James Walter Christy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*pantexarse > cuestionarse.
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 4:
 
== Descubrimento de Caronte ==
O 22 de xuño de 1978, mentres traballaba no Observatorio Naval de Estados Unidos ([[USNO]]) revisando en Washington chapas fotográficas obtidas polo reflector astrométrico [[Kaj Strand]] de 1,55 metros (61 polgadas) da Estación Flagstaff da USNO (en Arizona), descubriu que Plutón tiña unha lúa, á que chamou [[Caronte (lúa)|Caronte]] <ref>{{Cita web |url=http://solarsystem.nasa.gov/multimedia/display.cfm?IM_ID=572 |título={title} |data-acceso=01 de xaneiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20130502041319/http://solarsystem.nasa.gov/multimedia/display.cfm?IM_ID=572 |dataarquivo=02 de maio de 2013 |urlmorta=si }}</ref>. O descubrimento foi resultado do atento exame dunha ampliación dunha chapa fotográfica de Plutón ao entender que había unha protuberancia moi lixeira dun lado. Esta chapa xunto con outras foran cualificadas coma "pobres" porque a imaxe alongada de Plutón considerábase un defecto resultante do mal aliñamento do telescopio do Observatorio Naval de Estados Unidos en [[Flagstaff]]. Christy decatouse que só Plutón estaba alongado, mentres que as [[Estrela (astronomía)|estrelas]] de fondo non o estaban, o cal descartaba o presunto erro de aliñamento. Como o seu traballo anterior no Observatorio Naval fora na fotografía de estrelas dobres, entón custionouse que esta protuberancia podía ser unha lúa compañeira de Plutón. Púxose a examinar imaxes dos arquivos do observatorio dende 1965, concluíndo que se trataba de feito dunha lúa. As chapas de 1965 incluían xa daquela unha nota que dicía "imaxe de Plutón alongada", pero os astrónomos do observatorio, incluíndo Christy, asumiron que en realidade eran erros de aliñamento ata [[1978]].
 
O descubrimento confirmouse oficialmente despois de calcular a órbita de Caronte, e as posíbeis eclipses mutuas entre Plutón e Caronte, no intre en que foron observadas as eclipses; e fíxose público formalmente o 7 xullo de 1978, á comunidade astronómica, na Circular 3241 da IAU<ref>http://www.cbat.eps.harvard.edu/iauc/03200/03241.html</ref>.
Liña 19:
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20130502041319/http://solarsystem.nasa.gov/multimedia/display.cfm?IM_ID=572 Historia do descubrimento de Caronte]. {{en}}
{{Control de autoridades}}