Diferenzas entre revisións de «Factor X»

Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
 
{{Véxase tamén|Factor IX#Arquitectura de dominios}}
A primeira estrutura cristalina do factor Xa humano foi depositada no ''Protein data bank'' en maio de 1993. Ata agora, obtivéronse 191 estruturas cristalinas do factor Xa con varios inhibidores. O sitio activo do factor Xa está dividido en catro subpetos denominados S1, S2, S3 e S4. O subpeto S1 determina o compoñente principal para a selectividade e unión. O subpeto S2 é pequeno, pouco profundo e non está ben definido. Fusiónase co subpeto S4. O subpeto S3 está localizado no bordo do subpeto S1 e está bastante exposto ao solvente. O subpeto S4 ten tres dominios de unión de [[ligando]]s: a "caixa hidrofóbica", o "burato catiónico" e o sitio para a auga. Os inhibidores do factor Xa únense xeralmente nunha conformación con forma de L, na que un grupo do [[ligando]] ocupa o subpeto aniónico S1 onde se encontran os residuos Asp189, Ser195 e Tyr228, e outro grupo do ligando ocupa o peto aromático S4 onde se encontran os residuos Tyr99, Phe174 e Trp215. Tipicamente, un grupo enlazador bastante ríxido fai ponte entre estes dous sitios de interacción.<ref>[{{Cita web |url=http://pharmaxchange.info/presentations/Direct%20FXa%20Inhibitors.html |título=Presentation on Direct Factor Xa Inhibitors] |data-acceso=02 de setembro de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160303184211/http://pharmaxchange.info/presentations/Direct%20FXa%20Inhibitors.html |dataarquivo=03 de marzo de 2016 |urlmorta=si }}</ref>
 
== Xenética ==
 
== Uso terapéutico ==
O factor X forma parte do [[plasma fresco conxelado]] e do complexo da protrombinase. Existen dous concentrados de factor X dispoñibles comercialmente: o "Factor X P Behring" fabricado por [[CSL Behring]],<ref>Mark Brooker (2008): "Registry of Clotting Factor Concentrates". Eighth Edition, 2008, [[World Federation of Hemophilia]]</ref> e o altamente purificado Factor X "Coagadex" producido por [[Bio Products Laboratory]], cuxo uso foi aprobado pola FDA estadounidense en 2015 e para o seu uso na [[Unión Europea]] en 2016.<ref>{{Cite press release|title = BPL Announces: Strong progress on the world's first licensed Factor X product|date = August 10, 2015|publisher = Bio Products Laboratory|url = http://www.bpl.co.uk/about-bpl/news/q/date/2013/11/04/bpl-announces-strong-progress-on-the-world-s-first-licensed-factor-x-product/|access-date = October 21, 2015|urlarquivo = https://web.archive.org/web/20150923194126/http://www.bpl.co.uk/about-bpl/news/q/date/2013/11/04/bpl-announces-strong-progress-on-the-world-s-first-licensed-factor-x-product/|dataarquivo = 23 de setembro de 2015|urlmorta = si}}</ref><ref>{{Cite press release|title = FDA approves first Factor X concentrate to treat patients with rare hereditary bleeding disorder|date = October 20, 2015|publisher = US FDA|url = http://www.fda.gov/NewsEvents/Newsroom/PressAnnouncements/ucm468038.htm|access-date = October 21, 2015|quote = Until today’s orphan drug approval, no specific coagulation factor replacement therapy was available for patients with hereditary Factor X deficiency.}}</ref>
 
== Uso en bioquímica ==
* A base de datos en liña [[MEROPS]] para peptidases e os seus inhibidores: [http://merops.sanger.ac.uk/cgi-bin/merops.cgi?id=S01.216 S01.216]
* [https://emedicine.medscape.com/article/209867-overview# eMedicine 3495]
* [https://web.archive.org/web/20050318143019/http://www.hemophilia.ca/en/2.3.6.php Deficiencia de factor X]
 
=== Bibliografía ===
182.533

edicións