Diferenzas entre revisións de «Galleta»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
[[Ficheiro:Crackers_with_herring_and_garlic_sauce.jpg|dereita|miniatura|250px|Galleta tipo ''cracker''.]]
[[Ficheiro:Schackrutor.jpg|miniatura|250px|Biscoitos con chocolate.]]
Unha '''galleta'''<ref>[{{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164991&sinom=0 |título=Nome do alimento na páxina do Portal das Palabras] |data-acceso=16 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140917092457/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164991&sinom=0 |dataarquivo=17 de setembro de 2014 |urlmorta=si }}</ref> (chamada tamén '''[[biscoito]]''' tradicionalmente<ref name="prelo">[[Francisco Javier Rodríguez Gil]] (1863): ''[[Diccionario gallego-castellano (1863)|Diccionario gallego-castellano]]'', ed. de [[Antonio de la Iglesia González]], A Coruña,</ref>) é un [[alimento]] que consiste nun anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de [[fariña]], [[azucre]] e outros ingredientes, como [[Ovo (alimento)|ovos]], [[manteiga]] etc. Adoita ser seco, de formato achatado, e pode levar outros ingredientes coma [[noz (froito da nogueira)|noces]] moídas, chocolate, coco relado, canela etc. Pode consumirse de diversas formas, doce, salgada, ou acompañada de [[queixo]]s, [[marmelada]]s, [[especia]]s e/ou [[paté]]s.
 
O sinónimo [[biscoito]] (coma no inglés ''biscuit'') caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no [[século XIX]]<ref>[[Luís Aguirre del Río]] (1858): ''[[Diccionario del dialecto gallego]]'', ed. de [[Carme Hermida Gulías]], CSIC-IPS, 2007</ref> Varios autores coma [[Luís Aguirre del Río]], [[Francisco Javier Rodríguez Gil|Francisco Javier Rodríguez]], [[Juan Cuveiro Piñol]] ou mesmo a [[Real Academia Galega]] definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces<ref name="prelo" />. Hoxe o termo biscoito restrínxese para o bolo esponxoso<ref>{{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=biscoito&sinom=0&homonimo= |título=Definición de biscoito no Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=16 de setembro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140917090942/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=biscoito&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=17 de setembro de 2014 |urlmorta=si }}</ref>.
 
As galletas foron posteriormente a base alimenticia das tripulacións na época dos descubrimentos, especialmente dos portugueses. Consistía nun pan de fariña triga, de forma achatada, cocido no forno dúas, tres ou máis veces, de xeito que se asegurase a durabilidade das súas cualidades alimenticias durante moito tempo, deberían ser moi duras. Chegou a ser tal a procura de biscoitos para aprovisionar as armadas dos navíos que houbo a necesidade de importalos de [[España]]. O padre [[Raphael Bluteau]] na súa obra''Vocabulário português e latino'', chámalle mesmo''pão do mar'' ou ''pão namor''. [[Martín Sarmiento]] nos seus traballos sobre o galego en 1746 tamén di: ''chámase galleta á bola ou torta de trigo dos mariñeiros, e é o biscoito''<ref>Martín Sarmiento (1746-1755c): ''Catálogo de voces y frases de la lengua gallega'', ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973)</ref>.
En 1498, a ración de biscoito, por cada tripulante era de 28 ''arráteis'' por mes (o ''[[arrátel]]'' equivale a 459 gramos) o que dá un pouco máis de 12 quilos, isto é, 428 gramos por día. Na India, para substituír o trigo, facíase unha masa de “[[sagu]]”, substancia farinácea extraída da parte central dalgunhas [[Palmeira (botánica)|palmeiras]] e que podía conservarse até vinte anos.<ref>[http://www.merriam-webster.com/dictionary/biscuit|title=Biscuit|publisher=[[Merriam-Webster]]|accessdate=14 de xaneiro de 2010]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
O termo tradicional do alimento tanto no galego coma no portugués é biscoito, termo que se segue a usar en portugues para se referir a un tipo de galleta máis esponxosa ou tridimensional. O termo actual galego galleta vén do [[Lingua francesa|francés]] ''galette'' (pastel)<ref>[http://lema.rae.es/drae/?val=galleta Etimoloxía da palabra castelá ''galleta'' no dicionario da [[RAE]].]</ref>.
158.543

edicións