Gasterópodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 25:
Este grupo contén un moi extenso número de [[especie (bioloxía)|especies]] descritas, ocupando o segundo lugar neste aspecto tras os [[insectos]]. Hai 611 [[familia (bioloxía)|familias]] de gasterópodos, das que 202 están [[extinción|extintas]] e só aparecen no rexistro [[fósil]].<ref name="B">Bouchet, P. & Rocroi, J.-P., eds. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". ''Malacologia: International Journal of Malacology'', '''47'''(1-2). ConchBooks: Hackenheim. ISBN 3-925919-72-4.</ref>
 
A clase dos ''Gastropoda'' (anteriormente coñecida como '''univalvos''', e ás veces denominada ''Gasteropoda'') constitúe unha parte moi importante do filo dos moluscos, e é a clase máis diversificada deste filo,<ref name=B/><ref>[http://global.britannica.com/animal/gastropod '''Gastropod''']{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} na ''Encyclopaedia Britannica'' en liña.</ref> con de 60 000 a 80 000 especies. A clase comprende cerca dunhas 15 000 especies [[fósil]]es e ao redor de 40 000 vivas,<ref name=H>Hickman, C. P., Roberts, L. e Larson, A. (2001): ''Integrated Principles of Zoology'', 11ª edición. Nova York: McGraw-Hill, páx. 333.</ref> das cales as máis coñecidas son os [[Caracol|caracois]], os [[Corno (molusco)|cornos]], as [[bucina]]s, as [[Lapa rústica|lapas]], as [[lesma]]s, as [[Patella intermedia|patelas]], as [[Aplisíidos|borrachas]], os [[caramuxo]]s e as [[orella de mar|peneiras]].
 
O tamaño dos membros deste grupo é moi variable, xa que vai dende formas microscópicas ata [[especie]]s de gran tamaño como ''Pleuroploca gigantea'' duns 60&nbsp;cm de longo, ou algúns dos individuos do [[Xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Aplysia]]'' que poden chegar a acadar 1 m de lonxitude. A meirande parte dos gasterópodos miden entre 1 e 8&nbsp;cm de lonxitude, e existen fósiles que acadan os 2 m.<ref name=H/>
Liña 172:
 
=== Etimoloxía ===
O termo ''Gastropoda'' formouno Cuvier cos elementos do [[latín|latín científico]] ''gastro-'', tirado da palabra do [[Lingua grega|grego antigo]] γαστήρ ''gastḗr'', 'cavidade', 'ventre', e ''-poda'', plural de ''-podo'', derivado do grego πούς ποδός ''poús, podós'', 'pé'. Literalmente: 'os que teñen o pé no ventre'.<ref>[http://www.dicciomed.es/php/diccio.php?id=2211 Diccionario médico-biológico, histórico y etimológico] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20091215085724/http://www.dicciomed.es/php/diccio.php?id=2211 |date=15 de decembro de 2009 }}.</ref>
 
=== Clasificación ===