Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 2 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 117:
{{Artigo principal|Coche médico}}
[[Ficheiro:Sebastien Buemi driving medical car.jpg|miniatura|[[Sébastien Buemi]] conducindo o coche médico durante o [[Gran Premio do Xapón de 2008]].]]
O [[coche médico]] (en inglés ''medical chase car'') sitúase en todas as carreiras na saída do [[pit lane]]. Nel, alén do condutor, que desde o comezo da temporada {{F1|2009}} é [[Alan van der Meuwe]]<ref>[http://www.thef1.com/noticias/noticias-2009/marzo-2009/el-coche-medico-de-la-f1-tiene-nuevo-piloto El coche médico de la F1 tiene nuevo piloto.] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090403093018/http://www.thef1.com/noticias/noticias-2009/marzo-2009/el-coche-medico-de-la-f1-tiene-nuevo-piloto |date=03 de abril de 2009 }} {{es}} ''en thef1.com''. Consultado o 06-08-2009.</ref>, vai o Delegado Médico Xefe da FIA, o [[Gary Harstein|Dr. Gary Harstein]].<ref>[http://www.formula1.com/inside_f1/safety/medical_and_track_safety/7439.html Medical and Track Safety - Medical] {{en}} ''en formula1.com''. Consultado o 06-08-2009.</ref> A súa misión é levar ao doutor o antes posible ao sitio do accidente para que o piloto ou pilotos accidentados poidan recibir os primeiros coidados médicos, e reanimalos e estabilizalos se cómpre. Tamén ten o labor de seguir os vehículos participantes durante a primeira volta ao circuíto ou se isto non é posible, até onde o sexa, para atender rapidamente aos pilotos en caso de accidente.<ref>{{cita libro
| autor= RFEDA
| ligazónautor= Real Federación Española de Automovilismo
Liña 202:
Após practicamente desaparecer de maneira total da competición a principios da década dos 80, os equipos dos grandes fabricantes volveron a partir da década dos 90, conformando na actualidade a metade da grella, coa presenza de [[Toyota]], [[BMW]], [[Ferrari]], que é propiedade de [[FIAT]], [[Honda]] e [[Renault]]. Alén diso, [[Mercedes-Benz]] é dono do 40% de [[McLaren]] e fabrica os motores do equipo. O resto merca os motores doutras escuderías ou de [[Cosworth]], o último construtor externo polo momento, retirado da competición dende que finalizou o seu contrato con [[WilliamsF1]] en [[2006]].
[[Ficheiro:PresupostoF1.PNG|miniatura|esquerda|Distribución aproximada do orzamento dunha escudería punteira de Fórmula 1.]]
Ó inicio da competición en [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1950|1950]] só oito equipos estaban apuntados, dos que varios retiraríanse axiña debido ós grandes gastos que esta competición carrexa. De feito, era tal a falta de competición que na meirande parte da primeira década de historia as grellas completábanse con coches procedentes da [[Fórmula 2]]. [[Ferrari]] é a única escudería que disputou tódolos Campionatos Mundiais ata a actualidade, sendo en [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006|2006]] once os equipos en competición con dous monoprazas cada un, estando prevista a ampliación do número a doce coa entrada do equipo [[Prodrive]], encabezado por [[David Richards]] <ref>{{En}} [http://www.fia.com/mediacentre/Press_Releases/FIA_Sport/2006/April/280406-02.html. A confirmación de Max Mosley da entrada de Prodrive na web oficial da FIA]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>, con data indefinida<ref>{{Es}} [http://f1.gpupdate.net/es/noticias/2007/11/23/prodrive-no-competira-en-la-f1-en-2008/ Prodrive non competirá na Fórmula 1 en 2008, en gpupdate.com]</ref>. A pesar de que os equipos moi poucas veces dan información sobre os seus orzamentos, estímase que van dende os 50 ós 500 millóns de dólares <ref>''[[F1 Racing]]'', páxina 73 do número 86, de abril de 2006.</ref>. Deses orzamentos, o 50% destínanse ao desenvolvemento do motor, e preto dun 9% a I+D<ref>''[[F1 Racing]]'', marzo de 2007</ref>.
 
A entrada dun novo equipo no Campionato Mundial de Fórmula 1 custa 48 millóns de dólares que se pagan por adiantado á FIA como fianza, cartos que lle son devoltos ó longo da súa primeira tempada da competición. No entanto, outra forma de entrar é mercando un equipo xa existente evitando ter que face-lo depósito inicial, que é a fórmula máis recorrida nos últimos tempos tendo os exemplos, entre outros, de [[Red Bull Racing|Red Bull]], mercando [[Jaguar]] para correr e [[Minardi]] para facer correr a [[Scuderia Toro Rosso|Toro Rosso]], a súa segunda escudería; de [[BAR Honda]], actual Honda a secas, mercando [[Tyrrel Racing|Tyrrell]]; ou de [[Midland F1 Racing|Spyker]] mercando [[Midland]]<ref>{{Es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=129489 A nova da compra de Midland por Spyker en F1Racing.net]</ref>, que a súa vez mercou [[Jordan Grand Prix|Jordan]].
Liña 211:
{{VT|Lista de pilotos de Fórmula 1|Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1}}
[[Ficheiro:Montoya, M Schumacher, Alonso.jpg|miniatura|[[Juan Pablo Montoya]], [[Michael Schumacher]] e [[Fernando Alonso]] no [[Gran Premio dos Estados Unidos de 2005]].]]
O '''piloto''' é o profesional encargado de conducir o monopraza nas diferentes probas ou adestramentos. Aínda que o número de mulleres que participaron ao longo da historia foi moi pequeno, está permitida a súa participación, sendo a máis exitosa [[Lella Lombardi]], que rematou no sexto lugar no [[Gran Premio de España de 1975]]<ref>{{En}} [http://emagazine.credit-suisse.com/article/index.cfm?fuseaction=OpenArticle&aoid=83811&lang=EN A muller na Fórmula 1, artigo na web de Credit Suisse, patrocinador de BMW Sauber] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20070927185043/http://emagazine.credit-suisse.com/article/index.cfm?fuseaction=OpenArticle&aoid=83811&lang=EN |date=27 de setembro de 2007 }}</ref>. O piloto máis premiado da historia da Fórmula 1 é [[Michael Schumacher]], posuidor de sete Campionatos Mundiais.
 
Hai varios pilotos por escudería, mais só dous son os titulares. Un deles é o líder, e o outro fai os labores de segundo piloto, aínda que ás veces a liña de separación entre ambas tarefas é tan estreita que a competencia directa entre pilotos fai que desapareza. Cando están no [[monopraza]] distínguense pola cor da cámara de televisión de abordo que está situada na parte de arriba do [[snorkel]], o primeiro piloto lévaa de cor vermello fluorescente e o segundo de amarelo fluorescente<ref>{{En}} [http://www.formula1.com/inside_f1/rules_and_regulations/sporting_regulations/5258/ Distinción de pilotos en Formula1.com]</ref>. Alén diso, o casco, que cada piloto personaliza dependendo dos seus gustos, axuda de xeito substantancial á distinción dos pilotos.