José Manuel Rodríguez Morgade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 21:
 
== Traxectoria ==
Nado en Wetzikon, [[Suíza]],<ref>[{{Cita web |url=http://historiasdesegunda.com/2012/08/31/manu-rodriguez-un-verano-en-once-metros/Manu |título=Rodríguez, un verán en once metros] |data-acceso=31 de agosto de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160304123138/http://historiasdesegunda.com/2012/08/31/manu-rodriguez-un-verano-en-once-metros/Manu |dataarquivo=04 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}</ref> fillo de emigrantes galegos, viviu no país helvético até a idade de dez anos, cando marchou cara [[Ourense]]. Ao chegar á cidade das [[As Burgas|Burgas]] comezou xogar nas filas do Pabellón C.F., un dos clubs de base polideportivos máis importantes do deporte [[Galiza|galego]], onde permanecería dende alevíns até xogar na División de Honra xuvenil. Posteriormente pasaría formar parte do equipo máis importante da cidade, o [[CD Ourense]], que tentaba formar un proxecto ambicioso para ascender á [[Segunda División española|Segunda División]]. Alí coincidiría con xogadores como David Ferreiro, a quen se enfrontaría anos despois na final polo ascenso á Segunda División, un no [[Cádiz CF]] e outro no [[CD Lugo]].
 
No seu primeiro ano, a tempada [[2003]]-[[2004|04]], os ourensáns conseguen chegar á promoción polo ascenso, onde se enfrontarían ao [[Real Madrid Castilla]], ao [[UD Lanzarote|Lanzarote]] e ao [[Gimnàstic de Tarragona|Nàstic]], que finalmente acabaría subindo. Nese primeiro ano xoga 15 partidos, 13 de liga e dous na fase de ascenso. Nas temporadas seguintes, Manu non remataba de asentarse nun equipo que ano a ano perdía fol, tan só xogando 5 encontros ao ano seguinte e seis o posterior. Tras un verán no que estivo a piques de marchar, na tempada [[2006]]-[[2007|07]] pasa ser un dos xogadores importantes do conxunto do [[Estadio do Couto|Couto]], onde xoga 33 partidos anotando 5 goles, con todo o club non consegue salvar a categoría descendendo da [[Segunda División B española|Segunda B]] á [[Terceira División española|Terceira División]]. Así no verán de [[2007]] decide marchar do club e asinar co [[Club Deportivo Lugo]]. Alí, adestrado por [[Fonsi Valverde]], pasa de ocupar a posicións de interior zurdo ou extremo á de lateral esquerdo. É o motivo polo que aínda sendo defensa aínda porte no Lugo o dorsal 11. Esa polivalencia de posición levanlle aínda xogando na defensa a ser un habitual no ataque.