Hugo Chávez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 9 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 3 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 69:
A Campaña política ten tres principais contendentes: [[Irene Sáez Conde]], [[Henrique Salas Römer]] e Hugo Chávez Frías, que está apoiado polo denominado "[[Polo Patriótico]]", conformado polo Movemento Quinta República (MVR), Movemento ó Socialismo (MAS),[[Partido Comunista de Venezuela]] ([[PCV]]), [[Patria Para Todos]] ([[PPT]]) e outras catro organizacións menores. O candidato do outrora moi forte partido, [[Acción Democrática]], [[Alfaro Ucero]], non logrou sequera sobrepasar o 2% nas intencións de voto. Practicamente toda a esquerda venezolana se aliñara con Chávez. Irene Sáez estaba apoiada por COPEI e Salas Römer por dous novos partidos "[[Proyecto Venezuela]]" e "[[Primero Justicia]]". Xa a mediados de 1998 Hugo Chávez era o primeiro en tódalas enquisas. O 8 de novembro tiveron lugar as eleccións lexislativas. O MVR obtén 49 dos 189 escanos da [[Cámara dos Deputados]] e o 21,3% dos votos (Case igual que os obtidos por Acción Democrática). Demostrábase que era a segunda forza política do país. Ante estes resultados, COPEI retira o seu apoio a Irene Sáez e Acción Democrática retírallo a Alfaro Ucero. Ambos os partidos deciden apoiar a Henrique Salas Römer, autodenominándose [[Polo Democrático]]. O 6 de decembro Chávez obtén cos votos o que non puidera coas armas: É elixido Presidente de Venezuela co 56,5% dos votos. (Ver: [[Elección presidencial de Venezuela (1998)|eleccións presidenciais de 1998]]). Neste ano Chávez casa con [[Marisabel Rodríguez]], nai da súa última filla, Rosinés.
 
Chávez gaña as eleccións coa promesa de cambiar a [[constitución]] vixente (1961<ref>Analítica: ''Constitución de 1961'' ([http://www.analitica.com/bitblioteca/congreso_venezuela/constitucion1961.asp Versión dixital] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070917021339/http://www.analitica.com/bitBlioteca/congreso_venezuela/constitucion1961.asp |date=17 de setembro de 2007 }})</ref>) por medio dun proceso Constituínte<ref>A nova dinámica de poder en Venezuela: O MVR, Hugo Chávez e o proceso Constituínte (1999), [[Universidade do Zulia]]. ([http://clio.rediris.es/articulos/poder_venezuela.htm Versión dixital]).</ref>.
 
== Hugo Chávez na presidencia ==
Liña 106:
O 7 de abril o presidente Chávez anuncia por televisión o despedimento de altos xerentes da empresa PDVSA. As protestas nas rúas intensificáronse. O 9 de abril a CTV e Fedecámaras anuncian o paro xeral de vinte e catro horas para apoiar os xerentes de PDVSA. A oposición convocou o 11 de abril a unha marcha que reuniu a centos de miles de persoas, que orixinalmente ía destinada e autorizada ata a sede de PDVSA situada en Chuao <ref>{{Cita web |url=http://buscador.eluniversal.com/2002/12/01/apo_art_01106EE.shtml |título=(fonte: Diario El Universal) |data-acceso=19 de setembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060217112323/http://buscador.eluniversal.com/2002/12/01/apo_art_01106EE.shtml |dataarquivo=17 de febreiro de 2006 |urlmorta=si }}</ref>, pero os ánimos se caldearon e foi desviada cara ó Pazo de Miraflores, onde había multitude de simpatizantes de Hugo Chávez, buscando este desvío entrar nunha confrontación directa. Ó chegar ó centro da cidade, as protestas convertéronse en violentos disturbios e enfrontamentos entre os opositores, os partidarios do goberno e a intervención da Garda Nacional e a Policía Metropolitana de Caracas.
 
Durante os feitos, Chávez encontrábase no Pazo de Miraflores, desde onde se dirixiu ó país en Cadena nacional e solicitou ás Forzas Armadas a activación do chamado [[Plan Ávila]], un plan especial das Forzas Armadas venezolanas cando hai unha conmoción interna que ameaza a estabilidade e seguridade nacional. Mentres tanto, as estacións de televisión privadas dividiron as pantallas. Nun lado víase a Chávez e no outro escenas dos disturbios que ocorrían no centro de Caracas. O goberno, ante isto, respondeu mandando a sacar do aire a ditas canles{{cómpre referencia}}, pero estas, cun plan alternativo, lograron, cinco minutos despois, seguir transmitindo cunha imaxe de menor calidade. Os feridos e mortos comezaron a sucederse sobre as 13:30, existindo francotiradores que disparaban ós manifestantes. Terminando a tarde, as televisións transmitiron unha mensaxe previamente gravada dun grupo de almirantes e xenerais que negaban ó goberno de Hugo Chávez. Pouco despois, Venevisión transmite imaxes dun grupo de afectos ó goberno que disparan desde a ponte Llaguno cara ó sur. As canles nunca amosan a quen lles disparaban, dicindo que os partidarios de Hugo Chávez eran os que disparaban á multitude, cando existen imaxes que amosan que a rúa debaixo da ponte estaba absolutamente baleira e os chavistas estaban disparando ós francotiradores<ref>[{{Cita web |url=http://video.google.es/videoplay?docid=-7909142222855052928&q=la+revolucion+no+sera+televisada&ei=qqtjSIiNIo7migLu96nyAw&hl=es |título=La revolución nos erá transmitida, minuto 33 e 30 segundos.] |data-acceso=26 de xuño de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120111113752/http://video.google.es/videoplay?docid=-7909142222855052928&q=la+revolucion+no+sera+televisada&ei=qqtjSIiNIo7migLu96nyAw&hl=es |dataarquivo=11 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>.
 
