.htm|dataarquivo=13 de outubro de 2013|urlmorta=si}}</ref>
 
Un dos moitos practicantes de judo foi [[Kenji Tomiki]], que empezou a adestrar ao redor de [[1910]] e obtivo o 1º [[dan]] en [[1919]]. A partir de aí foi destacando cada vez máis, até obter o 4º dan en [[1922]].<ref>{{Cita web|lingua=portugués|url=http://fpbujutsu.weebly.com/kenji-tomiki.html|título=Kenji Tomiki|editor=Federação Portuguesa de Bujutsu|dataacceso=9 de marzo de 2014}}</ref> En [[1926]], por consello do mestre Kano, Tomiki foi estudar [[aikido]] con [[Morihei Ueshiba]], obtendo por fin o 8º dan en [[1940]].<ref>{{Cita web|url=http://www.fullcircleaikido.com/archive.htm|lingua=inglés|título=Kenji Tomiki (1900–1979)|dataacceso=9 de marzo de 2014}}</ref>
 
Entrementres, en [[1930]], o mestre Kano viu o adestramento de [[aikido]] e quedou moi impresionado coa súa disciplina e a súa técnica. Entón, mandou dous alumnos seus para adestrar e estudar o aikido no seu nome.<ref>{{Cita web|lingua=portugués|url=http://www.lasites.net/goshinaikido/br/default.asp?menu=aikido&menu2=tomiki_judo|título=Tomiki Aikido e o Judo|dataacceso=23 de xaneiro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140201214316/http://www.lasites.net/goshinaikido/br/default.asp?menu=aikido&menu2=tomiki_judo|dataarquivo=01 de febreiro de 2014|urlmorta=si}}</ref> Como resultado do intercambio entre estas artes marciais, creouse o kata ''Kodokan goshin-jutsu'', composto por técnicas de autodefensa, enfocadas a desarmar e someter o contrario.<ref>{{Cita libro|lingua=italiano|título=Judo Tecnico: un percorso formativo dalla pratica all'insegnamento|nome=Donato|apelidos=Di Pierro|editor=Lulu|ano=2009|páxina=14|isbn=9781409272014}}</ref><ref>{{Cita web|lingua=inglés|url=http://www.usa-jjf.org/articles/goshin.htm|título=Goshin Jutsu of Kodokan Judo (Methods of Self-Defense)|editor=United States Ju-Jitsu Federation|dataacceso=9 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140309183530/http://www.usa-jjf.org/articles/goshin.htm|dataarquivo=09 de marzo de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
=== Entrada nas escolas ===
En [[1897]], Jigoro Kano foi nomeado director da Escola de Formación Avanzada de Profesores, onde formaba os futuros educadores do Xapón, e nesa tarefa esforzouse en proporcionar unha educación da máis alta calidade, invitando regularmente a instrutores superiores de judo, [[kendo]] e [[natación]] á escola como medio de mellorar a educación física. Con esa idea, tamén fixo unha petición ao Ministerio de Educación para estender o período educativo do profesorado de 3 a 4 anos.<ref name="AVDJK">{{Cita web|lingua=portugués|editor=Federação Portuguesa de Judo|url=http://www.fpj.pt/o-judo/a-vida-de-jigoro-kano|título=A vida de Jigoro Kano|dataacceso=13 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140319063523/http://www.fpj.pt/o-judo/a-vida-de-jigoro-kano|dataarquivo=19 de marzo de 2014|urlmorta=si}}</ref>
 
Traballando como educador, o mestre Kano foi un promotor incansable da educación física para os alumnos, pois cría na idea de que as forzas tanto físicas coma mentais son compoñentes importantes na formación da persoa, do que el mesmo daba o exemplo. Co obxectivo de aumentar a forza física, mellorar o carácter, e contribuír ao desenvolvemento da súa arte marcial, Jigoro adestrara a moitos da maneira do Kodokan. Tamén estudou o tema incesantemente, ao punto de realizar sesións de adestramento de loita contra 30 judokas. Como os alumnos que estudaran con el eran activos en diversas partes do país, o judo pasou a ser reputado como unha forma excelente de promover e axudar na educación das persoas, sendo adoptado por moitas escolas.
Liña 135:
O judo, a pesar de ser unha forma nova de arte marcial, aínda ten moita influencia das escolas tradicionais, polo que todo o seu contido técnico foi reunido e sistematizado nos ''kata'', que son unha forma secuencial de movementos e teñen a finalidade de desenvolver e fixar os conceptos e técnicas. Mesmo non sendo unha forma de loita combinada, ten o propósito de preparar o practicante para un escenario real de combate.<ref>{{Cita web|url=http://ejmas.com/tin/2014tin/tinart-boylan1402.html|lingua=inglés|título=What Kata Are Not|editor=The Iaido Journal|data=Febreiro de 2014|dataacceso=8 de marzo de 2014}}</ref> Os kata do judo son: {{nihongo|''Randori no kata''|乱取りの形}} — {{nihongo|''[[Nage no kata]]''|投の形}} e {{nihongo|''[[Katame no kata]]''|固の形}} —, {{nihongo|''[[Kime no kata]]''|決めの型}}, {{nihongo|''[[Ju no kata]]''|柔の形}}, {{nihongo|''[[Kodokan goshin-jutsu]]''|講道館護身術}}, {{nihongo|''[[Itsutsu no kata]]''|五の形}}, {{nihongo|''[[Koshiki no kata]]''|古式の形}}, {{nihongo|''[[Seiryoku zenyo kokumin taiiku no kata]]''|精力善用国民体育の形}}.<ref name="ref7">{{Cita web|url=http://www.iudo.es/judo/katas.html#nage-no-kata|título=Katas de Judo|lingua=castelán|dataacceso=8 de marzo de 2014}}</ref>
 
