Emilia Pardo Bazán: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
|||
Liña 51:
{{Cita|''Tres acontecementos importantes na miña vida seguíronse moi de preto: vestinme de longo, casei e estourou a Revolución de setembro de 1868''.<ref name= Bibliotecaautor/>}}
No intre da súa [[voda]] a escritora contaba con dezaseis anos, case dezasete, e o marido, [[José Quiroga Pérez de Deza]],<ref name=Folkloregallego>Sotelo Vázquez, Marisa [http://webs.ono.com/garoza/G7-Sotelo.pdf "Emilia Pardo Bazán y el Folklore Gallego"] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20141223235047/http://webs.ono.com/garoza/G7-Sotelo.pdf |date=23 de decembro de 2014 }} ''Garoza: revista de la Sociedad Española de Estudios Literarios de Cultura Popular''. ISSN 1577-8932, n 7, 2007 {{es}}.</ref> vinte. José Quiroga era un estudante de Dereito de orixe fidalga natural do [[O Carballiño|Carballiño]]. Este vivía canda a súa familia no pazo de Banga, na [[Banga, O Carballiño|parroquia homónima]].<ref name=Folkloregallego/> A voda tivo lugar o [[10 de xullo]] de [[1868]] na capela da granxa de Meirás, propiedade dos pais da noiva situada no concello [[provincia da Coruña|coruñés]] de [[Sada]].<ref name= Bibliotecaautor/>
Ao ser filla única, co seu casamento Emilia Pardo Bazán aspiraba a herdar as casas fidalgas de [[Pazo de Meirás|Meirás]], Miraflores, Rañal, Callou, Riopaz, Cañás, Aranga, Zanfoga e Tamou, que os seus pais herdaran dos seus devanceiros. Ao seu patrimonio persoal houbo que engadir a vivenda do matrimonio na rúa [[Casa Museo de Emilia Pardo Bazán|Tabernas nº 11]] da Coruña (casa que foi doada pola escritora á [[Real Academia Galega]]) e mailos bens e rendas procedentes da [[desamortización|desamortización eclesiástica]] que o matrimonio adquiriu no concello de [[Malpica de Bergantiños]] e a Juan Menéndez Goicoiría na parroquia de [[San Martiño de Ozón, Muxía]].<ref name=PatrimonioEMPB/>
|