Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 4 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 99:
Xa que as primeiras especies domesticadas foron criadas dende hai algúns milenios, existe un debate sobre se isto é realmente indispensable. Experimentos específicos<ref>Un experiment dut a terme a Rússia al llarg de cinquanta anys consistí a seleccionar guineus segons criters comportamentals. Tendeix a mostrar la possibilitat d'una evolució ràpida vers la domesticació, així com la relació entre els caràcters comportamentals i els fenotípics. « Early canid domestication : the farm fox experiment », ''American Scientist'', Vol. 87 No. 2 (marzo/abril 1999) Artigo de Lyudmila N. Trut, Ph.D. ([http://www.floridalupine.org/publications/PDF/trut-fox-study.pdf Documento en liña]), (en inglés).</ref> e as domesticacións máis recentes demostran que, cunha selección intensa, as transformacións típicas da domesticación poden aparecer relativamente axiña, nun intervalo dunha ou algunhas decenas de xeracións.
 
Dende un punto de vista [[Ecoloxía|ecolóxico]], algunhas especies son criadas en estado doméstico nun medio idéntico ou moi semellante ó dos seus devanceiros salvaxes, coma o [[camelo]] ou o [[reno]]. En troques, é preciso subliñar que o número relativamente baixo de especies domésticas é compensado pola súa distribución, a miúdo moi ampla, en medios e en climas variados e moi diferentes dende o lugar de orixe da especie. A [[galiña]], orixinaria de rexións tropicais, é criada até o [[círculo polar]] ártico, e o [[porco]], orixinario de rexións temperadas, é criado mesmo en climas ecuatoriais, onde é preferido a outras especies de [[súidos]] orixinarias destes climas pero non domesticadas. A [[dieta]] das especies domésticas pode variar moito por mor do acceso ós recursos naturais dun novo medio, e, evidentemente, á alimentación artificial, na que os [[cereal|cereais]] cultivados son primordiais, mesmo para os cans. Resulta difícil determinar en que medida estes cambios de clima e de dieta foron acompañados por unha adaptación fisiolóxica hereditaria cara unha eventual tolerancia dos animais domésticos a estas variacións. Cunha ollada diferente, determinados autores estimaron que as especies domésticas foron seleccionadas entre as que estaban menos especializadas dende un punto de vista alimentario e ecolóxico<ref>Jean-Sébastien Pierre ''[http://perso.univ-rennes1.fr:8080/jean-sebastien.pierre/cours/Domestication%2005.pdf Éthologie et domestication] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20051021062459/http://perso.univ-rennes1.fr:8080/jean-sebastien.pierre/cours/domestication%2005.pdf |date=21 de outubro de 2005 }}'', 2005, Universidade de Rennes 1, clase, 34 p, páxina 20.</ref> (especies euriocas). Os desprazamentos e introducións por parte do ser humano de especies domésticas a lugares onde non estaban presentes tivo consecuencias importantes sobre o equilibrio ecolóxico dende o [[neolítico]],<ref>Vigne J.-D., 1994. « Les transferts anciens de mammifères en Europe occidentale : histoires, mécanismes et implications dans les sciences de l’homme et les sciences de la vie », En : ''Des animaux introduïts par l’homme dans la faune de l’Europe'' (L. Bodson, editor). Colloque d’histoire des connaissances zoologiques, 5, Universidade de Liexa, B : 15-38.</ref> xa que poden converterse en [[especie invasora|especies invasores]] e provocar a desaparición de especies locais.
 
=== Aspecto comportamental ===
Liña 105:
A domesticación non é só unha modificación dos tarzos físicos dunha especie, senón tamén do seu comportamento. Esta evolución consiste en primeiro lugar nun carácter menos fero ou salvaxe, unha tolerancia ou unha familiaridade máis marcada cara os humanos, e a mitigación dos comportamentos potencialmente perigosos para o home. Tamén é unha adaptación ás condicións de cría, e polo tanto ós grupos importantes e a promiscuidade, que poden ser mal tolerados polos conxéneres salvaxes.
 
