Diferenzas entre revisións de «Frauta»

Recuperando 3 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
m (→‎Historia: Wolfgang Amadeus Mozart)
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
| issue = 7256
| bibcode=2009Natur.460..737C
}}</ref> O descubrimento é especialmente importante porque representa o achado do instrumento musical máis antigo da historia e permite pór data á produción de música por parte da especie humana.<ref name=BBC>{{cita web|título='Oldest musical instrument' found |editor=[[BBC World News]] |data=2009-06-25|url=http://news.bbc.co.uk/1/hi/sci/tech/8117915.stm |dataacceso= 26-6-2009}}</ref> Esta frauta foi un dos instrumentos atopados na cova Hohle Fels, descuberta preto da [[Venus de Hohle Fels]] que é a escultura feminina máis antiga que se coñece.<ref>{{cita web |título=Music for cavemen |editor=[[MSNBC]] |data=2009-06-24 |url=http://cosmiclog.msnbc.msn.com/archive/2009/06/24/1976108.aspx |dataacceso=15-09-2012}}</ref> Ten tres buracos e, do mesmo xeito que as frautas modernas de tres buracos, suxeriuse que modificando a presión de aire podería producir melodías de notable complexidade.<ref>[http://www.publico.es/ciencias/234565/musica/empezo/anos Artigo de divulgación sobre o achado e gravación do son que pode producir unha reprodución desta frauta] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100830170846/http://www.publico.es/ciencias/234565/musica/empezo/anos |date=30 de agosto de 2010 }}{{es}}</ref> Ao anunciar o descubrimento, os científicos suxerían que o ''achado demostra a presenza dunha tradición musical ben establecida no tempo en que os humanos modernos colonizaron Europa''.<ref>{{cita web |título=Flutes Offer Clues to Stone-Age Music |editor=[[The New York Times]] |data=24-6-2009 |url=http://www.nytimes.com/2009/06/25/science/25flute.html?_r=1&partner=rss&emc=rss |dataacceso= 29-09-2012}}</ref> Estas frautas demostran que xa había unha tradición musical desenvolvida desde os primeiros tempos da presenza dos humanos modernos en Europa.<ref name="NYTimes">{{Cita publicación periódica
| apelidos = Wilford | nome = John N. | authorlink = |autor2= | título = Flutes Offer Clues to Stone-Age Music | revista = The New York Times | volume = 459| issue = 7244| páxina = 248–52| publisher = | location = | data = xuño 24, 2009 | url = http://www.nytimes.com/2009/06/25/science/25flute.html |dataacceso=18 de marzo de 2012| pmid = 19444215| doi = 10.1038/nature07995 | id = |bibcode = 2009Natur.459..248C }}. Citation on p. 248.</ref> Os científicos tamén suxeriron que o descubrimento desta frauta pode axudar a explicar a probable diferenza cognitiva e comportamental entre os [[Home de Neandertal|Neanderthais]] e os primeiros humanos modernos.<ref name=BBC/>
 
Aínda que esta é a mellor conservada das que atoparon neste lugar, tamén se lle atoparon outras feitas con un cabeiro de [[mamut]], unha delas con tres buracos. Unha antigüidade de entre 30.000 e 37.000 anos é a que se atribúe á frauta ou chifre feita cun cabeiro de mamut que se atopou na cova de Geißenklösterle, en [[Alemaña]] , preto de [[Ulm]]<ref>[http://www.ox.ac.uk/media/news_releases_for_journalists/120524.html ‘Earliest musical instruments were first produced in Europe 40,000 years ago’] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20121012061758/http://www.ox.ac.uk/media/news_releases_for_journalists/120524.html |date=12 de outubro de 2012 }} Universidade de Oxford (consultado o 6 de outubro de 2012){{en}}</ref> en 2004. Aproximadamente da mesma época datan outras dúas frautas, estas feitas con óso de [[cisne]], que se descubriron unha década antes na mesma cova alemá, e ás que se atribúe unha antigüidade duns 36.000 anos. Estas atoparíanse entre os instrumentos máis antigos que se coñecen, o que permite afirmar que a frauta (ou o chifre) sería o instrumento máis antigo da humanidade. Outras frautas igualmente do [[paleolítico]] con antigüidades entre os 20.000 e 25.000 anos xa consideran as dúas grandes tipoloxías de embocadura, segundo o bisel estea practicado no extremo do tubo sonoro ou no interior deste. Entre os primeiros, progresivamente, fóronse desenvolvendo diversos tipos de bisel segundo tivera ou non tivese unha marca, que podería ter formas diversas (rectangular, ovoide, triangular...). Son posteriores os tipos de frauta con burato lateral.<ref>Gran Enciclopèdia de la Música. Barcelona, GEC</ref><ref>Andrés, Ramon (1995): Diccionario de Instrumentos Musicales. Barcelona, Bibliograf</ref> No período [[Auriñaciense]] estes instrumentos, agora cunhas perforacións laterais, empezáronse a prodigar máis, e proliferaron uns 5.000 anos máis tarde, no [[magdaleniano]].
 
