Fideo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 3:
[[Ficheiro:Cup of cooked Roasted Beef Noodle.JPG|miniatura|right|220px|Un bol de ''noodles'' orientais con vitela.]]
{{Contén texto chinés}}
Os '''fideos''' (internacionalmente coñecidos coma '''''noodles''''') son unha clase de [[pasta]] de [[fariña]], en forma de fío, que se come despois de cocida<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1139693&sinom=0 Definición no Portal das Palabras da [[RAG]].]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>. Son a base dalgúns pratos tales coma os [[espaguetes]], ou os [[linguine]] ([[tallarín]]s) italianos, ou os [[soba (alimento)|soba]] ou os [[udon]] xaponeses. O termo refírese a miúdo tanto ás pastas húmidas cociñadas, como aos fideos secos que deben ser cociñados tanto fervendo coma enchoupando na auga.
 
É unha das pastas máis empregadas en Galicia e das primeiras que chegaron á [[Gastronomía de Galicia|gastronomía galega]]<ref>[http://ilg.usc.es/TILG/?tipo_busca=lema&pescuda=fideo&categoria=Todas&desde=1600&ate=2050 No Tesouro Informatizado da Lingua Galega noméanse os fideos xa en textos de 1877, macarróns dende 1925 e as demais pastas italianas a partir de 1970. Os fideos nos primeros textos aparecen acompañados con coello, lacón, grelos etc.]</ref>. Cos fideos fanse [[sopa]]s e pratos de pasta variados con carnes, mariscos e peixes.