O [[etoloxía|etólogo]] [[Konrad Lorenz]] describiu notablemente a domesticación como un empobrecemento dos comportamentos sociais especializados en prol da hipertrofia das necesidades básicas, como a reprodución e a alimentación.<ref>Autobiografía de Konrad Lorenz, publicada en ''Les Prix Nobel en 1973'', editor Wilhelm Odelberg, Nobel Foundation, Estocolmo, 1974 ([http://nobelprize.org/medicine/laureates/1973/lorenz-autobio.html Versión en liña] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080708224655/http://nobelprize.org/medicine/laureates/1973/lorenz-autobio.html |date=08 de xullo de 2008 }}). (en inglés)</ref> En efecto, o comportamento social en xeral semella máis variado nos animais salvaxes que nos seus conxéneres domesticados.<ref name=GJ>[http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=15782417 Domestication et comportement] de Jacques Goldberg, Bulletin de la Société zoologique de France, 2003, vol. 128, no. 4, páx. 89</ref>
 
No caso do can, a evolución comportamental semella moito máis radical e non se pode reducir á perda do carácter fero ou salvaxe. A capacidade dos cadelos de interpretar os sinais de comunicación humanos é superior á dos [[lobo]]s e dos [[primate]]s.<ref>[http://bio.univet.hu/Salve/00news/cogni/ns-cogn-00-03-dog_cogn.html ''Mind of a dog''] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20061005080232/http://bio.univet.hu/SALVE/00news/cogni/ns-cogn-00-03-dog_cogn.html |date=05 de outubro de 2006 }}, ''New Scientist magazine'', 26 febreiro 2000 (en inglés).</ref> Xa que en parte poden ser o resultado dunha educación o adestramento, o agarimo que ten un can cara o seu mestre e a tendencia a obedecelo son caracteres innatos xurdidos da domesticación.
 
Tamén se emprega a [[etoloxía]] en referencia á domesticación cando se faña dos trazos comportamentais que permiten ou permitiron que unha especie fose domesticada; o principal sería o carácter social dunha especie. O feito que esta especie vivise en grupos xerarquizados permitiría ó criador exercer un control sobre estes animais asumindo a posición de elemento dominante do grupo.
Liña 131:
* Juliet Clutton-Brock, ''A Natural History of Domesticated Mammals'', Cambridge University Press, segunda edición, 1999, (ISBN 0-521-63495-4). {{en}}
* Jean-Pierre Digard, ''L'homme et les animaux domestiques : Anthropologie d'une passion'', Fayard, colección. «le temps des sciences», 1990 (ISBN 2-213-02466-9). {{fr}}
* PRODUCTIONS ANIMALES - Revista editada por INRA Volume 17 - Número 3 - xullo de 2004 - número especial: ''Domestication des poissons'' [https://web.archive.org/web/20080501230752/http://www.inra.fr/productions-animales/an2004/num243/sompois.htm Ler en liña] {{fr}}
* [[Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon]] ''Histoire Naturelle générale et particulière avec la description du cabinet du roi par Mrs. De Buffon et Daubenton'', Tomo cuarto, nova edición en Ámsterdam, de J.H. Schneider M. DCCLXVI. [http://www.buffon.cnrs.fr/ice/ice_page_detail.php?lang=fr&type=text&bdd=buffon&table=buffon_hn&typeofbookDes=hn&bookId=4&pageChapter=HISTOIRE+NATURELLE%2C+G%C9N%C9RALE+ET+PARTICULI%C9RE%2C+AVEC+LA+DESCRIPTION+DU+CABINET+DU+ROY.%0D%0A&pageOrder=1&facsimile=off&search=no&num=0&nav=1 Ler en liña]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }} {{fr}}
* Philippe Orsini, ''Les animaux domestiques'', Muséum d'Histoire naturelle, Toló, 2001. {{fr}}
* Francis Petter, ''Les animaux domestiques et leurs ancêtres'', Bordas, 1973, (2-04-007853-3). {{fr}}