John Blow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 4:
 
==Traxectoria==
É probable que John Blow nacese en [[North Collingham]], no condado de [[Nottingham]] ([[Inglaterra]]).<ref>Rovi Staff. [http://www.allmusic.com/artist/john-blow-mn0001413238/biography Biografía de John Blow] en ''[http://www.allmusic.com www.allmusic.com]''</ref> Foi corista da Capela Real e distinguiuse alí pola súa excelencia en música<ref>[http://global.britannica.com/biography/John-Blow Datos biográficos de John Blow]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} en ''[[Encyclopædia Britannica|Encyclopaedia Britannica]]''.</ref> Xa a unha idade moi curta, compuxo varios [[himno]]s, entre os que cómpre salientar ''Lord. Thou host been our refuge'' ("Señor, en ti está o noso refuxio"), ''Lord, rebuke me not'' ("Señor non me reproches") e o chamado himno social, ''I will always give thanks'' ("Sempre darei grazas"), composto en colaboración con [[Pelham Humfrey]] e [[William Turner]].
 
A esa época tamén pertence a composición de [[Robert Herrick]], ''Goe, perjur'd man'' ("Vai, home perxurado"), escrita por encarga do rei [[Carlos I de Inglaterra]], que imita a ''Dite, o cieli'', de Giacomo Carissimi. En 1669, Blow foi nomeado organista da [[abadía de Westminster]] e en 1673 foi designado cabaleiro da Capela Real. En setembro do mesmo ano casou con Elizabeth Braddock, que morreu nun parto dez anos despois.