Diferenzas entre revisións de «Grou»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
 
== Voz ==
Os grous emiten varios tipos de sons, que xogan un papel importante na súa vida social. O berro típico longo e atrompetado <ref>[{{Cita web |url=http://www.nabu.de/m01/m01_05/03777.html |título=Exemplo de voz / NABU-Weblink] |data-acceso=08 de xaneiro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080120074120/http://www.nabu.de/m01/m01_05/03777.html |dataarquivo=20 de xaneiro de 2008 |urlmorta=si }}</ref> é posible grazas á caixa de resonancia que forma o seu tubo respiratorio. Son típicos os cantos a dúo, que poden ser encetados polo machos ou femias. Nestes casos ámbolos dous exemplares apuntan co bico cara ó ceo, colocan o pescozo cara atrás e erguen as alas. Colócanse moi preto un do outro e vanse movendo xuntos e parsimoniosamente. O canto a dúo <ref>{{Cita web |url=http://www.martingrund.de/sounds/vogelstimmen/mp3/kranich.mp3 |título=Voz acompañada da doutras aves |data-acceso=08 de xaneiro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20060220182740/http://www.martingrund.de/sounds/vogelstimmen/mp3/kranich.mp3 |dataarquivo=20 de febreiro de 2006 |urlmorta=si }}</ref> óese en momentos de excitación nos lugares de descanso ou de reunión, habitualmente durante a época reprodutora. Amosa diferenzas individuais recoñecibles mediante unha análise de frecuencias, que permiten identificar ós individuos.
 
O berro de alarma é emitido por unha ou máis aves en casos de perigo e pode oírse a grandes distancias. En situacións de perda ou limitación do contacto visual lanzan un berro de contacto, que serve tamén para anunciar a inminencia da engalaxe cando van voar. Os polos emiten trinos suaves como medio de contacto, que se fan píos asubiantes e altos cando están excitados e de queixume cando piden alimento. Berros ásperos son utilizados polos pais para avisar á niñada do pergo.
147.237

edicións