Finalmente, houbo dezanove mortos (a maioría afectos ó goberno) e uns cen feridos. Nove policías e dous efectivos da Garda Nacional foron xulgados por varias desas mortes. Acúsase a [[francotirador]]es (entre eles a un concelleiro do partido oficialista MVR, imputado ante o Tribunal 26 de Control<ref>{{Cita web |url=http://buscador.eluniversal.com/2002/11/15/pol_art_15113CC.shtml |título=Tribunal 26 de Control |data-acceso=19 de setembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060217112316/http://buscador.eluniversal.com/2002/11/15/pol_art_15113CC.shtml |dataarquivo=17 de febreiro de 2006 |urlmorta=si }}</ref> de ser os causantes de outras<ref>{{Cita web |url=http://buscador.eluniversal.com/2003/04/12/apo_art_12156BB.shtml |título=(fonte: Diario El Universal) |data-acceso=19 de setembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060217112308/http://buscador.eluniversal.com/2003/04/12/apo_art_12156BB.shtml |dataarquivo=17 de febreiro de 2006 |urlmorta=si }}</ref>, se ben foron declarados inocentes en 2004.
Liña 112:
Xa de noite, o presidente Chávez foi permido polos militares que lideraban o golpe, que lle exixiron entregarse e renunciar ou para evitar un ataque ó pazo presidencial, aínda rodeado de civís chavistas.<ref>{{Cita web |url=http://www.eluniversal.com.ve/2004/12/19/pol_art_19104A.shtml |título=''Contraataque revolucionario no TSJ'' "El Universal" |data-acceso=19 de setembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090509211629/http://www.eluniversal.com.ve/2004/12/19/pol_art_19104A.shtml |dataarquivo=09 de maio de 2009 |urlmorta=si }}</ref>
 
A iso das 12 da noite, o Xeneral Lucas Rincón Romero, Ministro de Defensa, dirixiuse ó país por televisión e expresou que ó presidente "se le solicitó la renuncia, la cual aceptó", aínda que en realidade nunca renunciou, segundo testemuñas da reunión<ref>[{{Cita web |url=http://video.google.es/videoplay?docid=-7909142222855052928&q=la+revolucion+no+sera+televisada&ei=qqtjSIiNIo7migLu96nyAw&hl=es |título=La revolución no será transmitida, 39' 20''.] |data-acceso=26 de xuño de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120111113752/http://video.google.es/videoplay?docid=-7909142222855052928&q=la+revolucion+no+sera+televisada&ei=qqtjSIiNIo7migLu96nyAw&hl=es |dataarquivo=11 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>. Na madrugada do 12 de abril, Chávez accedeu a entregarse, abandonou Miraflores e foi transportado inicialmente á base militar localizada en Fuerte Tiuna, Caracas. As imaxes do ocorrido ese día dentro do pazo presidencial foron captadas polas cineastas Kim Bartley e Donnacha O'Brien no documental "[[La revolución no será televisada]]".
 
Na tarde do 12 de abril foi xuramentado [[Pedro Carmona]], presidente de Fedecámaras, como presidente interino. Acto seguido emitiu un decreto que derrogou as leis habilitantes, disolveu o Parlamento, o [[Tribunal Supremo de Justicia (Venezuela)|Tribunal Supremo de Xustiza]], a Fiscalía, a Defensoría do Pobo e se deu a si mesmo poderes por encima da Constitución, o que causou unha grande indignación entre os partidarios do Presidente Chávez e nalgúns sectores moderados da oposición e terminou por restarlle apoio internacional. Entre os países que apoiaron tacitamente o Golpe cóntanse [[España]] (gobernada por [[José María Aznar]]), [[Chile]], [[Colombia]], e [[Estados Unidos de América]]. O sábado 13 de abril, desde a mañá, moitos seguidores de Chávez comezaron a manifestarse en Caracas. A autoestrada que enlaza a capital co oriente foi pechada polos manifestantes, ó igual que a autoestrada que comunica Caracas con La Guaira (onde están o principal porto e o principal aeroporto do país). Comezaron protestas en todo o país. As canles de televisión limitáronse a transmitir películas importadas e deseños animados. Os venezolanos, xa na tarde dese sábado, comezaron a decatarse do que sucedía grazas á canle CNN que chega a Venezuela por cable e satélite. Os captores de Chávez trasládano a unha base naval en Turiamo, onde escribe unha nota dirixida ós venezolanos expresando: "no he renunciado al poder legítimo que el pueblo me dio". Un soldado logra sacar a nota das instalacións e a envía por fax ós medios de comunicación. Daquí, Chávez é trasladado á illa de [[Isla La Orchila|La Orchila]] coa intención, ó parecer, de sacalo do país.
Liña 207:
== Indicadores Socio-Económicos da era Chávez ==
=== Desemprego ===
A taxa de desemprego en 1999 era do 16%; en 2004 mantívose no 15%, e en adiante a taxa amosará unha tendencia á redución, situándose na actualidade nun 9-10%. Igualmente, a taxa de persoas que traballan na [[economía somerxida]] variou: 52% da forza laboral nos anos 2000 e 2005 ([http://www.derechos.org.ve/publicaciones/infanual/ informes anuais]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} de [[PROVEA]]).
 
A finais de decembro de 2005, o INE ([http://www.ine.gov.ve/ Instituto Nacional de Estadística]) presentou ó país a cifra oficial de Desemprego en Venezuela, estando en 8,9% para fin de ano, moito menos do 10,8% que se agardaba para finais de 2005.