O mestre Jigoro Kano, non satisfeito co modo tradicional de ensinar as artes marciais, baseado principalmente no condicionamento físico e na repetición das formas preestabelecidas das técnicas, quería un modelo secuencial que tivese en conta a evolución gradual do alumno, desde un nivel máis básico ata os máis complexos, e elaborou un novo esquema pedagóxico, chamado {{nihongo|[[Gokyo no waza]]|五教の技}}. É un paradigma en que son organizadas as varias técnicas conforme a súa natureza e o seu grao de complexidade. Serve tamén para introducir os ''kata'' como forma de facelos máis comprensíbeis.<ref>{{Cita web|lingua=castelán|formato=PDF|autor=Nestor Figueroa Ortiz|dataacceso=23 de marzo de 2014|url=http://www.sinchijudokan.com/05topicos_tecnicos/pejdo10.pdf|título=La pedagogia del judo|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140323224830/http://www.sinchijudokan.com/05topicos_tecnicos/pejdo10.pdf|dataarquivo=23 de marzo de 2014|urlmorta=si}}</ref><ref>{{Cita web|lingua=castelán|url=http://www.sinchijudokan.com/04teoria/gokyo_no_waza.html|título=El gokyo no waza|dataacceso=23 de marzo de 2014}}</ref>
 
Ao contrario do que poidan demostrar as competicións de judo nos campionatos nacionais e mundiais, e tamén nos [[Xogos Olímpicos]], o judo é unha arte marcial bastante completa, con todos os tipos de técnicas e golpes, que son adestradas nos máis variados xeitos e simulando as máis diversas situacións de loita ou de ameaza. E, a despeito de non ser unha modalidade que use armas como instrumentos, son ensinadas técnicas adecuadas para lidar con elas, sexan armas tradicionais, coma espadas e coitelos, sexan armas de fogo.<ref name="ref7"/>
Liña 141:
Adecuando a natureza dos golpes e os seus eventuais resultados nos adversarios, algunhas técnicas foron clasificadas como prohibidas, ou {{nihongo|[[kinshi waza]]|禁止技}}, e non son permitidas nas competicións. Foi feito así porque o judo, máis que ensinar a defenderse, pretende ensinar honra e respecto ás persoas. Con ese mesmo espírito, outras técnicas tamén consideradas moi perigosas, coma as patadas, foron amais de prohibidas reservadas ao adestramento dos máis graduados e considerados responsábeis.<ref>{{Cita libro|lingua=castelán|título=JUDO. Iniciación y perfeccionamiento|autor=Marwood, Des|páxina=21|editor=Paidotribo|localización=Barcelona|ano=2002}}</ref>
 
Desde que foi formalmente compilado polo seu creador, aínda que se saiba que o perfeccionou ata o seu pasamento, o judo evolucionou conforme medraba e predominaba o aspecto deportivo. Debido a iso, as técnicas de proxección e inmobilización pasaron a sobresaír sobre as demais, por canto son as técnicas analizadas e puntuadas nas competicións. Paulatinamente, outras técnicas foron engadidas á listaxe das técnicas prohibidas.<ref>{{Cita web|formato=PDF|url=http://www.fijlkam.it/fileadmin/Image_Archive/federazione/Promozione-scuola/JUDO_-_SCHEDE_TECNICHE_GSS.pdf|lingua=italiano|título=Istituzioni scolastiche secondarie di I grado|dataacceso=23 de marzo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140323230327/http://www.fijlkam.it/fileadmin/Image_Archive/federazione/Promozione-scuola/JUDO_-_SCHEDE_TECNICHE_GSS.pdf|dataarquivo=23 de marzo de 2014|urlmorta=si}}</ref><ref>{{Cita web|formato=PDF|lingua=portugués|título=Golpes proibidos|editor=Federação Paulista de Judô|dataacceso=23 de marzo de 2014|url=http://www.fpj.com.br/novo/wp-content/uploads/2012/04/Golpes+Proibidos.pdf}}</ref>
 
{{Árbore xenealóxica/inicio}}