A [[frauta travesa]] apareceu con posterioridade aos chifres e frautas rectas. A máis antiga conservada é un'' chi'' (篪|) que foi descuberto na tumba do marqués Yi de Zeng, en [[Suizhou]], na provincia chinesa de [[Hubei]]. Data do 433 antes de Cristo, durante a dinastía Zhou. Está feita de bambú e decorada con lacados, ten os dous extremos tapados e ten cinco buracos. As frautas chi aparecen mencionadas no [[Shi Jing]], que foi recompilado e editado por [[Confucio]].
A frauta da [[Grecia]] clásica era o ''syrinx'', aínda que ás veces tamén recibía o nome de ''aulos'', aínda que en realidade era un instrumento de lingüeta. Algo parecido ocorría no mundo romano entre a fístula e a tibia. O termo árabe xenérico para a frauta era ''sabbâba'' que influíu sobre o termo castelán medieval ''ajabeba'', aínda que este referíase a unha frauta travesa, aquel aplicábase a todo tipo de frautas.
[[Ficheiro:Cantiga flute.jpg|dereita|miniatura|220px|Representación de dúas frautas travesas nunha [[miniatura]] das [[cantiga]]s de [[Afonso X o Sabio]]]]
[[Aristóteles]] fixo a seguinte declaración sobre a frauta: "''Nós escoitamos unha canción na frauta con máis pracer do que na lira, pois o canto da voz humana e a frauta mestúranse ben por causa da súa correspondencia e simpatía, unha e outra anímanse polo vento!''"<ref>{{cita web|url=http://www.frazz.com.br/frase.html/Aristoteles-Nos_escutamos_uma_ca-65180|título=Frase de Aristóteles|publicación=frazz.com.br|lingua=pt|dataacceso=18 de marzo de 2012}}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
A ''frauta do deus Pan'' ou ''syrinx'', que consta dunha serie de tubiños xustapostos e de magnitude decrecente, áchase debuxada en antigos [[Relevo (escultura)|relevos]] gregos e en [[Pintura románica|pinturas]] romanas con idéntica forma á que ten hoxe en día.
* Modificando a lonxitude do tubo sonoro. A altura do son producido é inversamente proporcional á lonxitude do tubo sonoro. Na maioría de frautas esta alteración é descontinua dado que a lonxitude da columna de aire dentro do tubo se modifica tapando e destapando buracos, pero nas frautas de pistón ou de émbolo esta modificación é continua e produce un efecto de glissando.
 
O son fundamental da frauta é o [[Dó (música)|Dó3]], a partir do cal a extensión do instrumento é de 3 oitavas, grazas aos harmónicos 2 e 4 (oitava e dúo oitavo), cuxa emisión é obtida pola modificación da presión do sopro.<ref>{{cita web|url=http://agnazare.ccems.pt/EB23EMUS/instrumentos/flauta.htm|título=Instrumentos -Frauta|publicación=agnazare.ccems.pt|lingua=pt|dataacceso=17 de febreiro de 2012|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120204035759/http://agnazare.ccems.pt/EB23EMUS/instrumentos/flauta.htm|dataarquivo=04 de febreiro de 2012|urlmorta=si}}</ref>
 
== Tipos de frautas<ref>Musical Instruments of the World. Diagram Group. 1976</ref> ==
147.147

edicións