Félicien Trewey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Recuperando 0 fontes e etiquetando 2 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 5:
== Traxectoria ==
 
Residente en Marsella desde neno aos quince anos formou parella artística cun mozo acróbata, actuando en cafés das vilas durante un ano para logo seguir en music halls de [[Marsella]], realizando comedia e pantominas, chegando a actual no Alcazar un dos mellores locais da cidade e acadar o éxito coa súa actuación, converténdose nun dos artistas favoritos nas feiras das cidades e vilas da [[Provenza]], creando a súa propia compañía itinerante de pantomima e variedades en 1867 cando tiña 19 anos <ref>[http://1895.revues.org/132 Yves Chevaldonné, « « L’homme en morceaux, raccommodé » : de Félicien Trevey au Professor Trewey », ''1895. Mille huit cent quatre-vingt-quinze'', 36 | 2002, consultado o 19 de marzo de 2013]</ref>. En [[Bordeos]] acadou o éxito como acróbata e ao chegar a [[París]] o seu éxito foi rotundo, durante nove anos levou o seu espectáculos polas mellores salas da cidade, a partir de 1876<ref>Yves Chevaldonné (2004) ''Nouvelles techniques et culture régionale: les premiers temps du cinéma dans le Vaucluse (1896-1914)'' Presses Université Laval, páx. 168</ref> a súa fama fíxose internacional e percorreu moitas capitais europeas con grande éxito , actuando para o rei [[Eduardo VII do Reino Unido|Eduardo VII]], para o emperador de Austria ou o barón Rothschild e realizou unha xira polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. As súas imitacións dos personaxes célebres da súa época como [[Léon Gambetta|Gambetta]], [[Otto von Bismarck|Bismarck]], [[Adolphe Thiers|Thiers]], [[Frédéric Mistral|Mistral]] ou [[Émile Zola]] tanto en sombras chinesas como en chapeugrafía foron unanimente recoñecidas como das mellores representacións da época <ref>[Vivian Carol Sobchack (2000) ''Meta-Morphing: Visual Transformation and the Culture of Quick-Change'' University of Minnesota Press, pp. 9-13]</ref>. Apareceu en varios filmes dirixidos polo seus amigos, os [[Auguste e Louis Lumière|irmáns Lumière]] como ''Chapeaux a Transformations'' (1895),''The Photographe'' (1895), ''Danseuses des rues'' (1896), ''Partie de cartes'' (1895) ata o punto de que mesmo algúns o consideran a primeira estrela cinematográfica <ref>[http://muse.jhu.edu/login?auth=0&type=summary&url=/journals/film_history/v024/24.4.article.pdf ''1896'' ''Film History: An International Journal'' Volume 24:4, 2012]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>, e os irmáns Lumière déronlle a concesión do seu invento no [[Reino Unido]] polo que é tamén tamén coñecido como o introdutor do cinematográfico Lumière no Reino Unido <ref>[http://www.victorian-cinema.net/trewey Who's Who of Victorian Cinema]</ref> ao dar a primeiro espectáculo con filme o [[20 de febreiro]] de [[1896]] en Londres nun pase para a prensa e ao día seguinte para o público <ref>[http://www.globalfusionarts.com/assets/materials/lumiere.pdf Pioneers of Early Cinema: 7. National Museum of Photography, Film & Television]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>. Publicou os libros ''Comment cela se fait'' (1890) e ''Papier multiforme'' (1913).
 
== Notas ==