España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 6 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 3 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 530:
O artigo 16.3 da [[Constitución Española de 1978|Constitución Española]] vixente define o país como un Estado aconfesional: "''Ningunha confesión terá carácter estatal''". Con todo, garante a liberdade relixiosa e de culto dos individuos e asegura relacións de cooperación entre os poderes públicos, e todas as confesións relixiosas.
 
O [[catolicismo]] é a relixión predominante no país. A Igrexa católica é a única mencionada expresamente na Constitución, no mesmo artigo 16.3: "''... e manterán as consecuentes relacións de cooperación coa Igrexa católica e as demais confesións''". O 77,3% dos españois considerábanse católicos, segundo un estudo do [[Centro de Investigacións Sociolóxicas]] realizado en [[2007]]. Seguindo aos católicos, os [[ateísmo|ateos]] ou [[agnosticismo|agnósticos]] supón o 18,9% e outras relixións minoritarias o 1,7%.<ref>[http://www.cis.es/cis/export/sites/default/-Archivos/Marginales/2700_2719/2700/É2700mar_A.pdf Barómetro do CIS. Abril 2007]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref> No entanto, a porcentaxe de practicantes é moito menor. Segundo o mesmo estudo, só un 18,5% acode a [[misa]] de forma regular. Un 2,3 acode a misa varias veces á semana, e un 16,2 os domingos e festivos. Este grupo cumpre as disposicións da propia Igrexa católica sobre asistencia á eucaristía. Un 11,3 adicional acode algunha vez ao mes. Por outra banda, segundo un estudo do [[19 de abril]] de [[2005]] do [[New York Times]], só o 18% dos españois acode a [[misa]] de forma regular.
 
[[Ficheiro:Sagrada Familia 03.jpg|200px|miniatura|esquerda|Fachada da [[Templo expiatorio da Sagrada Familia|Sagrada Familia]], en [[Barcelona]].]]Entre os menores de 30 anos, esa porcentaxe redúcese ao 14%. O 46% dos mozos españois de 15 a 24 anos din ser agnósticos, ateos ou indiferentes, o que indica o declive da relixiosidade da poboación.
 
En canto a membros, a segunda relixión en importancia é a [[Islam|musulmá]]. Calcúlase que hai uns 800.000 fieis, procedentes fundamentalmente das recentes ondas de [[inmigración]]. Séguenlles os [[Testemuñas de Xehová]] con 103.784 fieis. Hai tamén varias igrexas [[protestantismo|protestantes]], que suman preto de 50.000 seguidores (a estatística propia dos protestantes en España indica 1&nbsp;200&nbsp;000, dos cales 400.000 son españois e o resto son estranxeiros que residen en España máis de seis meses),<ref>[{{Cita web |url=http://www.ferede.org/general.php?pag=estade#1 |título=Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España - FEREDE] |data-acceso=01 de febreiro de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120127131951/http://www.ferede.org/general.php?pag=estade#1 |dataarquivo=27 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref> así como uns 20.000 [[mormonismo|mormons]]; pola súa banda, a comunidade xudía en España non supera os 15.000 fieis.
 
En España existe o concepto de relixión de [[notorio arraigamento]], un status concedido polo Ministerio de Xustiza a través da Dirección Xeral de Asuntos Relixiosos tras o informe correspondente da Comisión Asesora de Liberdade Relixiosa. Alén do catolicismo, teñen o carácter de relixións de notorio arraigo as seguintes (por orden de acordo): [[protestantismo]], [[xudaísmo]], [[islam]] (todas dende 1992), [[Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días|mormones]], [[testemuñas de Xehová]] e [[budismo]], esta última aceptada en 2007.
Liña 613:
En 2003, o 48,9% da enerxía producida en España foi de orixe [[enerxía nuclear|nuclear]] <ref>Informe anual do ano 2003 de Red Eléctrica Española</ref> (16.422 Ktep ou miles de toneladas equivalentes de [[petróleo]]) e o 21,7% xerouse en [[central térmica|centrais térmicas]] de [[carbón]]. A produción de [[enerxía hidráulica]] e doutras renovables, como a [[Enerxía eólica|eólica]] e [[Enerxía solar|solar]], aumenta de ano en ano.
 
Segundo un informe de [[Ernst&Young]] de outubro de [[2008]], España é o quinto país do mundo máis atractivo para investir en [[Enerxía renovable|enerxías renovables]], tras [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Alemaña]], [[India]] e [[República Popular da China|China]].<ref>[http://www.energias-renovables.com/paginas/Contenidosecciones.asp?Id=14922 España, no G-5 das renovables]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>
 
En enerxías renovables, España é o primeiro produtor de [[enerxía solar]] e o segundo de [[enerxía eólica]] do mundo.
Liña 932:
As [[Praza de touros|prazas de touros]] con maior afluencia, así como transcendencia na tempada taurina son a de [[Las Ventas]] en [[Madrid]], a [[Praza de touros Monumental de Pamplona|Monumental]] en [[Pamplona]], e [[La Maestranza]] en [[Sevilla]], así como a praza de touros de [[Valencia]]. Outras prazas destacadas son [[La Monumental]] en [[Barcelona]] e as prazas de touros de [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Málaga]], [[Bilbao]], [[Zaragoza]] e [[Donostia]].
 
Existen por outra banda grupos [[Antitauromaquia|antitaurinos]] que consideran que o toureo é unha práctica cruel e o encadran dentro da [[tortura]] animal, fundamentándoo en que atenta contra os [[dereito]]s dos animais, e que non pode ser considerada nin unha manifestación cultural, artística nin deportiva.<ref>[http://ecosofia.org/2006/03/11_argumentos_contra_corridas_touros Dez razóns para terminar coas touradas]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref>. Nas Canarias están prohibidos os espectáculos taurinos e en Cataluña no ano 2010 prohibiuse a celebración das touradas, por vía parlamentar. Así mesmo, algúns municipios de Galiza, un dos territorios do Estado con menor afección á tauromaquia,<ref>Un estudo de Gallup de 2002-2006 reflicte que o 86% dos galegos rexeitan ou aborrecen as touradas.</ref> aprobaron mocións prohibíndoas, como son os casos de [[Cangas]], [[Vedra]], [[Dodro]], [[A Pobra do Brollón]] e [[Teo]].<ref>{{Cita novas|autor=|data=29 de xullo de 2010|xornal=[[El Progreso]]|título=Teo, quinto concello galego en abolir as corridas de touros|urlarquivo=http://www.insht.es/InshtWeb/Contenidos/Documentacion/FichasTecnicas/FISQ/Ficheros/1001a1100/nspn1063.pdf|url=http://elprogreso.galiciae.com/nova/59106.html?lang=gl|data-acceso=27 de xuño de 2018|dataarquivo=8 de xullo de 2012}}</ref>
 
=== Deportes ===